Pont-up store 2017
Unha nova edición do Pont-Up Store ben cargadiña de Xente Valente, emprendedores creativos e moito talento.
No Pont-Up Store 2017, coma en cada edición, dende a organización apostouse pola innovación, aposta que se materializou na creación dunha zona de degustación dentro do Espazo emprendedor, unha remodelación completa da páxina web incluíndo un área de comunidade (participantes de todas as edicións) a incorporación dun Fab Lab Laboratorio Creativo ou a participación de asociacións e entidades que aproveitaron o evento para as súas xuntanzas anuais e a divulgación das súas actividades coma por exemplo a Asociación Española de Mentoring e Consultoría e a Comunidade de WordPress entre outros.
SOLICITUDES
EMPRESAS PARTICIPANTES
EXPERTOS
VISITAS AO EVENTO
Hai que destacar a acollida das Xornadas do Emprendemento destinadas a emprendedores potenciais ou en fase inicial, que acadaron un importante impacto non so nos emprendedores senón tamén na sociedade en Xeral. Pont-Up Store 2017 acogió 40 actividades, 95 expertos e máis de 800 participantes).