Pont-Up Store
  • A ASOCIACIÓN
    • QUE É
    • XUNTA DIRECTIVA
    • LISTA DE ASOCIADOS
    • CONVENIOS
    • PREMIOS
  • PONT-UP STORE
    • PARTICIPA
    • QUE É
    • PATROCINADORES E COLABORADORES
    • VIDEOS
    • FOTOS
    • EDICIÓNS ANTERIORES
      • Pont-Up Store 2014
      • Pont-Up Store 2015
      • Pont-Up Store 2016
      • Pont-Up Store 2017
      • Pont-Up Store 2018
      • Pont-up store 2019
      • Pont-Up Store 2020-2021
      • Pont-Up Store 2022
      • Pont-Up Store 2023
      • Pont-Up Store 2024
    • INFO E DESCARGAS
  • BLOG
  • PROGRAMA
  • GL
    • ES
  • Menu Menu
Emprendedores

Mundo Escénico no Pont-Up

Mundo-Escenico

Mundo Escénico é unha comunidade aberta en Galicia que busca conectar ós diferentes axentes no ámbito do teatro, a música, a danza e o folclore. Hoxe, acompáñannos no blog para falarnos máis do seu proxecto e das expectativas para o Pont-Up Store 2019, no que participará en modalidade de Puntazo Exprés.  

Que é Mundo Escénico? 

Mundo Escénico é unha comunidade aberta das Artes Escénicas en Galicia que se apoia nas novas tecnoloxías para proporcionar ferramentas dixitais e sociais que permitan conectar ós diferentes axentes no ámbito do teatro, a música, a danza e o folclore. Así, os espectadores, artistas, grupos, compañías, bandas, os profesionais do sector (directoras, coreógrafos, escenógrafas…) e os xestores culturais dispoñen dun lugar onde poder difundir e compartir experiencias, intercambiar opinións, conectar con profesionais, establecer sinerxias e facer seguemento da actividade escénica galega.

Quen está detrás deste proxecto?

O promotor desta iniciativa son eu, chámome Daniel Amós, e son un Enxeñeiro de Telecomunicacións ó que sempre lle apaixonou o mundo das Artes Escénicas. Por ese motivo decidín embarcarme nesta aventura na que afortunadamente contei co apoio do programa de emprendemento Go2Work organizado pola Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, que me proporcionou formación e asesoramento durante 5 meses para arrancar co proxecto.

Que ten que facer un artista para formar parte da vosa comunidade?

Os artistas, da mesma forma que os espectadores, os profesionais do sector e os xestores culturais, pódense rexistrar gratuitamente na web: https://mundoescenico.gal onde poden escoller o tipo de perfil que teñen para darse a coñecer na comunidade. Unha vez rexistrados, xa poden interactuar como membros e ademáis os artistas que formen parte dun grupo, unha compañía ou unha banda. Tamén poden solicitar creala e administrala dentro do directorio de grupos que existe na plataforma. Así poden dar a coñecer tanto o grupo como os seus espectáculos.

Como se xestionan os eventos en Mundo Escénico?

Mundo Escénico conta cunha axenda cultural aberta na que todos os membros poden publicar eventos. Trátase dunha ferramenta que pretende centralizar a divulgación de todo tipo de eventos vinculados ás Artes Escénicas en Galicia. Desta forma os espectadores poden consultar sempre nun mesmo lugar a oferta de espectáculos que hai dispoñibles preto da súa localización.

Cales son os ámbitos no que hai máis actividade dentro da comunidade?

A comunidade conta actualmente cunha base de datos de 2000 grupos dos que un 50% son de música, un 22% de teatro e un 25% folclóricos. Dos preto de 100 membros xa rexistrados a metade son principalmente dos ámbitos teatral e musical e aproximadamente un 25% pertencen ó folclore e a danza.

mapa-mundo-escenico

Como nace Mundo Escénico? Que vos leva a emprender neste sector?

Sempre estiven en contacto con diferentes ámbitos do mundo escénico. Estiven uns anos nun grupo folclórico de baile tradicional galego e tamén fixen moito teatro. Incluso fundei, xunto con outros socios, un grupo de teatro no que actuei e dirixín varias obras.

Este coñecemento do eido escénico, sumado a miña formación tecnolóxica, fixéronme ver que se podían achegar as novas tecnoloxías a un sector en xeral pouco modernizado. Dende o punto de vista da comunicación, difusión e socialización, este sector apoiase principalmente en redes sociais xenéricas (ao non existir redes específicas das Artes Escénicas) como poden ser Facebook ou Instagram. Mundo Escénico nace así como a primeira comunidade en liña das Artes Escénicas en Galicia co obxectivo modernizar, democratizar e facer máis accesible a actividade escénica nesta comunidade.

En que punto se atopa a vosa empresa?

A plataforma web de Mundo Escénico xa está accesible en https://mundoescenico.gal e conta cunha Axenda Cultural, un Directorio de grupos e espectáculos, unha Rede Social para conectar ós usuarios, un Blog de difusión e un espazo chamado Ágora que recolle a oferta e demanda de servizos profesionais a ofrecer nun futuro próximo.

Actualmente estase a levar a cabo unha campaña de difusión para dar a coñecer a comunidade e conseguir así que vaia medrando.

Cales son para vos os próximos pasos a seguir?

Unha vez se consolide a comunidade a idea é ofrecer servizos de valor engadido para os seus membros. Estos servizos serán os que demanden os propios usuarios e Mundo Escénico encargarase de xestionar aos mesmos. Falamos por exemplo de formacións, talleres, e tamén de servizos profesionais a demanda, tales como dirección, coreografía, escenografía, vestiario ou maquillaxe. Pero tamén poden ser comunicación, produción, asesoramento na programación cultural ou incluso xestión de castings. Mundo Escénico adaptarase sempre ó que a comunidade necesite.

Como coñecestes o Pont-Up Store?

Pois algúns compañeiros do programa de emprendemento xa o coñecían de outras edicións e o comentaron cando saíu a convocatoria para quen lle puidera interesar. A min pareceume moi interesante participar nun evento así enfocado a emprendedores.

Por que decidistes apostar polo Puntazo Exprés?

Pola natureza dixital do proxecto, creo que o formato de presentación de 5 minutos é o máis axeitado para dar a coñecer á xente interesada en que consiste a comunidade e como se pode formar parte dela.

11 Setembro 2019/0 Comments/by anabel
Tags: pontupstore2019, PuntazoExprés
Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on Twitter
  • Share on WhatsApp
  • Share on LinkedIn
  • Share by Mail
https://pontupstore.com/wp-content/uploads/2019/09/mundoescenico.jpg 429 900 anabel https://pontupstore.com/wp-content/uploads/2024/05/logo_asociacion_pontupstore_vertical_negrox156.png anabel2019-09-11 17:58:322020-06-10 14:58:11Mundo Escénico no Pont-Up
You might also like
Triquels Triquels NO PONT-UP STORE 2019
editora-catro-ventos Catro Ventos NO PONT-UP STORE 2019
Toxo-aventura-natureza Toxo Aventura e Natureza no Pont-Up
estudio-avelainha ESTUDIO AVELAÍÑA NO PONT-UP STORE 2019
eezon-e3-prototipo eezon e3 NO PONT-UP STORE 2019
NortWestOfSpain Northwest of Spain
Revista Morcego REVISTA MORCEGO NO PONT-UP STORE 2019
moda-infantil-farrapos-e-contos Farrapos e Contos
0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Categories

  • Comité Organizador
  • Emprendedores
  • Formación
  • Novidades
  • Pont-Up
  • Prensa
  • Uncategorized @gl

Recent Posts

  • Emprendementos Seleccionados Pont-Up Store 2025
  • Mivpn no Pont-Up Store 2025
  • Cultivo Gallego no Pont-Up Store 2025
  • Chorima no Pont-Up Store 2025
  • Hana NoBoshi no Pont-Up Store 2025

Contacto           Política de privacidad          Aviso legal

Aida Alonso Aida-Alonso-Emprendedora Somos-terra SOMOSTERRA NO PONT-UP STORE 2019
Scroll to top
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.