A nosa invitada de hoxe, Julia Cal, fundadora de La Parabólica, é unha apaixoada do deseño e a artesanía que pon en valor estes elementos a partir da cestería. Queredes coñecela? Pasade polo stand 15 e para ir quentando motores botade un ollo a entrevista!
Que é La Parabólica?
La Parabólica é deseño, artesanía e excentricidades. É un estudio creativo que a partir do oficio da cestería tenta poñer en valor saberes tradicionais adaptándoos ás formas de vida contemporáneas. A artesanía achega tradición e innovación ao deseño e cada técnica utilizada participa no deseño do obxecto, a súa manufactura e a súa funcionalidade.
Quen é Julia de la Cal? Como decides levar a cabo este proxecto?
Tras La Parabólica estou eu, Julia. Estudiei deseño e adiqueime ao deseño gráfico durante anos. A miña andaina no mundo da cestería comezou no transcurso dos meus estudos de Deseño Industrial, foi un proceso natural, buscando materiais e maneiras de facer na cestería topei un medio de expresión máis humano, modesto e moi potente.
Que tipo de produtos elaboras?
Por unha banda fago productos para o a vida cotiá e o fogar, platas, bandexas, botellas, lámparas ou randeeiras. Sempre buscando darlle un toque único e funcional, capaz de sorprender ou transformar un espazo. Creo todas as pezas a man unha a unha, de maneira que non hai dúas idénticas. Son pezas únicas creadas xogando coas formas, as cores e as texturas, que transmiten emocions e fannos sentir ben.
E por outra banda, tamén fago contrucción con vimbio como poden ser cabanas e intervencións no espazo, cun carcter máis escultórico.
Vemos que tamén impartes formacións. Que aspectos positivos destacarías desta faceta?
Boa parte da miña actividade céntrase en proxectos colaborativos e accións formativas, moitas veces son obradoiros participativos e interxeracionais. Axudo ás persoas que participan nos talleres a recoñecer materiais e fibras vexetais que temos ao carón, a crear e a experimentar a través das técnicas da cestería. Penso que o máis positivo destes obradoiros é poder achegar e compartir eses coñecementos e sobretodo compartir tempos, crear comunidade e aprender xuntas cunha visión entusiasta.
En que punto se atopa agora o proxecto? Cales son los seguintes pasos que a realizar?
Para este ano tiña programadas moitas actividades por todo o territorio e tamén un proxecto en América Latina, que polo momento está posposto a causa da Covid. Así que agora toca seguir dándose a coñecer para crecer e crear novos proxectos.
Para rematar, que poderán atopar os visitantes que se acheguen ao voso stand no Pont-Up Store?
No meu stand poderedes topar unha representación do meu traballo, teremos algunhas novidades e contareivos en primeira persoa o que fago.
Ademáis de todo o que nos conta na entrevista, Julia tamén realiza unha actividade para amosar o seu traballo. Estades interesados? Tomade nota!
Lugar: Espazo Central
Data: Sábado 19 de setembro
Hora: de 11:30 a 12:0h
Grazas, Julia, por acompañarnos hoxe. E vos, queredes seguir coñecendo emprendedores? Facede clic!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!