No universo da creatividade e da artesanía sostible nace Sepia Art Shop, unha marca viguesa que combina a paixón pola pintura coa vontade de coidar o planeta. Detrás deste proxecto está unha emprendedora que decidiu transformar a súa propia experiencia artística en algo compartido: pastillas de acuarela veganas feitas a man, cadernos de viaxe únicos e accesorios pensados para acompañar a quen busca expresar a súa creatividade en calquera lugar. Con mimo, autenticidade e un compromiso firme cos materiais éticos, Sepia Art Shop chega ao Pont-Up Store 2025 para ofrecernos unha proposta fresca, orixinal e moi persoal
1. Como definirías brevemente Sepia Art Shop para alguén que acaba de coñecer o teu Emprendemento?
Sepia é unha marca de pastillas de acuarela veganas feitas a man de maneira sostible e de producción lenta, con materiais especiais, moito detalle e autenticidade. Compleméntanse con caderniños de viaxe, tamén feitos a man, e outros accesorios creativos para que poidas conectar coa tua creatividade en calqueira momento e lugar.
2. Como xorde este proxecto? Que vos motivou a lanzaros a emprender cun proxecto tan creativo como este?
Fai dous anos comecei en clases de pintura na escola de Ana Soler, en Vigo. A miña primeira técnica foi a acuarela pero case a abandono porque as cores que tiña parecíanme demasiado transparentes e apagadas para o que a mi me gusta. Ana entón propúxome probar a facelas eu mesma e así fixen as miñas primeiras cunchiñas de berberecho. Gustáronlle tanto a ela e aos meus compañeiros que deume a idea de comezar a véndelas, xa que ela sabia que ademáis tiña moitas ganas de emprender.
3. Dirías que, ademais do evidente, hai algunha filosofía ou elemento común á hora de elixir os produtos que ofreces na web ou na túa Tenda?
Os materiais que uso para os artigos artesáns son naturais, éticos ou sostibles, acorde a miña producción lenta e con moito mimo. Además ofrezo unha serie de productos importados de China, coma os accesorios de viaxe tipo pinciñas magnéticas ou os botes herméticos, pero que eu mesma testeo e son os que eu mesma uso nas miñas viaxes, polo que cumplen con tódalas expectativas.

4. O produto que a priori máis destaca son as acuarelas artesanais, que nos podes contar deste produto e que o que máis destaca fronte as acuarelas tradicionais?
O máis destacable é que só se usa pigmento e goma arábiga, polo que a pigmentación que teñen é moi saturada fronte as comerciais: as pastillas rinden moito máis, porque con pouco pigmento podes pintar superficies máis grandes e teñen moita saturación e cores máis vivas. Ademáis dos toques metalizados e neóns que non se atopan de maneira regular e que aportan un punto orixinal ás obras artísticas.
5. Realizas cadernos personalizados. Que tipo de traballos che gustaría que se realizase con eles se poideses escoller? Para quen están pensados?
Gustaríame encadernar proxectos creativos de todo tipo, pero sobre todo álbumes de fotos, polo que están pensados para todo tipo de público que lle gusten as cousas feitas a man e con cariño.
6. Valoras tamén ou realizaches nalgunha ocasión talleres en vivo?
Realizo talleres tanto de encadernación, para facer o teu propio caderniño igual que os fago eu, e tambén de elaboración artesanal de acuarelas, para que poidas facer as tuas propias cores en función da paleta que che guste ou que uses no teu traballo.
7. Tamén tedes unha tenda física, como xurdiu a idea de apostar por este espazo físico en Vigo?
Básicamente o meu apartamento é moi pequeniño e cando xa comecei a facer en cantidade non tiña espazo suficiente, xa que as bandexas onde secan largas semanas ocupan bastante sitio. Así que busquei un localiño pequeno e xurdiu esta oportunidade nunha das miñas rúas favoritas de Vigo, a Ronda de Don Bosco, nun barrio que está en pleno auxe artístico e con moito comercio local. Xa somos varios emprendementos deste tipo na mesma rúa: cerámica, escola de pintura xusto enfrente, bordado, tatuaxes, unha tenda de comics… Máis que tenda física, é o meu tallerciño onde teño un pequeno espazo tamén de exposición e venda con cita previa.
8. Como visualizas o teu Emprendemento en 5 anos?
A miña ilusión sería vivir en diferentes países do mundo facendo guías, libros ou caderniños de viaxe destes lugares, retratando a diversidade cultural. Mentras tanto, seguiréi compaxinando este proxecto co meu traballo habitual por conta allea ata que poida cumplir o meu soño 😊 Polo que nestes cinco anos espero convertirme nunha marca de referencia en acuarelas artesanáis coma outras marcas que admiro, ofrecendo produtos novos e permitíndome dar cada vez máis pasiños hacia a miña meta.
9. Que aprendizaxe destacades deste proceso de Emprendemento que poida ser útil para outros emprendedores na mesma viaxe creativa e artesanal?
Parece un dito ou unha frase feita, pero a verdade é os comezos non son nada fáciles: é moi difícil compaxinar dous traballos, hai que empregar moitas horas, sacrificar moitas cousas… Pero ver que o teu producto gusta, as palabras de gratitude de tódalas personas que coñecen o meu proxecto ou probaron os meus materiais, que o proxecto medra pouco a pouco… merece moito a pena; a nivel personal é moi gratificante.
10. E xa para rematar, por que non nos podemos perder o teu stand no Pont-Up Store 2025?
¡Ofrezo algo diferente para unha cidade artista coma Pontevedra!




Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!