Pont-Up Store
  • PONT-UP STORE
    • SOBRE NÓS
    • COMITÉ ORGANIZADOR
    • PATROCINADORES E COLABORADORES
    • VIDEOS
    • FOTOS
    • PARTICIPA
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • 2020-2021
    • 2019
    • 2018
    • 2017
    • 2016
    • 2015
    • 2014
  • PRENSA
    • INFORMACIÓN
  • BLOG
  • INFO EMPRENDEMENTO
  • GL
    • ES
  • Menu Menu
Prensa

O 7º Pont-Up Store celebrarase na data prevista cun formato híbrido que introduce actividades en liña

rolda-de-prensa-2020O encontro de emprendemento máis importante de Galicia posiciónase como ‘Unha etapa no camiño de emprender’ e avanza entre os seus contidos un Espazo de Internacionalización e un bo número de actividades en liña, que se combinarán con encontros presenciais e coas actividades que se desenvolverán na habitual carpa de stands que se instalará na Praza de España, seguindo os protocolos de seguridade vixentes nese momento.

Pontevedra, 11 de xuño.- O Pont-Up Store presentou esta mañá en Pontevedra un avance da programación da súa 7ª edición que se desenvolverá entre o 17 e o 19 de setembro na Praza de España de Pontevedra, é dicir, nas datas previstas pero con novidades na programación e o deseño do evento para adaptarse á normativa de aforos vixente no momento da súa celebración.

Na presentación participaron a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco Rial; o deputado provincial, Gregorio Luis Agís Gómez; o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jorge Soto; e o director do PONT-UP STORE, Pedro Figueroa, quen explicou que “está sendo un traballo titánico sacar adiante esta sétima edición do encontro no seu formato orixinal a pé de rúa, pero aínda así a organización segue apostando por manter o espírito orixinal do Pont-Up Store, adaptándose por suposto aos límites que marque a normativa vixente”.

Dentro da programación, o director do Pont-Up destacou como novidade o espazo de internacionalización, con formacións e encontros en liña que permitirán aos novos e vellos emprendedores incorporar capacidades e ferramentas para saír ao mercado exterior. Con respecto á programación dixital, Figueroa explicou que a web, totalmente renovada, funcionará a partir deste ano como plataforma para soportar a dixitalización dun evento híbrido, co obxectivo de ir sumando contidos que conformen un repositorio de interese para os novos emprendementos.

Tamén se referiu ao gran nivel que volverá ter o Pont-Up Exprés no que, como cada ano, 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a representantes de importantes empresas e entidades galegas. Nesta edición contaremos con Margarita Hermo Figueira, directora da Asociación Galega de Empresa Familiar e responsable de Relacións Institucionais da corporación empresarial conserveira Jealsa; Emilio Bruquetas Serantes, director xeral do grupo enerxético galego Reganosa Holdco; Ángel González Calvo, Presidente executivo da compañía internacional especializada en iluminación, sinalización e mobiliario urbán, SETGA que xunto coa carta escoitante, Virginia Pozo Castro, fundadora, CEO e Directora Creativa da firma de moda internacional Coosy, representan a internacionalización de empresas con base e orixe en Pontevedra. Ao igual que o ano pasado, as presentacións serán abertas ao público e haberá tempo para a réplica por parte das persoas escoitantes.

Ademais, estarán dispoñibles de novo 35 stands gratuítos dentro da carpa -que se instalará coma sempre na Praza de España- onde as empresas poderán propoñer actividades demostrativas que se incluirán dentro do programa. Desde onte xa está aberto o prazo para que as empresas presenten as súas candidaturas a unha ou varias modalidades ata o 10 de xullo a través da web www.pontupstore.com. A decisión do comité organizador farase pública o 21 de xullo e dará cabida a arredor de 60 emprendementos. Por último, Pedro Figueroa quixo resaltar que “o Pont-Up Store inicia este ano un camiño para lograr ser un evento totalmente sostible nas vindeiras edicións”.

Pola súa parte, a concelleira, Yoya Blanco Rial, asegurou que “o Pont-Up Store é especialmente importante agora que o emprendemento vai necesitar máis que nunca axudas de todas as institucións”. A concelleira confía en que se poda celebrar sen problemas unha edición presencial en setembro e insistitu en que “traballaremos para que poida celebrarse, ben co plan orixinal ou con outro alternativo”.

Por último, o deputado Gregorio Luis Agís tamén destacou a importancia de piorizar este encontro na actual situación e asegurou que a Deputación de Pontevedra continuará apoiando o Pont-Up Store en vindeiras edicións porque aposta polo emprendemento en todos os ámbitos con programas iniciativas e actividades que teñen como obxectivo alimentar o espírito emprendedor de xerar ideas empresariais desde idades temperás.
modalidades-empredemento
Unha etapa no camiño de emprender
A campaña deste ano ten como obxectivo situar ao Pont-Up Store como unha fase crucial no camiño do emprendemento, pola oportunidade que supón para que as empresas podan presentar, visibilizar e testar os seus emprendementos ao tempo que amplían a súa rede de alianzas e proveedores e aproveitan valiosas oportunidades para formarse e informarse. A imaxe da campaña é obra da ilustradora galega afincada en Madrid, Lara Lars.

Avance de Programa
A gran novidade do programa deste ano é o Espazo de Internacionalización que presenta tres actividades en liña organizadas pola entidade Ticket2Europe para axudar a que as persoas emprendedoras en Galicia comprendan que, para construír os seus proxectos, é de vital importancia aprender de lo que sucede máis alá do seu entorno. Os encontros están plantexados como obradoiros, sempre en inglés, onde as persoas participantes poderán a prender a construír a súa rede de alianzas internacionais, coñecer a persoas emprendedoras doutros países para conocer sus historias de emprendimiento social; e desbloquear os medos a la hora de emprender.

Ademais, este ano o Pont Up Store volve traer a Pontevedra un sector en crecemento en todo o mundo: a industria dos videoxogos. Máis espazos de exposición onde os visitantes poderán conversar con profesionais do sector, maior número de obradoiros de formación e charlas, e competicións de e-sports nas plataformas de máis éxito na actualidade, formarán parte desta edición do Espazo Gaming.

No Laboratorio Creativo Fab Lab desenvolveranse obradoiros e actividades para familias sobre o uso das tecnoloxías nas xeracións nativas dixitais. O encontro volverá aplicar a igualdade de forma transversal na súa programación pero terá ademais un Espazo de Igualdade específico para actividades que teñan como obxectivo visibilizar á muller no camiño do emprendemento. Tamén estará de novo presente o Espazo de Economía Social e Creativa e un Espazo de Desenvolvemento de Competencias para o Ecosistema Emprendedor, no que se inclúen actividades de AEMPE, AJE, Cámaras de Comercio; e unha actividade arredor do papel dos Influencers coordinada pola CEO de Somos Océano, Ana Carpintero.

Dentro do Espazo de Innovación Social presentaranse o proxecto de intervención social para a prevención de lumes forestais, Batefogo e un encontro coordinado por Espacio Arroelo para aprender como crear riqueza social e colectiva nas empresas para xerar impacto social.

Conectando emprendementos
Desde hai catro edicións o PONT-UP STORE conta oficialmente cunha Comunidade UP! que reúne a todas as persoas emprendedoras que van pasando polo encontro, tecendo unha gran rede galega de comunidades de colaboración e cooperación que traballan co obxectivo de sumar os seus talentos para mellorar e desenvolver iniciativas de emprendemento. Nesta ocasión, o Espazo Tecendo Redes acollerá distintas actividades de networking e dinamización social entre as que figura unha carreira de orientación para valentes.

O Pont-Up Store está liderado polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, e é froito da cooperación de case 40 entidades públicas e privadas que durante estes seis anos foron sumándose como patrocinadores ou colaboradores ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

Grazas adiantadas pola vosa axuda na difusión desta información.

PRENSA | Marián fernández | 650579208 | prensa@pontupstore.com

17 Xuño 2020/0 Comments/by anabel
Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on Twitter
  • Share on WhatsApp
  • Share on LinkedIn
  • Share by Mail
https://pontupstore.com/wp-content/uploads/2020/06/roldaprensa.jpg 366 700 anabel https://pontupstore.com/wp-content/uploads/2021/06/logo_pontup_2021-300x300.png anabel2020-06-17 12:00:112020-07-22 11:43:39O 7º Pont-Up Store celebrarase na data prevista cun formato híbrido que introduce actividades en liña
0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Categories

  • Comité Organizador
  • Emprendedores
  • Formación
  • Novidades
  • Pont-Up
  • Prensa
  • Uncategorized @gl

Recent Posts

  • Emprendementos Seleccionados Pont-Up Store 2021
  • FORMACIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA DECEMEBRO 2020
  • The Goood Shop no Pont-Up Store 2020
  • RayoNubeSol no Pont-Up Store 2020
  • IADN NO PONT-UP STORE 2020

Contacto

Política de privacidad

Aviso legal

Patrocinador principal

Promocion-economica

Promove

Universidade_de_Vigo

Promove

creas2i-logo

Dirixe e organiza

g4-logo

PATROCINADORES

 
 

EMPRESAS CONVIDADAS

 

ORGANIZACIÓNS DE APOIO

 

NATURAL SNACK LAB NO PONT-UP STORE 2019 Natural snack lab Emprendementos Seleccionados Pont-Up Store 2020
Scroll to top