Queda pouco máis dunha semana para o Pont Up Store 2017 e seguimos presentando emprendedores!
Hoxe falamos con Dopra, firma de complementos para muller. Queredes saber que é o que fai as súas pezas especiais e como chegaron ao Pont Up Store? Seguide lendo!
1. En primeiro lugar, como definiriades Dopra?
Dopra é unha firma de complementos que pretende ofrecer pezas exclusivas e personalizadas a todas as Mulleres que así o desexen.
2. Como xorde o proxecto?
Xorde en 2015 tras rematar os meus estudios de Educación Social e decidir apostar por este camiño.
3. Que consideras que fai diferentes e únicos aos teus produtos? Cal dirías que é (ou son) o máis especial?
Pois o poder demandar pezas personalizadas para un vestiario ou ocasión en concreto. Os máis especiais son os collares.
4. Cales son os principais produtos que comercializades? Que é o que os fai únicos?
Collares, tocados, cinturons…
5. Eres unha emprendedora moi nova. Cal consideras que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender e comezar coa difusión de novos produtos?
A mellor parte é que te encontrás con moitas ganas e curiosidade de aprender cousas novas e a parte mais negativa e que te atopa con pocas axudas sobre todo económicas ( subvencións etc) para levar a cabo o proxecto.
6. Cales son os métodos de difusión principais da túa marca? Utilizas as redes sociais? De ser así, ¿qué aportan ao proxecto?
Os métodos que emprego son as redes sociales, mail marketing e tienda online ( www.dopra.es) aportando información sobre novidades, ofertas e promocions etc.
7. Cómo coñeceches o Pont Up Store?
Pola Universidade de Vigo.
8. Cales foron as razóns que te levaron a presentar unha candidatura ao evento?
A posibilidade de visibilizar nunha cidade nova os meus productos.
9. Qué esperas obtener do evento?
Difusión da marca, ventas e redes de contactos con outros profesionais.
10. Xa para terminar. Qué consello lles darías a todos eses novos emprendedores que coma ti están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?
É un proceso complicado e duro pero cando se empezan a ver logros e obxectivos cumplidos é moi gratificante personalmente.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!