PROGRAMA DE ACTIVIDADES (10-12)

Imprimir
Filtrar actividades por ámbitos
Espazo de emprendemento
Espazo de internacionalización
Espazo de economía social e igualdade
Espazo gaming: emprendemento da man dos videoxogos
Espazo de desenvolvemento de competencias
Espazo de innovación social e sustentabilidade
Tecendo redes: espazo networking
Laboratorio creativo
Actividades demostrativas
09:00
09:30
10:00
10:30
11:00
11:30
12:00
12:30
13:00
13:30
14:00
14:30
15:00
15:30
16:00
16:30
17:00
17:30
18:00
18:30
19:00
19:30
20:00
20:30
21:00
21:30
22:00
22:30
Xoves 10
Xoves 10
Actividade Conecta Coop: Estratexias de Marketing e Redes nas Cooperativas
09:30 - 13:30
09:30 - 13:30
https://forms.gle/aThzReNNssAjwkBaA
Pontevedra – Centro Internacional da Creatividade Maruxa Mallo, 2º andar (Sala Olga Amoedo)
Presencial
Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop

DESCRIPCIÓN
Mellorar a estratexia comercial para os novos proxectos en cooperativa desde os valores da Economía Social e Solidaria, e presentar o novo espazo compartido con Pont-Up e Culturgal no Centro Internacional da Creatividade Maruxa Mallo de Pontevedra, na rúa Alfonso XIII, serán os eixos centrais deste encontro, o vindeiro 10 de setembro en Pontevedra.

OBXECTIVOS:
EspazoCoop ofrece esta formación dentro do programa EspazoCoop Emprende, co obxectivo capacitar ás persoas emprendedoras, grupos promotores e cooperativas de recente constitución, no deseño da súa proposta de valor e estratexia comercial, especialmente en marketing e redes, sen perder a identidade e os valores que definen ao modelo cooperativo.

Entre os principais obxectivos da xornada destacan:
– Presentación do novo espazo compartido: Visibilizar a alianza estratéxica entre EspazoCoop, Pont-Up e Culturgal como un ecosistema chave para o emprendemento cooperativo, creativo e cultural.
– Difusión de recursos comunitarios: Dar a coñecer os recursos de acompañamento e axudas dispoñibles para emprendedoras no marco do programa EspazoCoop Emprende / EFESO.
– Formación práctica e reflexión: Analizar a xestión, o planeamento e a comercialización desde a perspectiva da Economía Social e Solidaria (ESS).
– Networking e intercambio: Favorecer o contacto directo, a intercooperación e a aprendizaxe mutua entre os proxectos participantes.

PROGRAMA
A xornada contará cunha metodoloxía participativa e dinámica, impartida e dinamizada polo equipo técnico de EspazoCoop:

– 09:30 h | Café de benvida e recepción de asistentes
– 10:00 h | Presentación do novo espazo Olga Amoedo no CIC Maruxa Mallo (EspazoCoop – Pont-Up – Culturgal)
– 10:15 h | Formación:
   · Actividade 1: Presentación do Programa EspazoCoop Emprende e recursos de EspazoCoop para o emprendemento.
   · Actividade 2: Formación en conformación de relato, proposta de valor, segmentación de públicos e estratexia comercial, adaptados ás cooperativas e entidades de economía social.
   · Actividade 3: Grupos de traballo para presentar as ofertas comerciais e exposición de proxectos empresariais.
– 13:15 h | Debate aberto e peche da xornada.

Venres 11
Venres 11
Xogo: EMPRENDER XUNTOS - ECONOMÍA SOCIAL. Un xogo de retos e decisión
11:00 - 14:00
Rede Eusumo –Xunta de Galicia
11:00 - 14:00
Presencial ata completar aforo. Non será necesaria inscrición.
Carpa do evento, Praza de España.
Rede Eusumo –Xunta de Galicia

OBXECTIVO:
Achegar os principios e valores da economía social dunha forma práctica e participativa, dando a coñecer as distintas fórmulas de emprendemento colectivo e os recursos de apoio dispoñibles.
CONTIDOS:
As persoas participantes acompañarán a Lara e Dani na creación dun proxecto de economía social, superando diferentes retos. A actividade desenvolverase en pequenos equipos, favorecendo a reflexión, o debate e a toma de decisións conxunta.
DIRIXEN:
Equipo da Rede Eusumo.
PÚBLICO:
Alumnado e visitantes do Pont Up.

ACTO INAUGURAL
11:30 - 12:00
Praza de España, recinto do evento
Espazo de emprendemento
Equipo de dirección Pont-Up (G4plus uvigo + Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store)

Lugar: Palco do Recinto do Pont-Up Store, Praza de España
Asistirán : representantes de entidades organizadoras e patrocinadoras
• Universidade de Vigo e Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia IGAPE, Abanca, R, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, AEMPE, Aje Galicia/Pontevedra, Ape, Foro empresa Pontevedra, Tales Venture, Foro Empresa Pontevedra

VISITA INSTITUCIONAL
12:00 - 13:00
12:00 - 13:00
Praza de España, recinto do evento
Organizadores e representantes de entidades patrocinadoras, colaboradoras
Espazo de emprendemento
Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store.

Lugar: Palco do Recinto do Pont-Up Store, Praza de España
Asistirán : representantes de entidades organizadoras e patrocinadoras
• Universidade de Vigo e Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia IGAPE, Abanca, R, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, AEMPE, Aje Galicia/Pontevedra, Ape, Foro empresa Pontevedra, Tales Venture, Foro Empresa Pontevedra

DEMO-DAY INCUVI
12:30 - 13:40
Uvigo - Vic. Estudantes e empregabilidade / Área de emprego e emprendemento
12:30 - 13:40
Presencial ata completar aforo
Palco do recinto do Pont-Up Store
Uvigo - Vic. Estudantes e empregabilidade / Área de emprego e emprendemento

ORGANIZA: Universidade de Vigo – Campus de Pontevedra

PRESENTA:
– Mª de los Ángeles Fernández Villarino (Vicerreitora do Campus)
– Rafael Comesaña Piñeiro (Vicerreitor de Transferencia, Innovación e Impacto Social)

OBXECTIVOS:
Exposición dos proxectos de emprendemento participantes nos programas INCUVI ao longo do ano.

CONTIDOS:
Defensa dos proxectos INCUVI emprende, avanza e consolida.

PARTICIPA:

Entre Costas
Entre Costas é unha marca de deseño e marroquinería artesanal que nace do encontro entre dous territorios, Arxentina e Galicia, e dunha traxectoria profesional de máis de 20 anos no deseño e fabricación de bolsos e complementos de coiro. A marca propón produtos de deseño contemporáneo, fabricación artesanal, recuperando técnicas, materiais e elementos culturais de ambos territorios e reinterprétaos dende unha mirada actual.
Promotora: Maria Gabriela Fiori, arquitecta e directora creativa de moda.

By César Moreno
É unha firma de deseño de autor desenvolvida en Galicia que crea coleccións en edicións limitadas, combinando identidade, creación gráfica e produción responsable. O proxecto aposta polo deseño como ferramenta de expresión e xeración de valor, traballando progresivamente con produción local e colaboracións vinculadas ao tecido creativo e produtivo galego.
Promotor: César Moreno.

Explorando el Mundo del Té
13:50 - 14:30
13:50 - 14:30
Espazo Central do recinto do Pont Up, Praza de España
Presencial
Actividades demostrativas
TeAreeiro

ORGANIZA: Estación Fitopatolóxica Areeiro – Deputación de Pontevedra

PRESENTA:
Pilar Vela, Ángeles Barros e Ana Neves

OBXECTIVOS:
Presentación dunha marca de té galego producida e investigada na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, a través dunha charla sobre o cultivo e a preparación con degustación final.

LUGAR: Espazo Central do recinto do Pont-Up, Praza de España
ASISTENCIA: Presencial

Tecendo comunidade
14:30 - 16:30
networking de participantes
14:30 - 16:30
Actividade reservada para os emprendementos seleccionados para a modalidade de stand
Espazo central da carpa do Pont Up Store
Presencial
Tecendo redes: espazo networking
Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store

Comida en común para interrelacionarse e compartir inquedanzas por parte dos emprendementos seleccionados no Pont Up e tamén para tecer redes e xerar sinerxías para novos negocios entre eles. No transcurso desta comida farase unha presentación da Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store para a posterior inscripción dos participantes interesados na mesma. PATROCINA: PIZZERIA CARLOS

Territorio, empresa e emprego: construíndo o futuro de Galicia.
16:30 - 17:30
16:30 - 17:30
Espazo Central do recinto do Pont Up, Praza de España
Presencial
Xunta de Galicia

ORGANIZA: Xunta de Galicia
Moderador: Carlos Fontán, Presidente de AJE Pontevedra

CONTIDOS:
– IGAPE: Oficina Económica de Galicia
– Dirección Xeral de Comercio: Vilas Vivas
– Secretaría Xeral de Emprego: Campus Virtual do Autónomo

PARTICIPANTES/CONFERENCIANTES: Moderador: Carlos Fontán, presidente de AJE Pontevedra
Intervienen:

•⁠ ⁠Gabriel Alen, D.X. Comercio
•⁠ ⁠⁠Marta Mariño, D.X. Traballo autónomo e economía social
•⁠ ⁠⁠Ana Núñez, técnica de Oficina económica de Galicia

Pont-Up Venture
17:30 - 19:00
17:30 - 19:00
Sala de conferencias do 2º andar da Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11
Espazo de emprendemento
Concello de Pontevedra e Asociación para o emprendemento e a Innovación: Pont-up Store
Colabora: Tales Ventures

Evento que reúne en Pontevedra ás startups máis innovadoras para presentar as súas sus ideas ante mentores e inversores fomentando a innovación, o networking e o desenvolvemento de proxectos nun entorno colaborativo e dinámico

XURADO
LUIS TABOADA
CEO Tales Venture
Licenciado en Física pola USC, fundou Qbitia, empresa de software algorítmico para a inversión en bolsa galardoada con máis de 10 premios internacionais. Desde Tales Venture asesora e inviste en máis de 15 startups ao ano. Incluído na lista Choiseul (2017 e 2018) e seleccionado por Forbes como un dos 100 empresarios máis creativos de España (2023).

CAROLINA RODRÍGUEZ
IConselleira Delegada · ENISA
Licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Máis de 20 anos no sector público vinculada á internacionalización e ao emprendemento: IGAPE, ICEX e Invest in Spain. Liderou a preparación da Lei de Startups aprobada en decembro de 2022. Actualmente conselleira delegada de ENISA.

Jorge González
Netaccede
Avogado con máis de 10 anos de experiencia no asesoramento xurídico mercantil e xestión empresarial. Traballou como Interim Manager en diversas empresas relacionadas co sector servizos, xestionando persoais de máis de 150 traballadores. Na actualidade an aliza novas oportunidades de investimento como director de participadas en Netaccede SCR, S.A pertencendo ao seu consello de administración.

CARMEN PUMARIÑO
Investment Director · Zubi Capital
Graduada en ADE pola Universidade Pontificia Comillas, especializouse en inversión de impacto. En Zubi Capital lidera iniciativas que integran oportunidades e riscos ambientais e sociais en áreas como Venture Debt, ESG e os ODS. Misión: construír un futuro máis xusto e sostible a través de solucións innovadoras de inversión. ALBERTO COCHÓN
Líder empresarial con ampla experiencia en dirección, innovación tecnolóxica e desarrollo de startups.
Enxeñeiro Industrial con 26 anos de experiencia no sector da automoción. CEO de KRACK (2006–2017), crecemento de 3M a 25M de facturación. Cofundador de Imotion Analytics, acelerada por WAYRA en 2019 e primeira empresa tecnolóxica en recibir investimento de RENFE (2023).

EMPRENDEMENTOS
DIVERSA Technologies SL
Spin-off biotecnolóxica fundada polo IDIS e o SERGAS. O seu equipo médico e científico desenvolveu unha nanotecnoloxía patentada baseada en lípidos biodegradables que optimiza a liberación de fármacos. Estes nanosistemas estabilizan e dirixen as moléculas de maneira específica cara ás células axeitadas, aumentando a eficacia terapéutica dos tratamentos. .

edgeContinuum
Spin-off da Universidade de Vigo que transforma a infraestrutura existente das organizacións nunha plataforma de nube soberana, descentralizada e tolerante ás desconexións. Nacida da investigación en 5G e edge computing, combina rigor científico con aplicación práctica. .

ENERXÍA COMUNITARIA
Enerxía Comunitaria é unha spin-off da Universidade de Vigo que nace para transformar o modelo enerxético actual e poñer a enerxía en mans da cidadanía. Trátase dunha empresa colaborativa, aberta e democrática creada para impulsar unha transición enerxética xusta, integrando persoas, comunidades de montes, empresas, institucións públicas e cooperativas comprometidas co cambio. .

ILOVEIFC
loveIFC é unha plataforma en liña gratuíta impulsada pola comunidade española BIMrras que permite modificar e procesar ficheiros IFC na nube sen instalar software. Para garantir a seguridade, procesa os datos directamente no navegador e ofrece funcións como unir, dividir e extraer atributos de modelos BIM. .

LABRE GANDO
Labre Gando é unha compañía biotecnolóxica que ofrece solucións sostibles para a xestión de xurros e emendas orgánicas no sector agrogandeiro. O seu equipo emprega a microbioloxía para transformar residuos orgánicos en produtos eficientes, optimizando procesos, reducindo custos operativos e minimizando o impacto ambiental de forma personalizada. .

MARCO TRAVEL
Marco Travel é unha axencia especializada no deseño de viaxes á medida e experiencias personalizadas. Xestiona desde escapadas de luxo e paquetes vacacionais ata a loxística integral para eventos, congresos e viaxes corporativas. .

SIZIT AI
Startup de intelixencia artificial que desenvolveu a ferramenta SizeFit AI. O seu software permite aos compradores de calzado en liña determinar a súa talla exacta cunha única fotografía do pé, cruzando as dimensións en milímetros coa guía de tallas da tenda. Deseñada como un complemento «plug and play» para plataformas como Shopify, axuda ás marcas a reducir devolucións e mellorar a conversión. .

WORKSTAMP
Workstamp é unha plataforma integral para a xestión de equipos, control horario e cumprimento normativo. A través da súa aplicación móbil permite fichar sen conexión, sincronizando automaticamente os rexistros ao recuperar internet. Ademais, incorpora xeolocalización GPS configurable e un sistema de solicitudes xustificadas para fichaxes esquecidas que o administrador pode aprobar ou rexeitar. .

Presentación Culturgal
17:30 - 18:30
17:30 - 18:30
Espazo Central do recinto do Pont Up, Praza de Españ
Culturgal

ORGANIZA: Culturgal

PRESENTA:
Camilo Franco, director de Culturgal. Feira das Culturas Galegas

CONTIDOS:
Culturgal celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 27 e o 29 de novembro. Cunha programación con máis de 200 actividades durante tres días e o novo programa Culturgal Emerxente no CIC Maruxa Mallo, a participación en Pont-Up Store adiantará os principais fitos do programa xeral e emerxente, rematando cun petisco artístico.

Consultoría relámpago para tu web emprendedora – Wordpress
19:00 - 20:30
WordPress Pontevedra
19:00 - 20:30
+ Info
Palco de carpa do Pont-Up, Praza de España
Espazo de desenvolvemento de competencias
WordPress Pontevedra
Castellano

OBXECTIVOS:
¿Tienes una web para tu proyecto y no sabes si está funcionando del todo bien? ¿Te gustaría mejorarla pero no sabes por dónde empezar? ¡Esta es tu oportunidad! Desde la comunidad WordPress Pontevedra, en colaboración con Pont-Up Store, organizamos una sesión abierta de revisión web en directo. Un grupo de profesionales del diseño, desarrollo, SEO, contenidos, UX y otras áreas analizará algunas webs enviadas previamente por participantes del evento. Comentaremos qué funciona bien, qué se podría mejorar y daremos pautas sencillas y aplicables para que tu web (y las de los demás) conecte mejor con tus clientes y cumpla sus objetivos. No hace falta que tu web sea una de las seleccionadas para aprender: los consejos que daremos son útiles para cualquier persona que tenga una web, esté creando una, o trabaje con clientes. Una mirada práctica, cercana y constructiva sobre lo que podemos mejorar.

PÚBLICO OBXECTIVO:
Emprendedores, profesionales con presencia online, personas interesadas en mejorar su página web, diseñadores, desarrolladores y cualquier curioso del mundo digital.

Viño participativo
21:00 - 23:00
21:00 - 23:00
Praza de España, recinto do evento
Tecendo redes: espazo networking
Concello de Pontevedra e a Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont- Up Store
COLABORA: HGA BODEDAS

Lugar: Carpa do Pont-Up Store
Entrada reservada a proxectos seleccionados para Stand, Pont-up Store e invitados da organización (Xunta directiva da Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store, entidades patrocinadoras e colaboradoras, entre outros)

COLABORA: Altos de Torona e Regina Viarum

Sábado 12
Sábado 12
ALMORZO NETWORKING – IA QUE IMPULSA, SEGURIDADE QUE PROTEXE
09:30 - 11:00
Aempe - Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra
09:30 - 11:00
participantes nos stands do Pont Up e público interesado inscrición en
Espazo Central do recinto do Pont Up, Praza de España
Aempe - Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra

PATROCINA: AEMPE
– Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra
NO MARCO DE: PONTIA, programa de acompañamento dixital para negocios e profesionais locais de Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra (Concellaría de Promoción Económica)

PRESENTA:
José María Corujo, presidente de AEMPE

MODERA:
Pedro Figueroa Dorrego, presidente de Asociación: Pont-Up Store

OBXECTIVOS:
Amosar casos reais de IA aplicada ao día a día dun negocio pequeno: o que xa se pode usar hoxe, sen orzamento nin equipo técnico.
Poñer a ciberseguridade no centro: as ameazas que xa afectan a calquera negocio local —fraude no correo, suplantación, secuestro de contas, datos de clientes— e as medidas básicas que as evitan.
Xerar rede entre os negocios do recinto e o tecido empresarial da cidade arredor dun reto común.

PARTICIPA:
Mariem Filgueira — Sherpa Empresarial | PONTIA (IA aplicada)
Judit Meiriño — Data Defend Solutions | PONTIA (ciberseguridade)

Do laboratorio ao mercado: cando o coñecemento se converte en empresa
11:45 - 12:45
11:45 - 12:45
Espazo Central do recinto do Pont Up, Praza de España
Universidade de Vigo

ORGANIZA: Universidade de Vigo – Campus de Pontevedra

PRESENTA:
– Mª de los Ángeles Fernández Villarino (Vicerreitora do Campus)
– Rafael Comesaña Piñeiro (Vicerreitor de Transferencia, Innovación e Impacto Social)

OBXECTIVOS:
– Dar a coñecer o proceso de asesoría e procedemento de creación de empresas que se da dende a oficina de I+D+i da UVigo.
– Informar sobre os servizos que a UVigo presta ao alumnado en materia de emprendemento (Programa INCUVI).
– Aportar indicadores para a creación de calquera empresa que explote resultados de investigación ou de carácter innovador: protección do coñecemento, coñecer o mercado e rodearse dun bo equipo de xestión.

PARTICIPANTES:
Todos os públicos, en particular estudantado, PDI e persoas interesadas en materia de emprendemento.

O prezo invisible de emprender. Os coidados como desafío para o liderado empresarial das mulleres
13:00 - 14:00
13:00 - 14:00
Espazo Central do recinto do Pont Up, Praza de España

CONTIDOS:
Os coidados dos fillos/as, persoas maiores ou dependentes, o fogar, a saúde e a xestión emocional son tarefas necesarias para soster a vida cotiá familiar e o compromiso social. No noso entorno, máis do 74% deste traballo realízano as mulleres, na maioría dos casos sen remunerar, o que afecta de cheo os emprendementos liderados por mulleres que se ven abocadas, na maioría dos casos, a abandonar ou ralentizar os seus proxectos emprendedores. A realidade é que no noso país as mulleres emprenden máis que os homes por flexibilidade e conciliación.

A falta de tempo pola chamada "dobre quenda" e as "urxencias familiares" limitan tamén a súa capacidade de networking e formación. Non é menos relevante o investimento limitado pola priorización do gasto familiar fronte á inversión no negocio, así como unha formalización das iniciativas compatibles cos coidados (horarios flexibles, dende casa, sectores feminizados, entre outros) e que reduzan os riscos inherentes dun proxecto emprendedor. Todos eles son factores limitantes para o desenvolvemento dos negocios e a posibilidade de levar unha vida plena e de calidade, sen a implicación real de tódalas persoas que comparten o proxecto, en especial no seu caso dos homes, parellas e colaboradoras/es.

PRESENTA E MODERA:
Eva López Barrio, responsable de Woman Emprende (USC) | Experta en emprendemento feminino, innovación e creación de spin-offs universitarias | Coordinadora de Innovatia 8.3 | Experta en avaliación de Plans de Igualdade de Xénero en proxectos europeos.

PARTICIPAN:

Alba Antepazo Fonseca, fundadora e directora de Graphic Project (www.thegraphicsproject.com), óptica optometrista e deseñadora de gafas. Crea a empresa e participa no Pont-Up Store de 2018. Fundadora da Asociación e membro da súa Xunta Directiva ata abril de 2026. Nai de dous fillos.

Sheila Patricia, artista, cantante e compositora galega que fusiona tradición e vangarda. Fundou en 2019 Xeitosa Producións, produtora cultural especializada na creación, produción e comunicación de proxectos con identidade propia e perspectiva de xénero (xeitosaproducions.gal). Presidenta da Asociación Músicas ao Vivo. Participou no Pont-Up Store de 2020-2021 e é socia da asociación Pont-Up. Nai dunha filla.

Tatiana González (iamtatianagonzalez.com), consultora estratéxica de marca e negocio para ecommerce en crecemento. En 2019 fundou Beflamboyant, calzado barefoot, vegano e sostible, que escalou durante 7 anos ata 7 cifras de facturación acumulada. Dúas campañas de Kickstarter de éxito, tres aceleradoras completadas e Premio Emprendemento en Feminino 2025, categoría Sostenibilidade. En 2026 pechou Beflamboyant —con criterio, non por fracaso—. Participou no Pont-Up Store en 2019 e é socia da asociación Pont-Up. Nai dun fillo, á espera inmediata do segundo.

ENTREGA PREMIOS - CONCERTO HAPPY SINGERS
14:15 - 14:30
Palco de carpa do Pont-Up, Praza de España
Espazo de emprendemento
Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store

• Pedro Figueroa Dorrego, Director do Pont-Up Store
• Angela Cal Arca, Vicepresidenta da Asociación de emprendemento e innovación Pont-Up Store
• Representantes das entidades Patrocinadoras e da Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store


Actuación musical a cargo do emprendemento: Bonnie Cooper

Tecendo comunidade
14:30 - 16:30
networking de participantes
14:30 - 16:30
Actividade reservada para os emprendementos seleccionados para a modalidade de stand
Espazo central da carpa do Pont Up Store
Presencial
Tecendo redes: espazo networking
Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store

Comida en común para interrelacionarse e compartir inquedanzas por parte dos emprendementos seleccionados no Pont Up e tamén para tecer redes e xerar sinerxías para novos negocios entre eles. No transcurso desta comida farase unha presentación da Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store para a posterior inscripción dos participantes interesados na mesma. PATROCINA: PIZZERIA CARLOS

Contacontos - BONNIE COOPER
18:00 - 19:00
Bonnie Cooper
18:00 - 19:00
Stand 9
Carpa do Pont-Up Store, en Praza de España, Pontevedra.
Actividades demostrativas
Gaïa Escola de Música

ORGANIZA:
Bonnie Cooper

ACTO DE PECHE
20:45 - 21:00
Palco do recinto do PontUp Store, Praza de España
Espazo de emprendemento
Asociación para o emprendemento e a innovación: Pont-Up Store

Intervencións:Representante da Asociación para o Emprendemento e a Innovación: Pont-Up Store