Dende a Organización do Pont Up Store 2025 congratúlanos comunicarnos a distribución dos stands seleccionados para este ano.
Expresar unha vez máis o noso agradecemento a todos os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura pola gran acollida que tivo esta séptima edición, así como pola gran calidade dos seus proxectos.

1 |
BorneoAxencia creativa e produtora audiovisual formada por profesionáis de xeración Z/ Millenial adicada á produción de publicidade, ficción e documental, así como á música e organización de eventos. |
2 |
Enxebre bolsosMarca de bolsos de coiro artesanal, con creacións inspiradas en Galicia, na nosa cultura, nas nosas costumes e nas mulleres. |
3 |
MivpnServizo de VPN con dispositivo físico para casa ou oficina, que permite navegar coa IP local con control total e máxima privacidade. |
4 |
Tikismikis ArtesaníaMarca de cerámica artesanal, con clases de cerámica e encargos personalizados, especialmente vaixelas para restaurantes |
5 |
Sally D´trizArtista artesá de Pontevedra que crea produtos téxtiles inspirados na cultura pop, visibilizando parellas LGTBIQ+ e promovendo produción sostible baixo demanda. |
6 |
Proa2 HealthPROA2 Care é un leite de inicio elaborado con leite 100 % A2 de vacas galegas en pastoreo, cunha formulación que mellora a dixestibilidade e se aproxima ao leite materno. |
7 |
TZ StudioRedeseño, transformación e personalización de prendas de segunda man esquecidas e tecidos en desuso para darlles un aspecto novo e diferente, prolongando así a súa vida útil. |
8 |
Chorima Cosmética AtlánticaMarca que, apoiándose na natureza atlántica, rica en activos con propiedades beneficiosas para a pel, propón unha cosmética consciente dirixida a persoas esixentes que buscan o equilibrio perfecto entre eficacia, natureza, ciencia e pracer sensorial. |
9 |
EmeiemaIlustración e obras orixinais en acuarela, así como obradoiros artísticos. |
10 |
TergoDistribución de drons DJI Enterprise, servicios aéreos e escola de pilotos acreditada en AESA. Innovación e formación no mesmo stand. |
11 |
Gradhoc SmartGradhoc é un software para refrixeración industrial e comercial que mellora a eficiencia enerxética mediante IoT, xemelgo dixital e intelixencia artificial sobre todo enfocado a cadeas de frío |
12 |
The Woofi´s ClubMarca de accesorios sostibles para cans creados a partir de traxes de neopreno. |
13 |
Mialma ColchonesMarca de colchóns de fabricación galega nacida no sur de Galicia, en Vigo. Ademais de para a cama, ofrecen unha gama canina e outra para campers, buscando adaptarse a todos os modelos de vida actual. |
14 |
GastrovisualPlataforma que converte a carta do restaurante nun menú interactivo en vídeo. Cada prato preséntase nun vídeo curto e profesional que amosa a calidade, os ingredientes e a preparación. |
15 |
Cultivo GallegoProxecto agrícola enfocado no cultivo biointensivo e na rexeneración do solo, combinando rotación de cultivos, abonos orgánicos e integración de animais para obter alimentos de alta calidade e coidar da biodiversidade. |
16 |
SalitreMarca galega de xoias de aceiro inoxidable vencellado á terra galega, aposta por sustentabilidade e combina a venda física e online coa organización de talleres de creación de xoias con arxila. |
17 |
Gaia Escola de MúsicaEscola de música multidisciplinar. Espazo aberto á mentorización de músicos e ao fomento da aprendizaxe da música en idades temperás. http://www.gaiaescuelamusica.com/
|
18 |
Datadefend SolutionsConsultora galega especializada en ciberseguridade, concienciación e protección dixital para pequenas e medianas empresas, administracións e centros educativos. |
19 |
QuimeraEditorial de xogos de mesa en galego, dende o deseño ata a produción. Conta cun xogo publicado, “Tes Terras?”, e outro en preprodución. |
20 |
EAIlustraMarca que visibiliza a lingua e cultura galega a través de velas, postais plantables, roupa e complementos deseñados e feitos en Galicia |
21 |
Martietas de FíoMarca de galletas artesanais. Existen dous sabores: a orixinal e con chocolate, e tres formatos diferentes, ademais dun formato personalizado, dispoñible para eventos de empresa ou persoais. |
22 |
Saray LorenzoIlustradora. Creación da imaxe do Pont- Up Store 2025. |
23 |
Nicoletos BarefootMarca de calzado barefoot respetuoso para cativos deseñados en Galicia e fabricados en Portugal. |
24 |
Antigüidades Rey & PlamoreyMarca de coleccionismo de playmóbil customizados, personalización e venda de pezas únicas, cun enfoque especial na sustentabilidade e na valorización cultural. |
25 |
Serenia SolutionsA asistente IA das persoas maiores. Unha voz amiga sempre dispoñible para asistir, entreter e coidar das persoas maiores, adaptándose ás necesidades de cada persoa e situación. Startup tecnolóxica spin-off da Universidade de Vigo. |
26 |
CienporcelPequenos produtores (criadores e elaboradores) de Porco Celta en Ourense. Premiados a nivel nacional e internacional pola calidade e sabor dos seus produtos. |
27 |
Hana no BoshiSombrerería artesanal: ademais de sombreiros, realízanse tocados, todo tipo de accesorios para o cabelo e tamén algúns bolsos, xeralmente a xogo con algunha das pezas anteriores. |
28 |
De Lú CosméticaDe Lú especialízase na creación de cosmética sólida e natural, incorporando ingredientes galegos sempre que é posible. |
29 |
AlmadiversaXoiería artística, feita no seu obradoiro na Coruña, co único obxectivo da inclusividade a través dun concepto diferente. |
30 |
Sepia Art ShopElaboración artesanal de pastillas de acuarela únicas (metalizadas, neón UV), cadernos feitos a man e accesorios para pintar viaxando. |
31 |
Fenda Studio CreativoEstudio creativo conformado por 3 socias que fusionan arte e estratexia para acompañar a outros proxectos, dándolles forma e visibilidade. |
32 |
VinakMarca galega que deseña, fabrica e comercializa accesorios para o viño e utensilios de cociña únicos e personalizables. https://www.vinak.es/ |
PONT-UP VENTURE
Agrolistik |
AGROLISTIK é unha aplicación móbil que funciona como un “Uber” de tractores. Unha plataforma dixital que conecta ós propietarios de fincas con tractores dispoñibles na súa zona, a través dunha app sinxela e intuitiva. |
Blue Silk Cosmetics |
Laboratorio de cosmética natural e termal con base en Ourense que desenvolve e fabrica cosmética propia e para terceiros, combinando innovación biotecnolóxica, sustentabilidade e recursos endóxenos como a auga mineromedicinal. Lanza recentemente a primeira liña cosmética termal para animais. |
Chorima Cosmética Atlántica |
Marca que, apoiándose na natureza atlántica, rica en activos con propiedades beneficiosas para a pel, propón unha cosmética consciente dirixida a persoas esixentes que buscan o equilibrio perfecto entre eficacia, natureza, ciencia e pracer sensorial. |
Dighy |
SaaS dedicado ás empresas do sector do hidróxeno e dos combustibles renovables. É un xemelgo dixital que permite ás promotoras deseñar e dimensionar plantas de produción de hidróxeno e simular o seu comportamento técnico e económico para avaliar o rendemento en función do deseño e da localización. http://www.dighy.es/ |
luxsit |
Empresa adicada á tecnoloxía de espectáculos de luces con enxames de drons. Empregando a tecnoloxía UAS de última xeración de Luxsit Pharus, crea espectáculos de luces sorprendentes, seguros e sostibles. |
Masel |
Ferramenta de xestión para hostelería con IA integrada. Axuda a reducir mermas en cociña / barra, mellorar a eficiencia a través da analítica avanzada, carta dinámica con ferramentas de márketing on-site, app para camareiros e clientes e un sistema de reserva de mesas para erradicar as reservas pantasma. http://maselapp.com/ |
Pro A2Care |
PROA2 Care é un leite de inicio para lactantes elaborado con leite 100 % A2 procedente de vacas galegas das razas Holstein e Jersey en réxime de pastoreo cunha formulación innovadora que mellora a dixestibilidade e achega a composición da fórmula á do leite materno. |
Serenia Solutions |
A asistente IA das persoas maiores. Unha voz amiga sempre dispoñible para asistir, entreter e coidar das persoas maiores, adaptándose ás necesidades de cada persoa e situación. Startup tecnolóxica spin-off da Universidade de Vigo. |



Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!