Arranca a IV edición de EmprendeVGA, promovida polo Concello de Vilagarcia de Arousa e coordinada polo Coworking Dalle que Dalle. O obxetivo deste programa de emprendemento é preparar e motivar os emprendedores para que as suas ideas de negocio se convirtan en proxectos reais de éxito. Esta formación e mentorización está dirixida a todos os proxectos en fase de inicio, de desenvolvemento ou de transformación/renovación. Poñerase en valor os proxectos innovadores de produto ou servicio, que aporten valor engadido, que permitan a mellora da produtividade empresarial, creen emprego e a economía azul dos recursos autóctonos da comarca.
Cursos Profesionáis dende o 31 de Maio en Vilagarcía
As formacións comezarán o xoves 31 de maio, é levaranse a cabo todos os luns e xoves dende o 31 de maio ata o venres 20 de xullo. Nestes talleres traballaremos xuntos intensamente para que planifiques, organices e consigas levar esa idea ou proxecto a cabo. Seleccionaranse 15 proxectos para a súa mentorización e aceleración.
Como en edicións anteriores, os poñentes e mentores encargados de levar a cabo estes talleres son profesionais de recoñecido prestixio, con experiencia destacada nos ámbitos da organización de ideas, planificación de proxectos, ventas e marketing, comunicación, redes socias, etc.
Anímate, se queres emprender… dámosche as ferramentas que necesitas
Se sentes o cosquilleo do emprendemento, inscribe o teu proxecto e poderás formar parte dos proxectos que van ser mentorizados.
INSCRIBE O TEU PROXECTO AGORA!
Adicionalmente podes participar nalgunha das sesións de forma individual, por exemplo, xa tes o teu negocio en marcha pero queres asistir os talleres de comunicación ou de redes socias porque queres facer melloras nestas áreas, inscríbete.
Calquera consulta, non dubides en contactar o equipo organizador: Dalle que Dalle coworking, tel. 986.188.467 ou Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.