O IMPULSO DOS NOVOS EMPRENDEDORES
PONT-UP STORE 2016
(Pontevedra do 22 ao 24 de setembro)
Despois do éxito d as anteriores edicións, iniciamos esta 3ª edición do Pont-Up Store (espazo de emprendemento) coas pilas cargadas e unha ilusión redobrada para converter este evento na referencia do novo emprendemento e unha ferramenta útil para a consolidación de proxectos emprendedores.
Da excelente valoración na enquisa de satisfacción os participantes da edición anterior (4,19 sobre 5) temos recollido ideas de mellora que quixemos plasmar na nova programación tanto nas xornadas previas (22 de setembro) como no propio espazo de emprendemento (23 e 24 de setembro).
En canto ás modalidades de participación adiantamos as datas de presentación de candidaturas (stands gratuítos e actividades de dinamización) aberto do 30 de maio ata o 10 de xullo e a súa resolución a finais de xullo para que os proxectos seleccionados podan programar con antelación a súa participación, e resolvemos reorientar os denominados ‘10 minutos de gloria’ da anterior edición a un novo formato mais innovador que demos en chamar PUNTAZO EXPRESS nos que, cunhas datas de presentación de candidaturas e proceso diferente das anteriores modalidades (presentación de candidaturas do 1 ao 15 de setembro), os emprendedores seleccionados poderán expoñer os seus proxectos a empresarios de relevancia de diferentes sectores, xerando non so unha mellora en si mesmo senón tamén construíndo sinerxías con outras experiencias de éxito na cidade de Pontevedra que nos acolle.
O Pont-Up Store 2016 ten contemplado unha chea de actividades complementarias, tanto nas xornadas previas (dia 22 de setembro) como os dias do espazo emprendedor (23 e 24 de setembro), que constituirán un forte atractivo para os participantes e visitantes a este encontro de apoio o MOVEMENTO EMPRENDEDOR e o desenvolvemento da cultura emprendedora na sociedade en xeral.
Esta programación contemplará aspectos relacionados co cooperativismo e economía social, o financiamento, a internacionalización, o ecosistema emprendedor, así como sesións de networking, e diferentes actividades de dinamización relacionadas coa creatividade e outros aspectos de carácter cultural e lúdicos.
Esta nova edición, coma as anteriores, só é posible grazas a unha comunidade de cooperación activa entre institución, empresas, asociacións, provedores, universidade e outros axentes sociais. Entre todos revalidaremos e superaremos os éxitos das pasadas edicións impulsando o
MOVEMENTO-UP!!!!!!
.
“Pontevedra é boa vila ….” Esperámoste!
O Comité Organizador
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!