Antes de nada, que é Toxo Aventura e Natureza?
Ante todo, somos un grupo de persoas apaixonadas pola natureza e o deporte, sobre todo pola Orientación: un deporte minoritario que queremos facer chegar a todas aquelas persoas que o queiran practicar ou que aínda non o coñezan. Comezamos a nosa singladura neste proxecto a finais do ano 2018 e ofrecemos actividades deportivas relacionadas coa orientación e co medio natural.
Explicádenos un pouco mais sobre as vosas actividades. En qué lugares as levades a cabo?
Actualmente desenvolvemos actividades en toda a provincia, en calquera lugar que se preste para executala (tanto zonas urbanas como zonas de bosque). Exemplos tan variados como vilas (Redondela, Marín, Mondariz, A Guarda, Salvaterra, Lalín, O Grove, etc), pasando tamén por lugares tan emblemáticos como Monteferro.
Faládenos un pouco do deporte da orientación, que tipo de actividades ou entrenamentos podemos realizar con Toxo Aventura e Natureza?
As nosas actividades son sempre en contacto coa Natureza, de xeito individual ou en grupo. Diversión asegurada poñendo a proba a túa cabeza: o mapa e o compás serán os teus aliados para completar o percorrido no menor tempo posible.
Quen está detrás deste proxecto?
O equipo de Toxo Aventura e Natureza conformámolo 6 persoas, con ampla experiencia en múltiples facetas: organización de eventos, cartografía, topografía, deseño web, márketing online, xestión de redes sociais, creación de contidos, educación ambiental.
Como nace Toxo Aventura? Por que decidides emprender neste sector?
Toxo Aventura e Natureza nace cando vemos que existe unha forte demanda de actividades de este tipo, e apenas oferta. Como se trata dun deporte en auxe, decidimos ofrecer actividades variando continuamente as localizacións e tipos de probas.
Por que Toxo? De onde ven o nome do voso emprendemento?
Como tódalas decisións son consensuadas, despois de semanas de análise previa, chegamos á conclusión que o mellor nome que podíamos ter era ese: TOXO. Como persoas apaixonadas do deporte de Orientación, e particularmente en Galicia, temos que “disfrutar” case cada vez que saímos ao monte dunha das nosas plantas favoritas: o toxo. Poderíamos engadir que tamén forma parte da personalidade particular de moitas das persoas que formamos parte deste proxecto, pero non é así: somos un encanto!
En qué punto se atopa agora o voso proxecto?
En pleno auxe. Se ben é certo que como empresa estamos aínda comezando, nos avalan anos de experiencia no sector. Por iso, toda entidade ou grupo que confía en nós no desenvolvemento de actividades, tende a repetir. Polo tanto, a situación actual é de máxima expansión, agardando consolidarnos nos vindeiros anos como referente estatal.
Cales son para vos os próximos pasos a seguir?
Estamos traballando xa no calendario de actividades de 2020.
Seguimos mellorando na creación de imaxe de empresa, tanto na nosa propia, como na dos participantes nas nosas probas: merchandising, agasallos, etc.
Consolidarnos como entidade referente, tanto a nivel galego como estatal nos vindeiros anos.
Mellorar o grado de excelencia nas nosas actividades.
Que poderemos atopar no stand de Toxo no Pont-Up?
Atoparedes información sobre qué facemos, cándo, cómo e porqué!
Tamén existirán exemplos de actividades xa desenvoltas.
Teremos asímesmo un pequeno posto de merchandising: camisetas, chapas, imáns, e bragas para o pescozo.
E por último. Contádenos mais das actividades que estades preparando para o evento. Que podemos esperar? A quen vai dirixido?
•En primeiro lugar, celebraremos unha carreira de Orientación gratuita na tarde do sábado 21. As inscricións haberá que facelas previamente na nosa web (toxoaventura.com).
•Contaremos tamén cun pequeno circuito de Orientación (con horario amplo tanto venres como sábado), para que toda persoa que quera descubrir (ou repetir) este deporte, poda facelo. Transcorrirá pola cidade de Pontevedra.
•Tamén faremos unha modalidade en auxe: o microsprint. Outra actividade gratuita, na que os participantes farán unha carreira de orientación, nun espazo moi reducido, e con tempos de carreira moi curta. Esta actividade se desenvolverá na zona do Pont-Up, o venres 20 a partir das 17hs)
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!