Pont-Up Exprés
Presenta o teu proxecto en 5 minutos a un comité de “escoitantes” composto por catro referentes no panorama empresarial galego
PROGRAMACIÓN DO PONT-UP EXPRÉS
Un ano máis, promovemos xunto ao Concello de Pontevedra dous espazos de encontro específicos na tarde do venres 23 de setembro de 2022 no marco do Pont Up Store
19.00h: PONT-UP EXPRÉS
explica en 5 minutos o teu emprendemento.
Oportunidade de presentar en 5 minutos emprendementos en funcionamento a 4 representantes de entidades/empresas galegas de renome.
21h Viño aberto a participantes no Pont Up Store 2022
Espazo informal de networking.
QUE É?
Pont-Up Exprés: explica en 5 min o teu emprendemento é unha iniciativa promovida pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Pontevedra que se vai celebrar o venres 23 de setembro de 2022 durante o Pont Up Store.
A finalidade deste Pont-Up Exprés é facilitar o achegamento e o diálogo entre persoas emprendedoras e representantes de empresas e entidades galegas xa consolidadas a través da presentación de 10 proxectos de novo emprendemento, cun formato dinámico e áxil.
Cada unha das candidaturas seleccionadas deberá presentar o seu proxecto en 5 minutos a un comité de “escoitantes” composto por catro persoas. Haberá dous minutos de réplica por parte das persoas que compoñen o comité.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Pode participar no Pont-Up -Exprés calquera persoa maior de idade que teña un emprendemento que sexa innovador e creativo, en funcionamento, con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a súa creación ou un proxecto en fase moi avanzada de desenvolvemento con prototipos de produtos/servizos e expectativas reais de lanzamento a curto prazo.
Poden participar entidades, empresas, asociacións ou colectivos sempre que se designe a unha persoa representante que será a encargada da presentación do proxecto.
COMO PARTICIPAR?
Para participar no Pont-Up -Exprés é preciso presentar unha proposta de participación, a través do formulario de inscrición que atoparás en pontupstore.com. Neste formulario solicitarase información básica da persoa responsable do emprendemento e un breve resumo do mesmo.
PROCESO DE SELECCIÓN
Unha vez recibidas as propostas, a organización seleccionará un máximo de dez, para o que se baseará en criterios como:
Orixinalidade, innovación e creatividade do proxecto.
Valor social do proxecto.
Sostibilidade.
Claridade e concreción.
Potencial impacto económico ou social.
Capacidade de desenvolvemento futuro
A organización poñerase en contacto coas persoas representantes das propostas seleccionadas para pechar aspectos loxísticos e organizativos.
Xerente de ABANCA innova e Xerente de Comunicacións
Enxeñeira de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Conta con máis de 20 anos de experiencia en contornas TI bancarios, coordinando proxectos de evolución tecnolóxica. Desde xaneiro de 2019 é responsable do equipo ABANCA Innova, área que lidera os procesos de innovación do banco e coordina os seus programas de emprendemento e aceleración.
CEO de “Kaleido, Ideas & Logistics”
Licenciado en Dirección e Administración de empresas pola Universidade intercontinental da Empresa, Executive MBA por Esade. Ademais do CEO de Kaleido, tamén é o actual Presidente do Clúster da Función Loxística de Galicia. Namorado das ideas, a xente con inquedanzas e todo o complexo que pode chegar a ser o mundo.
Coordinadora do Proxecto Innovatia 8.3 do Instituto das Mulleres (USC)
Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior. Coordinadora do Proxecto Innovatia 8.3 do Instituto das Mulleres (Ministerio de Igualdade – USC). Responsable do Programa Woman Emprende, Titora das Axudas Emega da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Persoa experta para o informe Gem Galicia e Gem España.
Sales e Marketing Manager en Grupo Macho
Titulado en Dirección de Empresas, Marketing e Publicidad por ESERP Business & Law School e Executive MBA pola Universidad Intercontinental da Empresa (UIE), Francisco é especialista en artes gráficas, packaging e sostibilidade. Tras miás duna década adicado ao marketing, en 2018 é contratado por Grupo Macho para representar á compañía na zona noroeste do territorio nacional.