Prensa

LunSep16

A 6ª edición do encontro de emprendemento máis importante do país mostrará dentro dunha semana en Pontevedra o Impulso da Xente Valente que se lanza a emprender en Galicia. A organización presentou hoxe a programación que concentra en 3 días máis de 60 actividades repartidas por toda a cidade e unha carpa instalada na Praza de España, onde se presentarán 46 novos emprendementos. O ‘talent bussiness’ PUNTAZO EXPRÉS volverá ser un dos momentos máis interesantes do encontro.
 
Pontevedra, 12 de setembro de 2019.- Este mediodía presentouse en Pontevedra o programa oficial da 6ª edición desta cita que desembarcará en Pontevedra dentro dunha semana e que se consolida como o referente para mostrar o emprendemento galego. Serán tres intensos días de actividades, ideas de negocio, obradoiros, workshops, charlas inspiradoras e presentaciónns de novas iniciativas empresariais, que a organización presentou como a programación máis ambiciosa ata o momento. No acto participaron Gloria Blanco, concelleira de Promoción Económica de Pontevedra; Gregorio Luís Agís Gómez, deputado provincial da Deputación de Pontevedra; Jorge Soto, vicerreitor do Campus de Pontevedra; e Pedro Figueroa, director do PONT-UP STORE.
 
Gloria Blanco confirmou a relevancia do evento para a cidade de Pontevedra e dentro do programa resaltou o espazo dedicado á igualdade nesta edición. Pola súa parte, Gregorio Luís Agís asegurou que “o encontro ofrece instrumentos para potenciar o emprendemento e reforzar o tecido empresarial e as novas iniciativas en toda Galicia”. O vicerreitor Jorge Soto, en referencia á Universidade, asegurou que “somos parte dos procesos culturais e económicos da cidade e por iso apostamos por propostas como o Pont-Up Store que cada ano presenta propostas de máis calidade, congrega máis participantes e consegue maior compromiso por parte das institucións”.
 
Por último, Figueroa foi debullando un programa que volverá ter o seu epicentro na carpa situada na Praza de España o venres 20 e sábado 21 de setembro, onde será posible coñecer os 46 emprendementos con máis potencial de desenvolvemento entre un total de 168 candidaturas procedentes de toda Galicia, o que supón un incremento do 17% con respecto á anterior edición. Pedro Figueroa lembrou que “non foi tarefa fácil  para o comité organizador seleccionar as 46 empresas que van participar no encontro, e deixar atrás 122 candidaturas do total das 168 recibidas nesta edición; pero é síntoma do potencial de que ten Galicia e tamén do nivel que alcanzado polo evento, que se consolida progresivamente como o maior encontro do novo emprendemento en Galicia”. Destas 46 empresas seleccionadas, 34 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 14 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas, con propostas tan interesantes como demostracións de marketing olfativo, probas con vehículos eléctricos, sesións de formación científico-tecnolóxica para a rapazada, un taller de maxia, un obradoiro de panadería artesá e unha proposta práctica sobre como conseguir a difícil e sen embargo posible tarefa de reducir o noso consumo de residuos plásticos.
 
Galician Rural Lab
No marco da nova edición da feira, a emprendedora Alba Sotelo vai presentar unha experiencia de desenvolvemento rural orientada á formación audiovisual na que se inclúe a gravación dun programa de radio en directo durante o evento e un proxecto de podcast arredor de iniciativas de emprendemento. Ademais, no Espazo Fab Lab desenvolveranse obradoiros de stop motion para nenas e nenos de 1 a 12 anos; e unha charla educativa para pais, nais, titores e titoras, sobre o uso das tecnoloxías nas xeracións nativas dixitais.
 
No Espazo de Economía Social e Creativa vaise organizar unha cata de ideas arredor do proxecto Interrreg Va-Laces; un mural de co-creación baseado nunha economía con valores sociais e responsábeis; e unha xuntanza de empresas culturais e creativas que traballan desde fórmulas de emprendemento social. Tamén se convocarán, como cada ano, os encontros anuais de distintas entidades do ecosistema emprendedor como Espazocoop, A Redeira, AJE Galicia, Wordpress ou Mulleres Atlánticas.
 
Os desafíos do emprendemento e a dixitalización
As entidades pontevedresas AEMPE, AJE Pontevedra e Cámara de Comercio van organizar tamén, no marco do encontro, un almorzo de traballo sobre novos xeitos de crear unha empresa e, tamén, sobre as ferramentas tecnolóxicas que deben dominar as persoas que emprenden para garantir o éxito da súa iniciativa.
 
O almorzo Os novos camiños do emprendemento celebrarase o sábado 21 de setembro permitirá coñecer os novos desafíos do mercado a través dunha serie de pílulas informativas achegadas por Marcelo Toural (O marketing móbil que vén para quedarse) e Diana Fernández (A internacionalización das PEMES e micro-pemes como panca de crecemento).

Marcelo Toural (Krack Zapaterías) é o director executivo de Krack Co, un grupo galego que xestiona preto de 50 tendas de calzado das insignias Krack, Bross, Geox, Clarks e Pikolinos, e a tenda en liñakrackonline.com. Así mesmo, é socio fundador da firma de consultoría G3M Operational Consulting, especializada na mellora e optimización de operacións e vendas en empresas, e de tupsicologateescucha.es, unha web de atención psicolóxica domiciliaria.
Marcelo Toural, que ao longo da súa traxectoria profesional traballou en compañías multinacionais como Atos Consulting, Accenture e Roberto Verino, é enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo eexecutive-MBA polo Instituto de Empresa, Posgrao en Loxística pola Universidade de Vigo e o Centro Español de Loxística.

Pola súa banda, Diana Fernandez Soutullo, é experta en internacionalización de empresas e especialista en dereito das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), protección de datos e propiedade intelectual e industrial. Apaixonada pola internacionalización con éxito das empresas, nos últimos cinco anos implantou sociedades en máis de 30 países (Kenia, Kazahstan, Portugal, Dubai, Australia…). Amais, traballou para o sector público en materia de sanidade e para o sector privado no sector do turismo de saúde e do mundo dixital internacional. 
 
Puntazo Exprés
O formato ‘talent bussiness’ lanzado polo Pont-Up Store hai catro edicións, volverá celebrarse de novo na Casa das Campás con acceso aberto, permitindo que o público presencie as presentacións dos  10 emprendementos seleccionados, que terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu negocio a importantes executivas e executivos de grandes empresas e entidades galegas que lles darán un feedback inmediato sinalando eivas e fortalezas e achegando recomendacións, suxestións e consellos para mellorar cada emprendemento. As persoas expertas que formarán parte deste tribunal na presente edición serán Uxía Fontán Lago, social media e directora de inbound marketing en Roi Scroll; Carlos Suárez Rey, socio e director xeral de EDISA; Jessica Rey Gómez , responsable de marketing en Casa Grande de Xanceda; e Tomás Casquero Cimadevila, director xeral da biotecnolóxica galega Hifas da Terra.
 
Empredementos sostibles
Figueroa indicou tamén que este ano, destaca a cantidade de empresas de nova creación que plantexan solucións para reducir a pegada ecolóxica desde múltiples ambitos; e tamén as iniciativas para activar o rural galego. De feito case a metade das seleccionadas teñen a sostibilidade como liña central do seu negocio. Entre elas destacan Huella Menguante, unha tenda online de productos de uso diario orientados a reducir os residuos plásticos, productos reutilizables, biodegradables e de cercanía; Beflamboyant, fabricante de zapatillas veganas; eezon E3, fabrican scooters eléctricos de 3 rodas para moverse pola cidade; D- Raíz, unha marca de complementos de moda sostible manufacturados en Galicia; Estudio Avelaíña e Cetácea Studio fan deseño creativo sostible co obxectivo de “salvar o mundo”; A Factoría Atelier recuperan mobles e fan creacións artesanais de decoración e complementos a partir de materiais recuperados e sustentables; Meraki Ferments son os primeiros en elaborar Kombucha en Galicia; Somos Terra, ofrecen formación en sostibilidade e asesoramento en desenvolvemento sostible; Farrapos e contos, é un movemento ecolóxico, sostible, solidario e consciente creado a partir dunha marca de roupa conta contos; a cooperativa Catro Ventos, é unha editora que enfocada a publicacións de ecoloxía, consumo sustentable e economía social; Toxo Aventura e Rooteiro, ofrecen interesantes propostas de turismo sostible; e a cooperativa Triquels, que axuda a empresas e marcas con valores a mellorar a súa comunicación e sustentabilidade. Aínda dentro da sustentabilidade, é esperanzadora a cantidade de negocios lanzados desde o rural ou co obxectivo de actívalo. MycoGalicia Plantae, céntrase na xestión e valorización do recurso micolóxico dos montes galegos para o desenvolvemento rural; Tres Fuciños, é unha cooperativa de porcos celtas criados en liberdade nos nosos montes de castaños e carballos; e Galician Rural Lab, propón unha plataforma de empoderamento das parroquias do rural galego a través do método da fotografía e o vídeo participativo. Tamén ven do rural A3 Proyectos, dedicada á representación virtual de proxectos de Enxeñaría e Arquitectura. Outras propostas con base teconolóxica son Kidcode, pero neste caso cun proxecto de formación científico-tecnolóxica para rapaces, enfocado a axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades a través da tecnoloxía.  TICgal que dá soporte a unha aplicación opensource chamada GLPI; Nososono, un espazo online onde artistas, deseñadores emerxentes e artesáns expoñen, difunden e venden os seus produtos pensados e fabricados a man; Mundo Escénico, unha plataforma dixital creada co obxectivo de modernizar, democratizar e facer máis accesible o mundo das Artes Escénicas en Galicia; Koompany Growth Partner, unha consultora de crecemento, negocio dixital e marketing online; Revista Morcego, publicación dixital centrada exclusivamente en información sobre videoxogos en galego; Siente VR, unha productora de contidos inmersivos a través de fotografía e vídeo en 360º. 
 
Novas incorporacións ao equipo do Pont-Up Store
O encontro Pont-Up Store está liderado polo Campus Crea de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello local como patrocinador principal, e é froito da cooperación de case 40 entidades públicas e privadas que durante seis anos foron sumándose como patrocinadores ou colaboradores, co obxectivo común de converter Pontevedra na capital galega das mellores iniciativas empresariais. Este ano, súmanse a este equipo FINSA, Gadis, AEMPE e a Secretaría Xeral de Igualdade.

 

 

MarSep10

A organización seleccionou os 46 emprendementos con máis potencial de desenvolvemento entre un total de 168 candidaturas procedentes de toda Galicia, o que supón un incremento do 17% con respecto á anterior edición. Este ano, destaca a cantidade de empresas de nova creación que plantexan solucións para reducir a pegada ecolóxica desde múltiples ambitos; e tamén as iniciativas para activar o rural galego. A tecnoloxía e a comunicación son ferramentas que as nosas empresas saben usar cada vez máis e mellor; e aumenta tamén a escolla da fórmula cooperativa á hora de emprender. Esta edición confirma un mapa galego de emprendemento cada vez máis equilibrado entre as cidades e o rural, que achega un tercio do total das propostas.

Pontevedra, 23 de xullo de 2019.- O PONT-UP STORE chegará en outono a Pontevedra por sexto ano consecutivo, cunha representación de emprendementos procedentes de toda Galicia, escollidos en base ao seu potencial de desenvolvemento e orientados a modelos de negocio moi diversos nos que están representados todos os sectores. Non foi tarefa fácil  para o comité organizador seleccionar as 46 empresas que van participar no encontro, e deixar atrás 122 candidaturas do total das 168 recibidas nesta edición; pero é síntoma do potencial de que ten Galicia e tamén do nivel que alcanzado polo evento, que se consolida progresivamente como o maior encontro do novo emprendemento en Galicia.

 Destas 46 empresas seleccionadas, 34 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 14 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas, con propostas tan interesantes como demostracións de marketing olfativo, probas con vehículos eléctricos, sesións de formación científico-tecnolóxica para a rapazada, un taller de maxia, un obradoiro de panadería artesá e unha proposta práctica sobre como conseguir a difícil e sen embargo posible tarefa de reducir o noso consumo de residuos plásticos.

 Por último, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés, onde terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a importantes executivas e executivos de grandes empresas e entidades galegas: Uxía Fontán Lago, social media e directora de inbound marketing en Roi Scroll; Carlos Suárez Rey, socio e director xeral de EDISA; Jessica Rey Gómez , responsable de marketing en Casa Grande de Xanceda; e Tomás Casquero Cimadevila, director xeral da biotecnolóxica galega Hifas da Terra.

  O director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, explica que “nesta edición volvemos constatar un importante incremento na cantidade e calidade dos emprendementos que presentaron candidatura, tanto no seu carácter innovador como no potencial de desenvolvemento”. En canto á procedencia das candidaturas, Figueroa afirma que “o Pont-Up Store consolídase como o referente do novo emprendemento en Galicia con un tercio das candidaturas procedentes de fóra das sete grandes cidades galegas, o que é indicativo da boa saúde das dinámicas emprendedoras nas vilas e no rural galego”. O director do Pont-Up tamén destacou que nesta edición “sorprendeunos a gran cantidade de empresas orientadas a minimizar o impacto medioambiental desde diferentes ámbitos; de feito case a metade das seleccionadas teñen a sostibilidade como liña central do seu negocio” e engadiu que “tamén celebramos que continúe aumentando o número de proxectos que teñen como obxectivo activar o rural, non só con propostas vinculadas ao sector agroalimentario, senón tamén con propostas de base tecnolóxica”. Por último, destacou o número de emprendementos orientados ao sector da formación, seguidos polos de decoración e moda e os de turismo, ocio e saúde. Pedro Figueroa lamentou non poder acoller a máis emprendementos e explicou que “tras unha selección que procura o maior equilibrio posible entre os diferentes sectores e actividades, houbo proxectos de gran calidade que non puideron ser seleccionados finalmente debido ao límite de prazas dispoñibles, pero isto hai que velo como unha mostra da boa saúde e potencial que temos como país emprendedor”.

 Entre as empresas específicamente orientadas á sostibilidade destacan Huella Menguante, unha tenda online de productos de uso diario orientados a reducir os residuos plásticos, productos reutilizables, biodegradables e de cercanía; Beflamboyant, fabricante de zapatillas veganas; eezon E3, fabrican scooters eléctricos de 3 rodas para moverse pola cidade; D- Raíz, unha marca de complementos de moda sostible manufacturados en Galicia; Estudio Avelaíña e Cetácea Studio fan deseño creativo sostible co obxectivo de “salvar o mundo”; A Factoría Atelier recuperan mobles e fan creacións artesanais de decoración e complementos a partir de materiais recuperados e sustentables; Meraki Ferments son os primeiros en elaborar Kombucha en Galicia; Somos Terra, ofrecen formación en sostibilidade e asesoramento en desenvolvemento sostible; Farrapos e contos, é un movemento ecolóxico, sostible, solidario e consciente creado a partir dunha marca de roupa conta contos; a cooperativa Catro Ventos, é unha editora que enfocada a publicacións de ecoloxía, consumo sustentable e economía social; Toxo Aventura e Rooteiro, ofrecen interesantes propostas de turismo sostible; e a cooperativa Triquels, que axudamos a empresas e marcas con valores a mellorar a súa comunicación e sustentabilidade. Aínda dentro da sustentabilidade, é esperanzadora a cantidade de negocios lanzados desde o rural ou co obxectivo de actívalo. MycoGalicia Plantae, céntrase na xestión e valorización do recurso micolóxico dos montes galegos para o desenvolvemento rural; Tres Fuciños, é unha cooperativa de porcos celtas criados en liberdade nos nosos montes de castaños e carballos; e Galician Rural Lab, propón unha plataforma de empoderamento das parroquias do rural galego a través do método da fotografía e o vídeo participativo. Tamén ven do rural A3 Proyectos, dedicada á representación virtual de proxectos de Enxeñaría e Arquitectura. Outras propostas con base teconolóxica son Kidcode, pero neste caso cun proxecto de formación científico-tecnolóxica para rapaces, enfocado a axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades a través da tecnoloxía.  TICgal que dá soporte a unha aplicación opensource chamada GLPI; Nososono, un espazo online onde artistas, deseñadores emerxentes e artesáns expoñen, difunden e venden os seus produtos pensados e fabricados a man; Mundo Escénico, unha plataforma dixital creada co obxectivo de modernizar, democratizar e facer máis accesible o mundo das Artes Escénicas en Galicia; Koompany Growth Partner, unha consultora de crecemento, negocio dixital e marketing online; Revista Morcego, publicación dixital centrada exclusivamente en información sobre videoxogos en galego; Siente VR, unha productora de contidos inmersivos a través de fotografía e vídeo en 360º. 

 E como cada ano, tamén haberá espazo para curiosidades como a de Apelmatic, dedicada ao interesante e descoñecido mundo do marketing olfativo como ferramenta para conquistar público mediante os aromas, que ofrecerá os seus servizos durante o encontro.

 

Relación definitiva de participantes no Pont-Up Store 2019

MiéSep04

1. Que é Huella Menguante? Que tipo de produtos podemos atopar na vosa web?
Huella Menguante é un espacio web onde podes atopar ferramentas que che axudan a levar una vida máis sostible. Por un lado temos produtos imprescindibles na nosa vida diaria (productos de limpeza, cosmética, menaxe..) que che perminten reducir os residuos xenerados. Por outro lado podes atopar libros, recomendacións ou suxerencias persoais que poden ser una guía no teu camiño ó residuo cero.


2. Quen está detrás deste proxecto?

Detrás do proxecto está una nai de 40 anos que pretende que os seus fillos poidan vivir nun planeta parecido o que temos hoxe. A idea do modelo de negocio débese a necesidade de conciliar, a miña vida profesional co coidado e educación dos meus fillos. Eu son Inxeneiro Tecnico Forestal e este é o meu segundo proyecto como emprendedora, sempre no ámbito da sostenibilidade. 

 
3. Como curiosidade, poderiades contarnos que tipo de productos teñen máis éxito na vosa tenda?

Crean moita expectación productos descoñecidos como as noces de lavado (froito dunha árbore de orixe Nepalí que sen poracticamente transformación funciona como deterxente vexetal), bragas menstruales, que absorben o fluxo menstrual, sen necesidade de nada máis, cepillos de dentes de bambú. Pero o que máis se vende son productos sencillos como bolsas para a compra a granel, palliñas de acero inoxidable, botellas de acero inoxidable sen plástico, cosmética sólida e sen tóxicos.


4. Como é emprender de xeito online? Como levades a cabo o proceso de búsqueda de proveedores?

É un emprendemento que tarda en dar froitos e require moito traballo igual que calquera outro empredemento, ademáis esixe moitos coñecementos en ámbitos moi diferentes, posicionamento web, redes sociais, fotografía, ferramentas sixelas de edición de imaxe, marketing… A búsqueda de proveedores é una labor de investigación on e of line, porque cada produto ten una orixe dieferente, pero sen dúbida tamén é a parte mais intuitiva, máis interesante. Unha vez que atopamos un producto que satisface a demanda comeza un proceso de revisión das suas características:

  1. Calidade.
  2. Ingredientes ou materiais de que se compón.
  3. Condicións de fabricación (respeto ás persoas e o medioambiente).
  4. Cercanía.
  5. Certificacións.

A orde non sempre é así, xa que nos producto que non son de cercanía, as certificacións son as que nos aseguran que cumpren os requisitos, por iso no proceso de elección de productos o criterio máis valiosos é o sentido común, sen ninguna dúbida.

5. Por qué decidides apostar polo emprendemento sostible? Que vos motiva a emprender?

Non podería facer outra cousa e ser feliz á vez. Xa emprendín una vez de forma sostible (Tenda de artículos de bebé de 2ªman) e agora pensei que debería ir máis alá. O feito de que consumir de forma sostible sexa complicado e que o más
sencillo sexa usar e tirar sen criterio indígname bastante. Estou convencida de que outra forma de consumir é posible e sobre todo é moi sinxelo e moito máis económico.

6. Seguides un método de envío tamén sostible. Poderíades contarnos un pouco máis sobre el?

Está é una parte fundamental, cae de caixón que non emprego plástico nos envíos e ademáis reutilizamos caixas e recheos que proceden dos meus proveedores. Intento que os proveedores teñan esta política tamén e no caso de que non sexa así intento influencialos para que cambien na medida do posible. Ademais dispoño dun punto de recollida en Vilagarcía o que levo persoalmente os pedidos para que os envíos de cercanías non xeneren nigún residuo.

 

7. En que punto se atopa a vosa empresa? Cales son para vos os próximos pasos a seguir?

A miña empresa atopase nunha fase inicial con moitisimo por facer sobre todo no ámbito da miña formación en diferentes ferramentas que emprego a diario. Tamén teño moito por facer no ámbito do marketíng de confianza, que sen dúbida é o que as pequeñas empresas nos fai competitivos. O próximo paso é implementar a venta de productos con asesoramento na área da sostinibilidade, tanto dirixido a pequeña e mediana empresa como asociacións, eventos, entidades públicas…


8. Como coñecestedes o Pont-Up Store? Que vos levou a presentar unha candidatura para o evento?

Coñezo o evento porque asistín como público noutras ocasións. Levoume a presentar candidatura a miña necesidade de ter contacto co público e poder mostrar de forma activa as alternativas ós productos plásticos de usar e tirar. Que a xente poida coñecer de primeira mán productos como un cepillo de dentes de bambú una espoxa vexetal, as alternativas que nos aporta a cósmetica sólida, como se aplica. En definitiva mostrar outra forma de consumir.

9. Que poderemos atopar no stand de Huella Menguante?

O primeiro unha persoa disposta a explicar con moita pasión os productos que podes adquirir na web. E os productos do estand serán una mostra do que podes atopar na web: cosmética, limpieza, libros, menaxe do fogar…


10. Ademáis do stand, no Pont-Up Store 2019 tamén levaredes a cabo unha actividade. Podedes contarnos en qué consistirá? A quen vai dirixida?

A actividade cosiste na simulación dun anaco dos nosos areais mediante area depositada en recipientes (coa súa parte proporcional de plásticos), cribaremos esta area como fan os nenos na praia e intentarmos entre os participantes adiviñar cal é orixe dos pequenos plásticos (futuros microplasticos) que parte deles nos corresponde os consumidores. O público ideal serían nenos entre 4 e 9 anos acompañados preferiblemente de adultos interesados en coñecer a realidade que non se ve dos nosos areais. Xunto coa análise de plásticos farei una pequena explicación doutro contaminante dos nosos areais as cabichas.

MarJun05

 

Hoxe é o día Mundial do Medio Ambiente e parécenos unha boa ocasión para facer unha pequena recopilación dos proxectos sostibles do Pont Up Store.

Estamos xa inmersos na recepción de candidaturas para a 5ª edición do Pont Up Store e durante a organización desta nova edición caemos a menudo na nostalxia. 

Son xa 5 edicións de proxectos creativos, potentes, con futuro e sobre todo con moito #talentoemprendedor.

Acompañádesnos nunha pequena viaxe polo emprendemento sostible e por algúns dos proxectos sostibles do Pont-Up Store?

 

O emprendemento sostible

 

A sostibilidade é un valor en constante crecemento para o emprendemento e en xeral a nivel educativo na actualidade. Vivimos unha nova globalización tanto económica como financieira e os ritmos de vida non axudan a coidar un planeta cada vez máis deteriorado. 

A industrialización e os grandes modelos de fabricación influiron nas paisaxes e no clima de tal forma que comeza a xurdir unha nova conciencia de mellora na sociedade.Pequenos actos poden cambiar pouco a pouco a forma en que influimos en todo o que pasa na natureza, só temos que ser conscientes.

Por esta razón, cada vez son máis os movementos en prol de novas actitudes máis respetuosas co entorno. Esta concienciación cara a sostibilidade está influindo tamén no emprendemento. Cada vez son máis os proxectos de emprendedores que teñen como base unha idea sostible cun modelo económico que non teña consecuencias a nivel social e ambiental. A sostibilidade non se presenta so como valor positivo de cara ao entorno senón que aporta un valor diferencial a estes negocios, asociando os proxectos a unha maior calidade no producto e na súa forma de producir. 

Durante as cinco edicións do Pont Up Store, a sostenibilidade tivo o seu papel na moda, a arquitectura, o deseño, a enxeñería... Acompañádesnos a ver algúns destes proxectos?

 

O emprendemento sostible no Pont-Up Store.

 

Nutre en Bio

 

 

Nutre en Bio é unha cooperativa que ten como actividade principal o cultivo e comercialización de alimentos ecolóxicos, directamente da horta á mesa.
 
A asociación está formada por varios productores e productoras das comarcas do Baixo Miño, Condado e Paradanta.
 
Entre os seus productos destaca a posibilidade de obter unha cesta a domicilio, con produtos da horta segundo a temporada, escollidos no óptimo momento da súa produción e transportados nas condicións idóneas para que non perdan as súas propiedades naturais.
 
Queredes máis info? Podedes visitar o seu Facebook! 

 

Ingeniería Sincofa

 

En Sincofa son especialistas en todo tipo de proxectos de enxeñería. 

Entre os servizos destes emprendedores atópase o deseño de interiores, sistemas de iluminación, instalacións e obras sempre seguindo as bases da construcción sostible. A súa máxima é levar a eficiencia enerxética a calquera persoa e proxecto, adaptándose as necesidades de cada obra en particular. 

Ademais, de cara a maximizar a eficiencia enerxética de cada un dos seus proxectos, realizan tanto estudos de eficiencia como de evaluación de edificios, ademáis de aportar as certificacións pertinentes para que un edificio se axuste á normativa vixente en materias de eficiencia enerxética.

 

Queredes saber máis? Visitade a web!

 

María Ferreirós - 3ª Pel

A sostibilidade ten unha principal relevancia se falamos da rehabilitación de vivendas, pois contribúe a axustar a eficiencia de calquera edificio, sexa cal sexa a súa antigüidade.

No Pont-Up Store 2017, María ensinábanos diferentes materiais naturais cos que aislar e sacar o máximo partido aos nosos fogares. Resultábanos moi curioso como produtos como a lan que usaban as nosas avoas para facer almofadas pode funcionar como aislante e maximizar o aproveitamento de calor dunha habitación. 

Ademais, esta emprendedora enfócase a dar axuda técnica a promotores en materia de construción ecolóxica adaptada a Galicia, dende a compra do terreo á selección dos artesáns implicados na obra. 

Estades pensando en rehabilitar un proxecto? Seguro que María ten algunha idea!

 

Besherpa

Durmir nunha burbulla, ver lobos na fraga ou as estrelas no medio dun monte son so algúns dos plans de turismo sostibles que nos ofrecen estes rapaces.

O seu modelo de negocio está basado no turismo sostible, é dicir, en conseguir que as viaxes ofertadas na súa web teñan un impacto mínimo sobre o medio ambiente e maximicen o aproveitamento dos espazos naturais. 

Ademáis, tamén promoven o turismo ecolóxico, baseado nun profundo respeto cara ó medio natural e na preservación do ambiente a visitar. 

Queredes coñecer en profundidade ós rapaces de Be Sherpa? Aquí tedes a súa entrevista! 

 

 

SomosOcéano

SomosOcéano defínese como un proxecto de moda galega sostible. Dende a marca apostan por modelos sostibles tanto para a eleción dos produtos como para a venda e fabricación de cada unha das súas pezas.

Que por que moda sostible? Como nos contan na web, a utilización dun ou doutro produto para elaborar as prendas de roupa dunha marca pode condicionar en gran medida o impacto ambiental, xa que os pesticidas e insecticidas utilizados danan tanto o entorno de produción como a saúde dos propios produtores. 

En SomosOcéano gran parte das prendas son elaboradas con algodón orgánico. Este tipo de algodón basea a súa certificación na calidade dos cultivos, coidando a saúde dos terreos e os ciclos orgánicos de plantación e buscando relacións de calidade e respeto cos produtores, incluso de cara a prevención de riscos no desempeño do seu traballo. 

Queredes ver a súa entrevista hai agora un aniño? Click aquí!

 

 

A tenda da Gata

Por último, aquí está A Tenda Da Gata. Na súa tenda e as veces fora dela acompañada da súa Gatamóbil, Yolanda vende todo tipo de productos alimentarios sostibles da máis alta calidade.

Na Tenda Da Gata apostan polo consumo local e os produtos de proximidade. Os produtos de tempada priman na tenda para poder ofertar a máxima cálidade a as opcións son innumerables: leite, iogures, pizzas, conservas, aperitivos... teñen de todo!

Todos estes alimentos que se poden atopar nesta tenda son producidos baixo filosofías sostibles: Km0, Slowlife... a filosofía de Yolanda baséase nun profundo respeto molo medio natural e o respeto ao ecosistema e á natureza. 

Ademais, Yolanda oferta a cobertura de eventos cun catering sostible no que os produtos a degustar manteñen a filosofía de produción da tenda. Todos os caterings elaborados contan con produtos de produción local, eco ou artesanal e son frescos ou de tempada. Ademáis, para estas ocasións, Yolanda aposta por sinerxias con outros emprendedores para a decoración ou ambientación, potenciando as sinerxias entre emprendedores locais. 

 

 

 

E vos? Estades iniciando un proxecto de emprendemento sostible? Sodes uns emprendedores consolidados?

Queremos ver os vosos proxectos!

 

MiéMay30

Sétima Feira é unha iniciativa promovida dende a Área de Promoción Económica do Concello de Pontevedra.
A idea é revitalizar o mercado e a rúa Serra convertendo a zona nun escenario comercial e cultural onde convivan moda, gastronomía, música, artes plásticas e animación; achegando un espazo a aquelas propostas creativas da cidade que buscan dar a coñecer o seu traballo.
Sétima Feira ten lugar na planta superior do mercado de abastos de Pontevedra para a venda de produtos nos que se mesturan tradición e modernidade, asociados a valores como sostibilidade, estética, calidade, identidade e moi bo ambiente.
Sétima Feira celébrase o segundo sábado do mes en horario de 11 a 15 h.

+info. en http://promocion.pontevedra.gal/setima-feira/ e en https://es-es.facebook.com/setimafeira/

 

VieSep22

O Encontro de Emprendemento inaugurouse esta mañá con grandes novidades no espazo central, actividades en distintos puntos da cidade e un Laboratorio Creativo de Fabricación Dixital aberto a toda a cidadanía.

 

Esta mañá a carpa do Pont-Up Store volveu a instalarse na Praza de España da cidade de Pontevedra para converterse durante dous días no encontro de referencia de apoio ao emprendemento galego e divulgación da cultura emprendedora. Ao acto de ianuguración oficial asisitiron representantes das institucións, entidades e empresas que apoian o encontro nun exemplo de colaboración que en palabras do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ‘é a nosa responsabilidade, cooperar para axudar ás persoas que emprenden a innovar, a xerar emprego e riqueza económica’. O rexedor tamén afirmou que o Concello de Pontevedra está aberto á ampliación do evento para acoller tamén a emprendementos do resto do Estado e de Portugal. José Luis Ramírez de ABANCA comprometesse coe evento e anunciou que a entidade está a punto de lanzar novos produtos e servizos para dar resposta ás demandas do ecosistema emprendedor e conseguir que as ideas se transformen en empresas viables nun corto período de tempo. Nesta mesma liña falaron o Xerente de Alianzas Estratéxicas de R, Alberto Costas Ramos, que presentou un programa de apoio ao emprendemento dirixido á mocidade; e Guillermo Viña González, Xerente de IGAPE Nova, que anunciou un novo servizo de préstamos vinculados directamente a iniciativas emprendedoras a través da Lei de Fomento do Emprendemento. Dolores González Álvarez, Vicerreitora de Estudantes da Universidade de Vigo, afirmou que Pontevedra é estes días a vanguarda do emprendemento galego que se está comprovando que chega desde todos territórios, tanto rural como urbano, e desde calquera âmbito e sector empresarial; e quixo destacar o traballo realizado desde a preincubadora do programa INCUVI Emprende, de onde saíron empresas que xa teñen participado no Pont-Up Store e que continúan imparables a súa expansión como MONET VITICULTURA que esta tarde formará parte do selecto grupo de escoitantes do PUNTAZO EXPRÉS.

Pola súa parte o director do encontro, Pedro Figueroa, assegurou que ‘esta edición é un paso decisivo na consolidación do Pont-Up como espazo de emprendemento froito da cooperación de máis de 35 organizacións e entidades públicas e privadas, do traballo voluntario do profesorado, o alumnado e o persoal da Universidade de Vigo’. Figueroa resaltou que os 40 emprencdementos que van ter presenza no Pont-Up Store foron seleccionados entre 120 candidaturas chegadas de toda Galicia, e ‘dan unha mostra da creatividade e a innovación que existe no país e a constatación de que Galicia ten un futuro prometedor e moita ‘Xente que se atreve a soñar’ como reza o noso lema desta edición’. O director do encontro engadiu que xunto a este escaparate de empresas aorganziación programou máis de 40 actividades que ofrecen unha oportunidade para a formación e a aprendizaxe para as persoas emprendedoras actuais e potenciais, para profesionais, mocidade e familias que se queren aproximar ao mundo do emprendemento.

Neste sentido, a primeira xornada do encontro contou con visitas de distintos centro de ensino de secundaria da provincia de Pontevedra, como reflexo da alianza que nesta edición se intentou establecer co mundo do ensino para fomentar na xente nova o espíritu emprendedor. A actividade protagonista desta nova liña de traballo é Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade. Esta actividade enmárcase dentro do novo espazo de degustación na que tamén estarán as empresas PRECOALVI, coas súas croquetas gorumet, e BICO DE XEADO, transformando con moita creatividade un problema como o exceso de cota leiteira nun produto de valor engadido como é o xeado artesano procedente ademais dunha empresa de economía social, a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

Durante toda a xornada sucederanse actividades programadas pola organización e os colaboradores en distintos emprazamentos da cidade, e outras organizadas polos propios proxectos de emprendemento dentro da carpa do evento. Haberá tamén sesións orientadas a seguir unindo e aumentando a gran comunidade de persoas vinculadas ao emprendemento, creada ao longo destas catro edicións e que agrupa xa a máis de 200 participantes baixo o nome de MOVEMENTO UP.

Continúa tamén aberto o Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D que esta tarde presentará a solución impresa xenerada a partir do obradoiro ‘Fabricando Cidade’ que comezou o mércores; e acollerá o obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía dirixida a docentes e familias, e o taller de robótica Crea R cunha proposta de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que explicarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.

 

Puntazo Exprés
A actividade estrela deste venres será sén dúbida o Puntazo Exprés. A partir das 19 horas, no Museo de Pontevedra, 10 emprendementos terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

Actividades para mañá sábado
Seguindo coa idea de inculcar o espírito emprendedor desde idades moi temperás, o sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store. O mentoring, unha das novidades do programa, terá o seu espazo pola tarde. A Fundación Ronsel presentará no Liceo do Casino o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

O programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa contará mañá con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | 650579208

 

JueSep21

O encontro de emprendemento máis importante de Galicia inaugura mañá a súa cuarta edición

 

Trala xornada previa de hoxe con actividades repartidas por toda a cidade e o FAB LAB a pleno rendemento, o IV PONT-UP STORE abre mañá oficialmente a súa carpa aos mellores emprendementos galegos cun programa cualitativa e cuantitativamente moi superior ao das anteriores edicións, que o posiciona como a principal referencia para emprender en Galicia.

 

Mañá abrirá as súas portas a carpa instalada na Praza de España onde ademais de coñecer os 37 proxectos emprendedores seleccionados para ocupar os stands, o público poderá participar nas actividades de dinamización propostas polos emprendedores. Ás 11:30 está previsto o acto oficial de inauguración con representantes das administracións e os patrocinadores implicados, que realizarán unha visita ao recinto do Pont-Up Store para coñecer as propostas de emprendemento; e a continuación achegaranse a palpar o ambiente crativo do Fab Lab instalado na Facultade de Belas Artes.

Esta edición volve a consolidar a Pont-Up Stpre como o escaparate de emprendementos de referencia en Galicia. Esta vai ser unha edición diversa, innovadora, moi creativa e tamén sostible, cunha alta porcentaxe de propostas que buscan mellorar a vida das persoas desde distintos ámbitos (listado descritivo adxunto). Algunhas destas empresas ofrecerán tamén un programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas; un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais proposto por PLANO PEMENTA; e laboratorios dinámicos de creación cultural e artística de economía social cos que a REDE EUSUMO quere promover a arte a a cultura entre os nenos e nenas desde a perspectiva da economía social, unha abordaxe que tamén estará presente no Encontro Networking da Economía Social organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Primeira xornada a tope de actividade
Na programación destacan as propostas e a implicación de case 40 organizacións involucradas con actividades plantexadas en 12 localizacións diferentes da cidade e arredor de 100 expertos impartindo conferencias, xornadas e obradoiros. A xornada previa de hoxe serviu para quecer motores e recibir aos primeiros emprendedores como público de charlas e encontros en distintos espazos da cidade. A mañá comezou cun ‘Encontro Networking de Economía Social’ na Casa das Campás onde os emprendedores que traballan desde fórmulas como a cooperativa tiveron a oportunidade de manter charlas bis a bis con directivos de entidades como ABANCA ou os GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL PESQUEIRA. Entre outras conclusións, lanzouse a demanda de que a administración pública aplique os criterios da economía social nas súas compras, convocatorias e concursos de servizos. Ademais presentouse un directorio de economía social que está sendo elaborado desde o Concello de Pontevedra.

Tamén pola mañá, AJE Pontevedra impartiu na súa sede un ‘Seminario de Marketing dixital e Social Media’; mentres que a Cámara de Comercio plantexou durante a tarde dúas propostas: por un lado casos de éxito impulsados desde a propia Cámara para fomentar e apoiar o emprendemento; e por outra as ‘Oportunidades de financiamento para Emprendedores en Europa’ a través do programa ‘Erasmus para Emprendedores’ que permite a mobilidade e o intercambio de coñecementos con empresarios experimentados en Europa. A Deputación de Pontevedra, pola súa parte, ofrece formación sobre posicionamento SEO a través do obradoiro ‘imos chamar á porta dos teus clientes’, que se celebrou na Aula CEMIT do seu edificio administrativo. A xornada finalizou cun encontro de ‘Familias Creativas’ organizado polo Equipo Sequoia, que mensualmente promove reunión entre persoas en busca de emprego, emprendedoras ou con empresas, coa finalidade de crear rede, compartir coñecementos e intercambiar experiencias para evolucionar en grupo.

 

Actividades para mañá venres
Entre as actividades programadas para mañá, ABANCA propón a sesión de formación exprés ‘Preparado para o investimento? O que debes saber de finanzas para montar a túa empresa’. O mentoring será unha das novidades do programa. A Fundación Ronsel presentará o sábado o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

O Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D presentará a solución impresa xenerada a partir do obradoiro ‘Fabricando Cidade’ que comezou o mércores. Dentro das actividades que se desenvolverán mañá neste espazo o obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía e o taller de robótica Crea R cunha proposta de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que explicarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.

 

O emprendemento no ensino
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab). Os alumnos e alumnas proporán durante dous días unha oferta gastronómica con catro variedades de bocadillos de autor elaborados con produtos da horta do oroza e materias primas galegas de primeira calidade. Mañá venres ás 12:30 presentarán o proxecto na Facultade de Belas Artes apadriñados polo recoñecido foodtrucker Hermes Castro, toda unha isntitución no circuito profesional de comida saudable e gourmet coa súa foodtruck 'Hermes´Journey'.

 

Puntazo Exprés
A última hora da tarde (19-21) terá lugar no sexto edificio do Museo de Pontevedra, a actividade estrela da xornada: o Puntazo Exprés, onde 10 emprendementos terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | 650579208

 

LunSep18

Esta fin de semana o Pont-Up Store abre por primeira vez o seu espazo a iniciativas emprendedoras xurdidas no ámbito do ensino, co obxectivo de contribuír a espertar nos máis novos o espírito do emprendemento. O proxecto que abre esta liña de traballo é Pontevan, unha foodtruck de comida saudable ideada por alumnos de catro centros de FP de Pontevedra que presentará as súas propostas gastronómicas avalada polo recoñecido foodtrucker Hermes Castro, cociñeiro e propietario da prestixiosa foodtruck Hermes´Journey.

 

O proxecto PonteVan naceu do espíritu innovador de catro centros de ensino público de Pontevedra: CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo. Cada un deles fixo a súa aportación no ámbito da súa especialidade para levar a cabo esta proposta innovadora baseada fundamentalmente no concepto “learning by doing” (aprender facendo).

Un equipo multidisciplinar de 30 profesores e máis de 60 alumnos traballaron e traballan neste proxecto cuxo obxectivo é poñer un vehículo de comida na rúa. Realizouse o deseño integral dun vehículo que funcionará como aula móbil de cociña elaborando productos sans, naturais e que respecten cando sexa necesario alerxias e intolerancias alimentarias. Ofreceremos tamén un servizo de información a todos aqueles colexios e centros públicos que queiran participar da nosa proposta.

Neste proxecto colaboraron entidades públicas e privadas (Hedomin-Inelsa, FAGOR Industrial, CimaLab, Universidade de Vigo, Martínez Otero Contract SL e Galtex 2015), que ofreceron apoio técnico e asesoramento operativo, así como métodos de producción e medios que axudaron ao desenvolvemento das liñas básicas do proxecto. O CIFP A Xunqueira realizou a modificación integral a modo de “Food-truck” dun vehículo. O IES Montecelo realizou as labores de deseño exterior do vehículo e dos materias necesarios para o servizo de elaboracións (pratos, vasos, cartelería promocional,…). O CIFP Carlos Oroza e o IES Frei Martín Sarmiento traballaron en equipo para o estudio de elaboracións culinarias axeitadas a cada un dos casos concretos (actividades en colexios promocionando menús saúdables, oferta gastronómica específica para colectivos con algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria, menús que fomenten os productos tradicionais da comarca,…).

PonteVan estará presente na carpa principal de Pont Up Store os días 22 e 23 de setembro. O principal obxectivo desta participación é promover o emprendemento dende o punto de vista da FP, tendo presente a filosofía do proxecto e o espíritu de asociación de centros educativos públicos e entidades públicas e privadas. O alumnado terá unha oportunidade de facer un exercicio real de emprendemento testando as respostas con clientela real, con produto real e cun balance custo/beneficio real a través dun servizo de comida na rúa.

Desde as 11 da mañá ata as 9 da noite do venres e do sábado, o alumnado do CIFP Carlos Oroza proporá unha oferta gastronómica variada na PonteVan, con catro variedades de bocadillos de autor, ideados polos alumnos e elaborados con produtos da horta do Oroza e materias primas galegas de primeira calidade. O venres 22 ás 12.30 da mañá, no salón de actos da Facultade de Belas Artes, realizarase unha exposición do proxecto aberta ao público en xeral (emprendedores, alumnado, profesorado doutros centros, interesados,…) onde participarán representantes dos centros educativos promotores de PonteVan, e un foodtracker recoñecido no circuito profesional de comida saudable e gourmet como é Hermes Castro, cociñeiro e propietario da food truck Hermes´Journey.

 

VÍDEO PONTEVAN: https://www.youtube.com/watch?v=S9OELmoOpvA 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | 650579208

 

MarSep19

Un taller permanentemente aberto para que toda a cidadanía poda experimentar coa fabricación dixital; debates sobre a función dos fab labs e os usos da impresión 3D; actividades educativas para familia e docentes; robótica para mocidade; e obradoiros para repensar as nosas cidades, son algunas das propostas que estarán dispoñibles desde mañá mércores ata o sábado en Pontevedra.

 

O Fab Lab do Pont-Up Store inicia mañá a súa programación desde unha nova ubicación. Nesta edición estará instalado moi perto da carpa central do evento, en concreto, nas Salas de Exposicións da Facultade de Belas Artes e da Escola de Restauración, propoñendo exposicións, demostracións e sesións de iniciación á fabricación dixital de forma continuada durante os tres días.

 

Un laboratorio creativo para repensar a cidade
A actividade empezará a bulir mañá mesmo cun obradoiro de creatividade e fabricación dixital organizado por FabSpace Coop e Xeneme Proxectos Sociais, que nos propoñen un título tan suxerente como FABRICANDO CIDADE: analizar os problemas dunha urbe, collendo como exemplo Pontevedra, intentar definir solución innovadoras, deseñalas, facer un prototipado e fabricar eses prototipos con cortadoras e impresoras 3D. O obradoiro celebrarase o mércores e o xoves de 17 a 20 horas. O proceso, os resultados e as pezas fabricadas formarán parte dunha exposición que poderá visitarse o venres.

 

Ven a crear e fabricar, é un convite para que todas as persoas que sintan curiosidade polo mundo da fabricación dixital teñan a oportunidade de experimentar e atreverse a facer a súa propia creación. Haberá demostracións de elementos de construcción xeodésica, un mural de caras, un puzzle de Pontevedra, e construcción de gafas de VR (Realidade Virtual). Este espazo, organizado por FabSpace Coop, é de libre acceso e estará funcionando venres e sábado de 11 a 14:30 e de 16 a 21 horas. A partir desta experimentación tamén se propón un espazo de debate: a mesa redonda FABRICAR NA ERA DIXITAL servirá para falar dos Fab Labs como espazos comunitarios e de participación cidadá e afondar sobre todas as aplicacións, solucións e alternativas que ofrece a fabricación dixital en sectores como o textil, a restauración, a alimentación e o sector naval. Será o venres en horario de 19 a 20:30.

 

O obradoiro ‘Educación, Familia e Tecnoloxía’ organizado polo Camp Tecnolóxico vai dirixido a docentes e familia, dous ámbitos da sociedade diferentes, pero unidos por un mesmo fin: a educación das nosas mozas e mozos. O obxectivo deste obradoiro é realizar unha actividade conxunta relacionada coa robótica, sen coñecementos previos nestas materias, para fomentar as vocacións cinetíficas e tecnolóxicas en idades temperás desde o ámbito docente e a familia. Celebrarase o venres de 16:30 a 20 horas e poden acudir familias, docentes de primaria, e estudantes de maxisterio ou pedagoxía que queiran achegarse ao mundo da programación con scratch.

 

A empresa de telefonía R involúcrase este ano por primeira vez no Pont-Up Store co taller de robótica Crea R, un proxecto de emprendemento dirixido aos maís novos e realizado en colaboración coa empresa Líbolis, que se presentou no pont-Up Store hai dous anos. Os participantes terán que solucionar un reto proposto dunha maneira creativa e en equipo. O reto consite en construír unha canastra cun contador electrónico que marque os tantos. O obradoiro ten unha parte de programación e outra de construción dun prototipo. Será o sábado en horario de mañá para nenas e nenos de 7-8 e 9-11, e pola tarde para a franxa de idade de 12 a 15.

 

Emprende con Wordpress
Dentro da programación dixital e tecnolóxica tamén hai que destacar o encontro organizado pola Asociación WordPress Pontevedra os días 21 e 23 con diferentes obradoiros e casos de éxito para facer un achegamento intensivo á ferramenta WordPress, o popular xestor de contidos dispoñible en galego e empregado por máis de 60 millóns de blogs. Esta sesión de meetup serviralle a WordPress Pontevedra como evento de presentación e tamén para recordarnos as múltiples razóns do éxito da plataforma. Participarán tres destacados membros da comunidade WordPress, amosando a súas experiencias e diferentes recursos para tirarlle o máximo proveito, tanto no eido comunicativo como no profesional e no empresarial. Trátase de Mauricio Gelve, referente na comunidade española de WordPress e co-organizador de WordCamp Madrid, ademais de relator e desenvolvedor; Ibon Azkoitia, outro destacado membro da comunidade nacional e internacional, organizador do WordCamp Bilbao; e para rematar Lúa Louro, deseñadora e desenvolvedora de WordPress que desde O Ézaro lanzou a súa carreira logo de estudar Belas artes en Pontevedra grazas a WordPress.

 

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | 650579208

 

JueSep07

Máis de 40 empresas van presentar os seus modelos de negocio nesta cuarta edición do Pont-Up Store, que se consolida como o principal evento de emprendemento en Galicia. As novas tecnoloxías e as enxeñerías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da alimentación, a formación, a arte, a cultura e o deseño. No programa deste ano destacan as actividades relacionadas coa economía social, o fomento do emprendemento na escola, e a importancia do mentoring na primeira fase dun proxecto. Un Laboratorio Creativo aberto a toda a cidadanía permitirá a toda a familia achegarse á robótica e á fabricaión dixital; e o Puntazo Exprés volverá converterse nunha lanzadeira de proxectos propiciando encontros produtivos entre grandes empresas galegas e os emprendementos máis destacados desta edición.

 

A programación do PONT-UP STORE 2017 foi presentada esta mañá, na sala de prensa do Concello de Pontevedra, polo director do encontro, Pedro Figueroa; a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o responsable de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font; e o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, que vencellou este encontro á ‘liña de traballo que se está a seguir desde o Campus CREA para apoiar iniciativas creativas na cidade, conseguindo que cada vez o alumnado emprenda máis’. A concelleira Anabel Gulías destacou que “o Pont-Up Store está transformando a Pontevedra nunha cidade innovadora capaz de acoller os emprendementos mais punteiros de Galicia”. Pola súa parte, Carlos López Font, asegurou que en Galicia hai moito talento e este é un espazo de visibilización perfecto para testar novas ideas. A continuación, Pedro Figueroa debullou o programa, integrado por case 40 actividades enfocadas ao desenvolvemento da cultura emprendedora. Figueroa destacou o “só puidemos atender o 30% das solicitudes que nos chegaron e para a miña sorpresa o 33% dos proxectos proceden do rural e das vilas, e iso significa que podemos crer no futuro do noso país”.

 

Nesta edición a actividade volverá concentrarse en tres días: unha xornada previa o xoves 21 con charlas e encontros en distintos espazos da cidade; e dúas xornadas mais centradas na carpa que estará instalada na Praza de España o venres 23 e o sábado 24 de setembro, onde ademais de coñecer os 37 proxectos emprendedores seleccionados para ocupar os stands, o público poderá participar nas actividades de dinamización propostas polos emprendedores.
O escaparate de emprendementos de PONTÚP STORE 2017 vai ser diverso, innovador, moi creativo e tamén sostible, cunha alta porcentaxe de propostas que buscan mellorar a vida das persoas desde distintos ámbitos. Hai empresas como 7VARAS, que se dedican a facer bicicletas de bambú; outras como PAUS, que venden packs de pegatinas especiais para tapar as cámaras dos nosos dispositivos móbiles e protexernos dos ciberataques; e propostas para facilitarnos a vida como a app ‘Care your Car’ de DEGALTEC, que nos permite xestionar o montemento do noso vehículo desde o noso Smartphone; ou a plataforma SEND2ME de caixas de correo electrónicas que nos premiten recibir as nosas compras online aínda que non esteamos na casa. Tamén participará a empresa galega START-T-CASE, que vende a todo o mundo e que está revolucionando o mundo dos dispositivos móbiles con carcasas que ademais de recargar os nosos teléfonos aproveitando a luz solar ou a luz artificial son ao mesmo tempo fundas protectoras e poden pasar carga a outros dispositivos cun sinxelo conector. Ademais, Pont-Up Store reserva sempre parte do seu espazo a iniciativas empresariais que operan dentro da economía social. Nesta ocasión unha das presenzas máis destacadas é a da marca BICO DE XEADO, coa que a cooperativa Granxa O Cancelo foi capaz de transformar un problema como o da cota leiteira nun éxito de mercado ao empregar o excedente de leite na elaboración de xeados cremosos artesanais de alto valor engadido.

 

Algunhas destas empresas ofrecerán tamén un programa de actividades de dinamización no espazo central da carpa con propostas como unha innovadora sesión de bionetworking organizada por BIOFUSIÓNATE na que se emprengará a intuición e o xogo para obter información útil na nosa empresa; unha cata de cervexas artesá da marca MEIGA; un obradoiro de KIARE INNOVARTE FLORAL no que aprender a arte floral dos kokedamas; un achegamento en familia ao mundo do álbum ilustrado empregando as nosas vivencias persoais proposto por PLANO PEMENTA; e laboratorios dinámicos de creación cultural e artística de economía social cos que a REDE EUSUMO quere promover a arte a a cultura entre os nenos e nenas desde a perspectiva da economía social, unha abordaxe que tamén estará presente no Encontro Networking da Economía Social organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

Actividades en toda a cidade
Na programación destacan as propostas e a implicación de case 40 organizacións involucradas con actividades plantexadas en 12 localizacións diferentes da cidade e arredor de 100 expertos impartindo conferencias, xornadas e obradoiros. A Deputación de Pontevedra ofrecerá un obradoiro práctico para axudar ás persoas emprendedoras a posicionar o seu proxecto baixo a proposta ’Imos chamar á prota dos teus clientes: Posicionamento SEO’. Pola súa parte, ABANCA propón a sesión de formación exprés ‘Preparado para o investimento? O que debes saber de finanzas para montar a túa empresa’. As Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa presentarán os seus viveiros para persoas emprendedoras e unha serie de casos de éxito nas que teñen actuado como mentores.

Precisamente o mentoring será unha das novidades do programa. A Fundación Ronsel presentará o sábado o Proxecto Youth Business Spain mentres a Asociación Española de Mentoring (AMCES) propón a conferencia “Mentoring como clave do éxito no emprendemento” seguida dunha mesa redonda arredor da importancia de contar cun acompañamento profesional no proceso do emprendemento.

 

Un laboratorio creativo para repensar a cidade
O noso Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D amplía espazo, programación e alianzas. Será o primeiro en comezar a funcionar, desde o mércores 20, e estará ubicado nas Salas de Exposicións da Facultade de Belas Artes e da Escola de Restauración propoñendo exposicións, demostracións e sesións de iniciación á fabricación dixital de forma continuada durante os tres días. Dentro das actividades que se desenvolverán neste espazo destacan tres obradoiros: ‘Educación, Familia e Tecnoloxía’; “Pensando a túa cidade” orientado ao urbanismo; e o taller de robótica Crea R no que Líboli, un proxecto empresarial que se presentou hai dous anos no pont-Up Store, logrou implicar á empresa de telefonía R nun proxecto de emprendemento para os maís novos. Ademais, no marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (‘Meetup’) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de xente emprendedora que nos ensinarán como empregaron WordPress crear o seu negocio/proxecto.

 

O emprendemento no ensino
Unha das grandes apostas deste ano é establecer alianzas co ensino para levar ás aulas o espírito emnprendedor do PONT-UP e servir de escaparate para mostrar proxectos innovadores como Pontevan: FP na rúa, un aula de cociña móbil creada entre catro centros de ensino público de Pontevedra. (CIFP Carlos Oroza, CIFP A Xunqueira, IES Frei Martín Sarmiento e IES Montecelo e conta tamén coa colaboración da Universidade de Vigo-Quantum Automotive- CimaLab) que vai achegar a Formación Profesional á rúa e mostrar un proxecto co que o alumnado aprende a innovar, neste caso renovando o concepto de FoodTruck cun vehículo de comida san e de calidade. E seguindo coa idea de inculcar o espírito emprendedor desde idades moi temperás, o sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.

 

Puntazo Exprés
Por último, 10 emprendementos participarán no Puntazo Exprés no que terán a oportunidade de explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia; e Isabel Rodríguez Blanquer, directora de operacións da empresa especializada en produtos culturais para a infancia, El Faro de los Tres Mundos.

 

Saúdos.
Comunicación | Marián Fernández | Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. | 650579208

 

Página 1 de 2

DOSSIER DE
EMPRENDEDORES

2018


Versión pdf

 


MEMORIA
PONT-UP STORE

2018


Versión pdf







Volver