Xa non queda nada para o PontUpStore2017 e seguimos presentando aos emprendedores participantes.
Hoxe presentámosbos a Mi Madre no me deja, un proxecto creativo que usa diferentes materiais para plasmar as súas ideas. Queredes coñecelas? Seguide lendo!
–
.
1. En primeiro lugar, como definiriades Mi Madre No Me Deja?
Mi madre no me deja é un proxecto creativo, posto en marcha por dúas persoas creativas cun soño común: poder traballar naquelo que máis nos gusta e para o que nos temos formado.
A nosa motivación é aproximar a arte á vida cotiá a través de obxectos de uso diario, como cerámica, textil e papel.
Vimos de diferentes ramas das Belas Artes, pintura e escultura, pero ademáis temos formación noutros ámbitos do mundo artístico e artesán como serigrafía, restauración, cerámica e ilustración.
2. Cómo xorde o proxecto?
O proxecto nace cando estabamos a estudiar serigrafía atística. Dímonos conta de que con esta técnica podíamos trasladar os nosos deseños a distintos soportes, interesándonos sobre todo a cerámica, o textil e o papel.
3. Contádesnos que o voso proxecto comenza en 2015. Cal considerades que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender?
Como persoas creativas,a mellor parte, sen dúbida, é a liberdade, poder crear e adaptar os deseños ao soporte sobre o que o imos a reproducir. Crear libremente e traballar en equipo, enriquecer os deseños complementando nosas visións, iso fainos felices.
As peores partes do proceso de emprender son as horas que lle dedicamos e a gran responsabilidade que supoñen as decisións que tomamos. As horas extras son o pan de cada día e sempre estamos pensando e dándolle voltas a temas relacionadas coa empresa. A lista de tarefas nunca remata.
A responsabilidade ás veces non te deixa durmir. Tomar decisións en favor da empresa é complicado, hai que valorar moitos elementos e buscar a información é difícil.
4. Cal é a situación actual da empresa?
Como nova empresa seguimos intentando dar a coñecer o noso proxecto e as nosas creacións.
Isto lévanos a buscar eventos que nos sirvan de plataforma para darnos a coñecer. Participamos en markets, pop-ups e feiras principalmente. E agora estamos a traballar na nosa tenda online que estará lista en setembro.
5. Que é o fai únicos ós vosos produtos? Cales son as vosas pezas favoritas ou máis especiais?
Tentamos que os nosos produtos sexan únicos e por iso facémolos artesanalmente. Ese é o noso selo, todos son distintos.
As nosas pezas favoritas son as vaixelas que facemos por encargo, personalizámolas a petición de cada cliente, iso gústanos moito e os clientes tamén o agradecen .
E lanzamos unha colección de xoiaría en porcelana que ten moi boa acollida.
6. Cales son os métodos de difusión principais da vosa marca? Utilizades as redes sociais? De ser así, ¿qué aportan ao proxecto?
Hai uns meses inauguramos a nosa nova tenda-taller, acudiu moita xente que non coñecía o noso proxecto e fíxose eco a prensa local.
O boca a boca tamén nos funciona moi ben sobre todo para darnos a coñecer a nivel local.
A vantaxe das redes sociais é que nos permite chegar ao público nacional e mesmo internacional e sérvenos de feedback para coñecer a acollida dos nosos novos deseños nos clientes potenciais.
7. Cómo coñecestedes o Pont Up Store?
Pois participando nunha das edicións de Sétima Feira en Pontevedra unha persoa relacionada co Pont Up Store animounos a participar. Porque a nosa proposta creativa encaixaba ben no concepto de emprendemento e creatividade do Pont Up Store. Empezamos a seguir o voso facebook e aquí estamos.
8. Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?
Unha das razóns foi a de saber se a nosa proposta estaría á altura de semellante iniciativa. Alegrámonos moito ao saber que nos seleccionaban.
Outra das razóns foi a de darnos a coñecer. E sobre todo poder compartir a experiencia con outros emprendedores con propostas diferentes.
9.Que esperades obter do evento?
Unha das expectativas que temos é que o noso proxecto teña máis visibilidade. E tamén coñecer e compartir ideas e estratexias cos nosos compañeiros emprendedores.
10. Xa para terminar. Qué consello darías a todos eses novos emprendedores que como vos están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?
Que se armen de valor. Porque é unha decisión importante que che afecta persoalmente e inflúe en aspectos importantes da túa vida. Poñer en marcha un proxecto desde cero é emocionante pero duro.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!