Pont-up store 2019

A 6º edición do Pont-Up store estivo ben cargada de xente valente.

Animádesvos a recordar os detalles máis relevantes do noso evento para emprendedores?

O Pont-Up store 2019 consolida máis se cabe ao Pont-Up Store como iniciativa de apoio ao emprendemento. Nesta edición apostamos por unha campaña de ilustración creada por IRIA PROL, que busca por en valor a valentía dos e das que se arriscan a emprender.

No Pont-Up Store 2019 decidimos achegar o seu propio espazo a unha das temáticas transversais das edicións anteriores: a IGUALDADE, promocionando diferentes actividades de concienciación e visibilización.

139

SOLICITUDES

45

EMPRESAS PARTICIPANTES

80

EXPERTOS

+20.000

VISITANTES

Así de ben o pasamos no Pont-Up Store 2019

En cada edición, o Pont-Up presenta novidades moitas veces referenciadas pola prensa. Un ano máis, consolidámonos como sede de presentacións e reunións anuais de diferentes asociacións e entidades do ecosistema emprendedor. Como novidade, engadimos un espazo de innovación social, no que abordamos retos como a activación do noso rural e proxectos de emprendemento sénior e interxeneracional. 

Consulta a información máis salientable sobre esta edición.

Patrocinadores

Patrocinador Principal

logo-concello-pontevedra

Promove

Promove

Organiza