1. Estamos con Luis, de Fuocoair, un sistema que é “a combinación perfecta entre calefacción e ventilación”. Como xorde a idea de combinar estes dous conceptos que semellan contrarios?
Observamos que estes dous conceptos funcionan de forma independente en todas as instalacións. A eficiencia dun depende de como funcione o outro primeiro. Por este motivo, os Sistemas de Ventilación Controlada denomínanse tamén como describe o seguinte termo «recuperadores de calor».
FUOCOAIR relaciónaos estreitamente co que a propia ventilación axuda a repartir mellor a calor, mellorando a sensación climática. Nos non temos nada que recuperar, xeramos directamente aire quente, polo que é máis eficiente.
Temos o primeiro “Sistema de climatización por Ventilación Cruzada” do mercado.
2. Poderías explicarnos brevemente como funciona?
FUOCOAIR non quenta o aire sucio da túa casa, senón que quenta directamente o aire limpo e fresco que chega do exterior. Noutras palabras: Acondicionamos o aire de renovación.
Este aire renovado e quente expándese de forma natural e constante sen necesidade de condutos ou traballos de obra complexos.
Aplicando manobras de microventilación, ou instalando reixas controladas podemos xerar ventilación cruzada o gusto do consumidor.
Así dicimos que FUOCOAIR “Quenta, ventilando a tua casa”
3. Que ventaxas pode implicar fronte a outros sistemas de calefacción?
O consumo de combustible redúcese considerablemente, tes un maior control sobre a humidade e a ventilación do fogar. Incluso podes perfumar o ambiente ao teu gusto chegando a todos os puntos da casa. Traballamos cun concepto de espazo completamente aberto, alleo ao estado da vivenda, e non como se fai hoxe en día onde hai que investir moitos cartos en tecnoloxía e tamén no illamento da fachada, para potenciar aqueles sistemas independentes que pretenden primeiro quentar e despois ventilar recuperando enerxía.
4. Cres que é un sistema axeitado para todos os fogares?
Por suposto.
Imos comezar polas vivendas unifamiliares, que representan máis do 60% en Europa, con unha solución relativamente sinxela de implementar nas estufas de biomasa, pero co paso do tempo e mellorando o produto, poderemos adaptarnos a calquera tipo de vivenda, a cidade tamén, a outras tecnoloxías de climatización, etc. Incluso para ambientes industriais.
O nome FUOCOAIR provén de xuntar lume en Italiano e aire en Inglés. Tendo en conta que Italia concentra máis do 50% do mercado europeo, e o mesmo tempo aspiramos a un mercado internacional.
5. E, xa falando do propio Pont-Up, que poderemos ver no teu stand?
Imos amosar un prototipo moi básico non funcional do noso concepto. A idea é captar a atención do público, que poidan coñecer de preto o noso proxecto, concienciar sobre a importancia de mellorar o medio ambiente, e por suposto conseguir clientes para as primeiras unidades.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!