Quen é Thania Moreira?
Asesora de beleza e apasionada da cosmética que axuda as mulleres a potenciala súa beleza natural a través do coidado da pel.
Que tipo de servizos ofrece o teu emprendemento?
Servizos dirixidos a equilibrar e mellorar o estado da pel, coa finalidade de fomentar a autoestima e reducir os niveis de estrés.
- Asesoramento a medida: deseño de rutina facial e programa de beleza + coaching (traballamos hábitos, técnicas sensoriais, exercicios prácticos para subir a autoestima…)
- Tratamentos en cabina de beleza e bienestar
- Talleres propios presenciais teórico-prácticos
- Charlas ou talleres en eventos
Como levas a cabo estes servizos?
En formato online ou presencial na zona de O Porriño, Vigo e alrededores. Gústame dedicarlle tempo a cada clienta para investigar en profundidade o seu caso, e así, poder ofrecerlle un servizo e atención personalizados durante todo o tempo que traballemos xuntas.
Que tipo de mulleres precisan os servizos de Thania Moreira?
- Mulleres coquetas as que lle preocupa a imaxen que transmiten e buscan mellorar algunhas imperfeccións como granos, exceso de grasa, manchas, sequedad… coa finalidade de conseguir unha pel máis bonita e equilibrada.
- Mulleres máis perezosas que non saben cómo comezar a coidar a pel. E síntense inseguras coas imperfeccións que teñen, e son incapaces de ver as súas virtudes.
- Mulleres curiosas que queren ter coñecementos sobre o coidado da pel, partindo dun nivel básico e poder polo en práctica mentres proban distintos tipos de cosmeticos e se divirten con outras compañeiras.
Ademáis dos teus servizos, na túa web tamén podemos atopar un eBook cunha estructura ben interesante. Pódesnos contar máis sobre él?
É unha guía dixital para aprender que é a pel, os factores dos que depende o seu estado, e saber porqué e para qué é tan importante coidala. De lectura lixeira e amena está enfocada a tódolos públicos sen necesidade de coñecementos previos na materia. Inclué un test para descubrir o tipo de pel e preséntanse dous rutinas de beleza (unha básica e outra máis completiña) para as que se animen a por en práctica o aprendido.
Como nace o teu proxecto? Por que decides emprender neste sector?
É un sector do cal sempre me sentín atraída e ao que dediquei profesionalmente 10 anos da miña vida a traballar por conta axea. De sempre gustoume a cosmética e compartir a miña pasión polos beneficios, sobre todo de prevención, que ten coidar a pel. Xa que non soemos velo así, pero coidar a pel é unha inversión en saúde. Tras unha época moi estresante, vivín nas miñas propias carnes como o dedicarme apenas tempo e o nivel de estrés, perxudicaba a miña pel, o cabelo e as uñas. Así foi como abrin un blog de estilo de vida e beleza no 2017 para contaxiar que priorizarse e dedicarse uns minutos diarios axúdannos a sentirnos mellor e máis saudables. De ahí en diante, fun afinando a idea ata tomar a decisión no 2019 de profesionalizar o blog e facer un rebranding.
Cóntanos máis sobre a triple A que marca a túa filosofía.
A idea do meu método parte dunha técnica milenaria xaponesa que se chama Kintsugi a cal recolle a filosofia Wabi Sabi . Esta técnica consiste en reparar as pezas de cerámica rotas con resina de ouro, plata ou platino. O resultado é unha peza única, chea de beleza, imperfección e alto valor. Se o traspasamos ao terreno persoal, podemos sacar a conclusión de que todos temos cicatrices, tanto psicolóxicas como físicas, e que contan e forman parte da nosa historia facéndonos únicos. Depende de nos, que esas fisuras (imperfeccións) nos convirtan en persoas resilientes e mais positivas. Polo tanto, a triple A é a suma de: aceptación (das imperfeccións que nos fan únicas) + amor propio (dedícamonos tempos porque nos queremos e iso nos fai que nos sintamos mellor) + actitude (vivindo dende unha mirada máis optimista e practicando a resilencia ) O resultado é unha mellora na autoestima da persoa.
En que punto se atopa agora o teu emprendemento? Cales son para ti os próximos pasos a seguir?
Fai poucos meses, decidín invertir nunha nova imaxen gráfica e un replantamento da carta de servizos. Agora estou establecendo novas colaboracións para conseguir que o proxecto alcance máis visibilidade e recoñecemento.
Para rematar, que poderemos atopar no stand de Thania Moreira no Pont-Up?
Ofrecerei un diagnóstico de pel gratuito, unha pequena práctica e material gráfico coas bases para comenzar a coidar a pel. E por suposto, estarei compartindo que é a beleza natural segundo a filosofía Wabi Sabi e todolos beneficios que ten coidarse a pel e dedicarse uns minutos cada día.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!