Que son os Viveiros de Empresas?
Son unha estrutura de acollida temporal de empresas dirixida a encamiñalas nos seus primeiros pasos no mercado, prestarlles servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial e favorecer a colaboración entre elas.
A Deputación de Pontevedra puxo en marcha en 2016 os viveiros de empresa de Lalín e Barro coa finalidade de facilitar o desenvolvemento de iniciativas económicas de interese para a provincia nun contorno económico e empresarial complexo que demanda proxectos empresariais creativos, innovadores e sólidos.
Viveiro de Barro
16 naves
24 oficinas
3 espazos coworking
ESPAZOS DISPOÑIBLES
0 naves
9 oficinas
3 espazos coworking
Viveiro de Lalín
3 naves
5 oficinas
1 espazos coworking
ESPAZOS DISPOÑIBLES
1 nave
1 oficina
1 espazo coworking
A quen van destinados?
Naves e oficinas:
Autónomas e autónomos e empresas de nova ou recente creación (menos de 2 anos)
Posto espazo coworking:
Persoas emprendedoras que necesiten un espazo para analizar e preparar o seu proxecto de negocio
Servizos dos Viveiros de Empresas
- Locais privados equipados con mobiliario e dotados de infraestruturas de electricidade, climatización, comunicación e auga (pagamento segundo consumo)
- Recepción e control de accesos de 8 a 22 horas, administración, limpeza e mantemento de zonas comúns, aparcadoiro, seguridade e impresora/fotocopiadora
- Chave de acceso
- Uso de balde da sala de xuntanzas (previa solicitude)
- Asesoramento e formación: creación e xestión de empresas; internacionalización; xestión da calidade; medio ambiente e prevención de riscos laborais; proxectos e subvencións relacionados coa Unión Europea; e asesoría xurídica, fiscal e laboral
- Asesoramento sobre TIC e mellora da competitividade empresarial a través da Rede SmartPeme
- Programa de actividades: dinamización empresarial e fomento da cultura emprendedora
- Cesión de espazos a asociacións empresariais para actividades propias de carácter puntual
Contacto
Viveiro de Barro
- Teléfono: 886 217 310
- E-mail: viveiro.barro@depo.gal
Viveiro de Lalín
- Teléfono: 886 217 360
- E-mail: viveiro.lalin@depo.gal
ADL-Viveiros de empresas
- Teléfono: 686 540 897
- Correo-e: eliana.bouzas@depo.gal
Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra
- Teléfono: 986 804 100 (extensiones: 40265, 40267, 41277)
- Correo-e: marina.pineiro@depo.gal, ana.mateos@depo.gal, eugenio.marcote@depo.gal