Que é Fruitah? Fálanos un pouco do teu produto e do teu público.
Fruitah! é un snack saudable 100% natural realizado a partir de puré de froita deshidratado. O produto está pensado para tódala familia. Apto para veganos e sen gluten.
Que sabores ten Fruitah actualmente?
O Pont-Up Store traemos MAZÁ E KIWI. Pero temos máis sabores como Pera e Xenxibre.
Estamos experimentando con novas mesturas tendo en conta tódala variedade de froitas e hortalizas existentes no mercado e por temporada, ademáis de traballar o produto local e de proximidade.
Que vantaxes cres que pode ofrecer Fruitah ante un snack tradicional?
Fruitah! é o sustituto dun snack tradicional, moitos deles altamente procesados,con azucres engadidos, colorantes , etc.
Fruitah! é o equivalente da froita naqueles momentos en que non é posible comela.
Como se fabrican os teus productos?
Guiámonos pola máxima de “menos é máis” Realizamos puré de froitas sen nengún tipo de engadidos, para posteriormente deshidratalo.
Como nace Natural Snack-Lab?.
Xurde polo interese na alimentación sá e libre de azucres. E tamén pensando e como comer froita durante a realización de actividades ó aire libre.
En que punto se atopa agora o produto e o teu emprendemento? Os consumidores teñen xa a posibilidade de adquirir Fruitah! nalgún punto de venta?
Utilizamos esta feira como promoción, para poñer nas vindeiras semáns o snack no mercado.
Como avanzou o produto e o teu emprendemento desde o teu paso polo Puntazo Exprés na edición anterior?
Houbo una evolución no produto, buscando que fose un snack máis crocante. Neste ano testamos o produto e fixemos a análise nutricional. E por último, xa temos o rexistro sanitario. Todo listo para sair á venda!!!
Cales son para ti os próximos pasos a seguir?
Esta feira é unha presentación en sociedade e o seguinte paso é sair o mercado, e que goste…
Para rematar, que poderemos atopar no stand de Natural Snack-Lab no Pont-Up?
Agárdavos unha morea de PICKS DE FRUITAH!, DE MAZÁ E KIWI, para que os probedes e logo me contedes que vos parecen…
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!