1. Que é IADN?
É unha consultoría en innovación, cun enfoque diferente: Resolver problemas cando as empresas non saben utilizar os seus recursos en I + D + I, ou teñen unha competencia feroz e non saben desfacerse dela, entón IADN entra en acción proporcionando ideas frescas.
2. Quen está detrás deste proxecto?
O principal promotor é Luis Vaamonde, experto en Xestión Comercial de Propiedade Industrial, e con varias patentes ao seu nome. Logo hai un grupo de colaboradores externos, para reforzar a actividade a desenvolver.
3. Que tipo de servizos ofrecedes aos vosos clientes? Asesoramento permanente.
- Análise de viabilidade dun novo proxecto.
- Impresión 3D para patentes
- Acompañamento e seguimento do proxecto
4. Como xorde a idea de formar esta consultoría?
Moi sinxelo. É algo innato. Somos creadores de conceptos, porque o 90% do noso tempo está dedicado a pensar en solucións a problemas comúns. Tratábase só de tentar monetizar esta capacidade.
5. Vemos que traballades baixo unha filosofía moi definida, a “metodoloxía IADN”. Poderiadesnos falar dela?
Nos non empregamos metodoloxías normalizadas no mercado. Consideramos a idea como a máis importante.
A nosa metodoloxía baséase en pivotar ben no concepto, seguindo a liña lóxica para non ter que pivotar despois no modelo de negocio que só queima recursos. Trátase de contemplar o futuro con antelación.
IADN significa o seguinte:
Innovación (idea), Adaptación (estudio de arte), Desenvolvemento (Xestión de produtos mínimos viables ou MPV) e negocio (implantación do mercado)
6. Que tipo de proxectos realizastedes ata o momento? Contádesnos algún?
O proxecto MICATON é un exemplo da aplicación desta metodoloxía a nivel persoal.
Tamén estamos inmersos nun proxecto relacionado coas enerxías renovables. Un sistema que converte unha estufa convencional de leña nun sistema completo de climatización, ventilando a casa, cunha tecnoloxía accesible e de baixo custo.
7. En que punto se atopa agora IADN?
Estamos a buscar novos clientes e investidores para os proxectos.
8. Cales son os seguintes pasos que a realizar?
Desenvolver ferramentas de implementación rápida para a nosa metodoloxía. Realizar promocións dos nosos servizos e desenvolver extensamente a parte técnica do proxecto.
9. Como coñecestedes o Pont-Up Store?
Participei como representante e expositor na feira no 2014, co proxecto MICATON
10. Para rematar: que poderán atopar os visitantes que se acheguen ao voso stand no Pont-Up Store?
Os visitantes atoparán unha visión máis profunda sobre a importancia de innovar sempre. Con ou sen o COVID 19, o mundo nunca deixará de evolucionar.
No me gusto
Hola, Marco. ¿Qué no te gustó del post? Saludos!