Hoxe é o día Mundial do Medio Ambiente e parécenos unha boa ocasión para facer unha pequena recopilación dos proxectos sostibles do Pont Up Store.
Estamos xa inmersos na recepción de candidaturas para a 5ª edición do Pont Up Store e durante a organización desta nova edición caemos a menudo na nostalxia.
Son xa 5 edicións de proxectos creativos, potentes, con futuro e sobre todo con moito #talentoemprendedor.
Acompañádesnos nunha pequena viaxe polo emprendemento sostible e por algúns dos proxectos sostibles do Pont-Up Store?
O emprendemento sostible
A sostibilidade é un valor en constante crecemento para o emprendemento e en xeral a nivel educativo na actualidade. Vivimos unha nova globalización tanto económica como financieira e os ritmos de vida non axudan a coidar un planeta cada vez máis deteriorado.
A industrialización e os grandes modelos de fabricación influiron nas paisaxes e no clima de tal forma que comeza a xurdir unha nova conciencia de mellora na sociedade.Pequenos actos poden cambiar pouco a pouco a forma en que influimos en todo o que pasa na natureza, só temos que ser conscientes.
Por esta razón, cada vez son máis os movementos en prol de novas actitudes máis respetuosas co entorno. Esta concienciación cara a sostibilidade está influindo tamén no emprendemento. Cada vez son máis os proxectos de emprendedores que teñen como base unha idea sostible cun modelo económico que non teña consecuencias a nivel social e ambiental. A sostibilidade non se presenta so como valor positivo de cara ao entorno senón que aporta un valor diferencial a estes negocios, asociando os proxectos a unha maior calidade no producto e na súa forma de producir.
Durante as cinco edicións do Pont Up Store, a sostenibilidade tivo o seu papel na moda, a arquitectura, o deseño, a enxeñería… Acompañádesnos a ver algúns destes proxectos?
O emprendemento sostible no Pont-Up Store.
En Sincofa son especialistas en todo tipo de proxectos de enxeñería.
Entre os servizos destes emprendedores atópase o deseño de interiores, sistemas de iluminación, instalacións e obras sempre seguindo as bases da construcción sostible. A súa máxima é levar a eficiencia enerxética a calquera persoa e proxecto, adaptándose as necesidades de cada obra en particular.
Ademais, de cara a maximizar a eficiencia enerxética de cada un dos seus proxectos, realizan tanto estudos de eficiencia como de evaluación de edificios, ademáis de aportar as certificacións pertinentes para que un edificio se axuste á normativa vixente en materias de eficiencia enerxética.
Queredes saber máis? Visitade a web!
A sostibilidade ten unha principal relevancia se falamos da rehabilitación de vivendas, pois contribúe a axustar a eficiencia de calquera edificio, sexa cal sexa a súa antigüidade.
No Pont-Up Store 2017, María ensinábanos diferentes materiais naturais cos que aislar e sacar o máximo partido aos nosos fogares. Resultábanos moi curioso como produtos como a lan que usaban as nosas avoas para facer almofadas pode funcionar como aislante e maximizar o aproveitamento de calor dunha habitación.
Ademais, esta emprendedora enfócase a dar axuda técnica a promotores en materia de construción ecolóxica adaptada a Galicia, dende a compra do terreo á selección dos artesáns implicados na obra.
Estades pensando en rehabilitar un proxecto? Seguro que María ten algunha idea!
Durmir nunha burbulla, ver lobos na fraga ou as estrelas no medio dun monte son so algúns dos plans de turismo sostibles que nos ofrecen estes rapaces.
O seu modelo de negocio está basado no turismo sostible, é dicir, en conseguir que as viaxes ofertadas na súa web teñan un impacto mínimo sobre o medio ambiente e maximicen o aproveitamento dos espazos naturais.
Ademáis, tamén promoven o turismo ecolóxico, baseado nun profundo respeto cara ó medio natural e na preservación do ambiente a visitar.
Queredes coñecer en profundidade ós rapaces de Be Sherpa? Aquí tedes a súa entrevista!
SomosOcéano defínese como un proxecto de moda galega sostible. Dende a marca apostan por modelos sostibles tanto para a eleción dos produtos como para a venda e fabricación de cada unha das súas pezas.
Que por que moda sostible? Como nos contan na web, a utilización dun ou doutro produto para elaborar as prendas de roupa dunha marca pode condicionar en gran medida o impacto ambiental, xa que os pesticidas e insecticidas utilizados danan tanto o entorno de produción como a saúde dos propios produtores.
En SomosOcéano gran parte das prendas son elaboradas con algodón orgánico. Este tipo de algodón basea a súa certificación na calidade dos cultivos, coidando a saúde dos terreos e os ciclos orgánicos de plantación e buscando relacións de calidade e respeto cos produtores, incluso de cara a prevención de riscos no desempeño do seu traballo.
Queredes ver a súa entrevista hai agora un aniño? Click aquí!
Por último, aquí está A Tenda Da Gata. Na súa tenda e as veces fora dela acompañada da súa Gatamóbil, Yolanda vende todo tipo de productos alimentarios sostibles da máis alta calidade.
Na Tenda Da Gata apostan polo consumo local e os produtos de proximidade. Os produtos de tempada priman na tenda para poder ofertar a máxima cálidade a as opcións son innumerables: leite, iogures, pizzas, conservas, aperitivos… teñen de todo!
Todos estes alimentos que se poden atopar nesta tenda son producidos baixo filosofías sostibles: Km0, Slowlife… a filosofía de Yolanda baséase nun profundo respeto molo medio natural e o respeto ao ecosistema e á natureza.
Ademais, Yolanda oferta a cobertura de eventos cun catering sostible no que os produtos a degustar manteñen a filosofía de produción da tenda. Todos os caterings elaborados contan con produtos de produción local, eco ou artesanal e son frescos ou de tempada. Ademáis, para estas ocasións, Yolanda aposta por sinerxias con outros emprendedores para a decoración ou ambientación, potenciando as sinerxias entre emprendedores locais.
E vos? Estades iniciando un proxecto de emprendemento sostible? Sodes uns emprendedores consolidados?
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!