Que é Mery Puch tocados e complementos?
É un pequeno atelier onde o que prima é a calidade, o produto e o trato personalizado, nun entorno cómodo e privado no que todo se fai a man.
Creo tocados para eventos, e complementos para o día a día tales coma colares, pendentes, pulseiras, diademas, coroas, caixas ou marcos con mensaxes, no meu universo o límite o pon a imaxinación.
Que nos podes contar das túas pezas? Que as fai especiais e únicas?
As pezas de Mery Puch varían moito dependendo do gusto e as necesidades de cada clienta.
O primeiro que fago é escoitar cal é a idea da clienta para captar cales son os seus gustos e necesidades. De esta maneira podo asesorarlle mellor e crear ese produto que tiña na súa mente.Algunhas veces atópome con casos nos que non teñen claro o que buscan pero coa miña experiencia oriéntolles e resúltalles moi doado decidirse.
A maioría das miñas pezas son personalizadas pero ademais disto o que as fai únicas é que están feitas a man o que implica tempo e amor polo meu traballo.
Cando se trata de pezas especiais como pode ser un tocado dunha noiva, madriña ou invitada, manteño unha comunicación directa coa clienta enviando imaxes do proceso de creación facéndoa así partícipe da elaboración.
Que tipo de complementos podemos atopar?
Os meus tocados engloban todo tipo de materiais dende a pluma, crin, flor preservada e o que máis me identifica que é a porcelana fría, unha materia prima que hai que traballar a man e moldear coma se se tratase de arxila.
Tes a opción de alugar as túas pezas?
Teño tocados de tódolos estilos e de tódolos prezos pero para aquelas clientas que queiran aforrar cartos e non renunciar a un bonito e elegante tocado tamén teño pezas dispoñibles para alugar dende 20€.
É unha opción moi práctica e con moi boa aceptación pois estas pezas o non ser de uso diario, poden pasar de moda, acaban ocupando espazo no armario e a iso engadese que as mulleres non somos moi amigas de repetir modelo nos diferentes eventos os que nos convidan.
Que tipo de pezas desfrutas máis no proceso de creación?
A verdade e que o bo de facer pezas diferentes e que cada día traballo sobre algo novo e iso en si mesmo encántame.
Pero se teño que decantarme por un tipo de peza quizais elixiría os tocados de noiva pois son pezas especiais para un día moi importante e saber que o meu traballo vai ser foco de moitas miradas ese día é un reto e todo un orgullo.
É por iso que en pezas deste tipo manteño un contacto aínda maior coa clienta e vou enviando fotos do proceso de moldeado de flores, pintado e do montaxe para que todo vai tal e como ela o ten na mente.
Como nace Mery Puch tocados e complementos? ¿Que te leva a emprender neste sector?
Din que hai quen nace coa vena creativa, e este foi o meu caso. Comecei creando complementos para o meu entorno e na miña filosofía sempre estivo empregar elementos naturais, como son as pedras semi-preciosas (ágatas, xade, coral, turquesas…), porcelana, flores, coiro, seda, madeira… con eles creo colares, pendentes, pulseiras, diademas…
Tras cinco anos como Directora comercial dun espazo de eventos decidín que era o momento de traballar para min e enroleime na aventura de ser empresaria!
Aproveitei a miña experiencia nos eventos e combineino co que mais me gustaba facer, crear.
Pódese dicir que os tocados son a parte que quedou dos cinco anos traballando nos eventos e a outra parte de Mery Puch, os complementos é a que sempre tiven fervendo nos meus adentros.
En qué punto se atopa a tua empresa? Cales son para ti os seguintes pasos a seguir?
Este primeiro ano foi o de nacemento, agora Mery Puch vai tendo pouco a pouco recoñecemento de marca e cada vez son mais os clientes que entran pola porta tras unha recomendación dun cliente anterior o cal é moi satisfactorio.
O momento actual de Mery Puch é o de crecemento e o de darse a coñecer, necesito que a xente saiba da miña existencia e de como fago as cousas.
Para dar un empuxe teño previsto manter a publicidade na revista “La Boda de Nerea” asistir á feira “Vigo Bodas”, “Sí quero” así como a feira de artesanía de “Ponte Nadal” ou “Sétima Feira”.
Tamén vou seguir invertendo na miña formación e aprendendo técnicas novas o que considero algo fundamental.
Que canles usas para a venda?
A maior parte das miñas vendas son no espazo físico do meu atelier situado en Pontevedra na calle Benito Corbal no31 1oD, solo atender baixo cita pois gústame dar un trato moi persoal aínda que sempre que veñen e non estou con outro cliente atendo de bo grado.
Como non pode ser doutra maneira no mundo de hoxe en día, as redes sociais tamén son unha fonte importante de captación de clientes e de dar a coñecer o meu traballo, podedes atoparme nas mesmas como @merypuch.
A páxina web a teño en construcción pero espero poder ampliar o mercado tamén por este medio.
Coomo coñeceche o Pont-Up Store?, que esperas atopar no evento?
Faláronme moi ben deste evento o ano pasado na “Gira Coca-Cola” e non dubidei en intentar formar parte este ano.
Vou con moitas ganas de dar a coñecer o meu traballo e penso que vou ter unha boa acollida posto que estamos tan acostumados ó consumo en cadea que a xente volve a valorar que unha peza sexa feita e deseñada para ti, isto fai especial a peza e polo tanto á persoa que a merca.
Para rematar, que poderemos ver no teu stand no Pont-Up Store 2019?
No meu stand atoparedes una mostra representativa do meu traballo. A parte das pezas máis común que acostumo a facer, tamén terei pezas especiais que foron utilizadas en pasarela ou en shootings tales como tocados coas últimas tendencias, tiaras, pendentes ou pamelas
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!