11 · 12 Setembro 2026 · Pontevedra

Tes 3 minutos.
Úsaos
ben.

Pont-Up Venture é o encontro para startups e proxectos emprendedores con base tecnolóxica que queren medirse ante mentores, inversores e xurado de alto nivel.

Inscrición aberta · Ata 8 prazas dispoñibles

3'
o teu pitch
🎙️
3 min de pitch

Presenta a túa idea con claridade e impacto

3 min de preguntas

O xurado vai ao fondo do proxecto

🏆
Premios por confirmar

Perks exclusivos e acceso a programas

Os teus avaliadores

Xurado de expertos

Luis Taboada
CEO · Tales Venture

Licenciado en Física pola USC, fundou Qbitia, empresa de software algorítmico para a inversión en bolsa galardoada con máis de 10 premios internacionais. Desde Tales Venture asesora e inviste en máis de 15 startups ao ano. Incluído na lista Choiseul (2017 e 2018) e seleccionado por Forbes como un dos 100 empresarios máis creativos de España (2023).

Jorge González
Director de Participadas · Netaccede SCR

Avogado con máis de 10 anos de experiencia en asesoramento xurídico mercantil e xestión empresarial. Traballou como Interim Manager xestionando equipos de máis de 150 persoas. Na actualidade analiza novas oportunidades de investimento como director de participadas en Netaccede SCR, S.A.

Carmen Pumariño
Investment Director · Zubi Capital

Graduada en ADE pola Universidade Pontificia Comillas, especializouse en inversión de impacto. En Zubi Capital lidera iniciativas que integran oportunidades e riscos ambientais e sociais en áreas como Venture Debt, ESG e os ODS. Misión: construír un futuro máis xusto e sostible a través de solucións innovadoras de inversión.

Carolina Rodríguez
Conselleira Delegada · ENISA

Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Máis de 20 anos no sector público vinculada á internacionalización e ao emprendemento: IGAPE, ICEX e Invest in Spain. Liderou a preparación da Lei de Startups aprobada en decembro de 2022. Actualmente conselleira delegada de ENISA.

Alberto Cochón
Fundador · ALO Ventures

Enxeñeiro Industrial con 26 anos de experiencia no sector da automoción. CEO de KRACK (2006–2017), crecemento de 3M a 25M de facturación. Cofundador de Imotion Analytics, acelerada por WAYRA en 2019 e primeira empresa tecnolóxica en recibir investimento de RENFE (2023).

Sobre o Pont-Up Venture

Un escenario real para
ideas que merecen verse.

O Pont-Up Venture reúne en Pontevedra ás startups máis innovadoras para presentar as súas ideas ante mentores e inversores, nun ambiente que impulsa a innovación, a colaboración e o networking de alto nivel.

Pode participar calquera persoa maior de idade cun emprendemento de base tecnolóxica sólida e carácter innovador. Tamén entidades, empresas ou asociacións designando un representante para a presentación.

Base tecnolóxica Innovación Impacto social Escalabilidade Ata 8 startups
1
Inscrición aberta Completa o formulario de candidatura antes de que se pechen as prazas
2
Selección de proxectos A organización avalia as candidaturas e notifica os seleccionados
3
O día do pitch 3 minutos de presentación + 3 minutos de preguntas co xurado
4
Premios e networking Conecta con inversores, mentores e a comunidade Pont-Up

Criterios de valoración

Que busca o xurado

💡
Orixinalidade e innovación

Ideas con enfoque diferenciador, creatividade e visión propia do mercado.

🛠️
Base tecnolóxica

Proxectos con solidez técnica e solucións baseadas en tecnoloxía.

🌱
Sostibilidade

Viabilidade e capacidade de crecemento a medio e longo prazo.

🎯
Claridade e concreción

Capacidade de comunicar a proposta de valor con claridade en tempo limitado.

📈
Potencial de impacto

Impacto económico ou social significativo e medible.

🚀
Capacidade de desenvolvemento

Modelo de negocio con potencial real de escalar e crecer.

O teu proxecto
merece verse.

Inscrición aberta · Ata 8 prazas · 11–12 setembro 2026 · Pontevedra

Inscríbete no Pont-Up Venture

Os proxectos deben ter base tecnolóxica e/ou carácter innovador marcado · Participación gratuíta para seleccionados

Patrocinadores

Dirixe e organiza

Promove

Patrocinador Principal

 PATROCINADORES INSTITUCIONAIS

 PATROCINADORES BUSINESS

PLATINO BUSINESS

PRATA BUSINESS

CO APOIO DE

Queres formar parte do Pont-Up Store 2026?

Presenta a túa candidatura →