Blog

DomSet15

ESTUDIO AVELAÍÑA NO PONT-UP STORE 2019

Antes de nada, qué é Estudio Avelaiña?
Estudio Avelaíña é un estudio de deseño gráfico sostible, que xurde da fusión da miña profesión, co meu interese por coidar o medio ambiente.

Que tipo de deseños ofrece o teu emprendemento?
O meu emprendemento ofrece servizos de deseño gráfico multidisciplinar, tales como deseño de branding, deseño publicitario,deseño de packaging, deseño editorial..

E quen é Lucía? Quen está detrás deste proxecto
Lucía é unha deseñadora gráfica galega moi comprometida co medio ambiente, e que trata de vivir do xeito máis sostible posible, e por iso, precisamente, decide fundar un estudio de deseño gráfico sostible, e así poder axudar a outras marcas a ser máis ecofriendly a través dos seus deseños.
O seu enfoque do deseño é lúdico, inquisitivo e optimista, inspirado no amor, na natureza, nas cousas bonitas e nos lugarespeculiares.

Como realizas o proceso de deseño e creación dos teus proxectos?
O primeiro que fago cando teño un proxecto entre mans é analizar a súa vida útil e dependendo de isto propoño materíais para imprimilo. Unha vez temos claro o soporte sobre o que irá impreso comezamos co proceso de creación: Facer o moodboard, bocetos, revisións cos clientes... Ata chegar ao deseño final.

Fálanos un pouco do deseño sostible. Que características diferenciais aporta fronte o deseño e branding tradicionais?
A principal diferencia é que o primeiro que temos en conta para facer un deseño é o soporte sobre o que irá impreso o deseño (intentando escoller o materíais máis sostibles) e ademáis, tamén intentamos buscarlle unha utilidade máis aló, para que este non acabe no refugallo. (Por exemplo, unha tarxeta de visita impresa en papel reciclado, e en formato de punto de libro, para usalo como tal, e deste xeito darlle unha utilidade máis aló de que sexa unha simple tarxeta que despóis de guardar o contacto acabaría na papelera.)
Ademáis tamén teño en conta factores como o aforro de materíais e enerxía, intentar buscar proveedores e imprentas locáis...

Como nace a o teu proxecto? Por que decides emprender?
Levava moito tempo coa idea de montar un estudio de deseño gráfico, porque é o que máis me gusta facer e onde vivo eu non hai moitas posibilidades de traballo neste ámbito. Decidín que quería traballar dun xeito sostible, porque si fose doutro xeito iría completamente en contra dos meus principios.

Por que Avelaiña? De onde provén o nome do teu proxecto?
Cando comecéi co proceso de naming do estudio tiña moitos nomes na cabeza, Avelaíña entre eles. Escollino porque é unha palabra que me recorda a un momento moi bonito da miña vida.

En que punto se atopa agora o teu emprendemento? Cales son para ti os próximos pasos a seguir?
Pois realmente atópome nun punto bastante inicial, Estudio Avelaíña aínda non leva demasiado camiño percorrido. Pero a verdade é que estou contentísima pola boa acollida que está tendo o meu proxecto. Últimamente teño a axenda chea con proxectos interesántisimos de xente moi comprometida co medio ambiente, así que creo que o estudio vai por bo camiño.
En canto aos próximos pasos, teño moitas ideas na cabeza, pero que terán que esperar por agora, neste momento o que busco é consolidar un pouquiño o nome do meu estudio e darme a coñecer.

Como coñeceches o Pont-Up Store? Que esperas obter do teu paso polo evento?
Pois coñecino por unha rapaza coa que estou a traballar, que é de Pontevedra e pensóu que podería ser interesante para o meu proxecto. O que espero, coñecer a xente maravillosa con proxectos maravillosos, e poder dar a coñecer un pouquiño máis o meu traballo.

Para rematar, que poderemos atopar no stand de Estudio Avelaíña no Pont- Up?
Pois poderedes atoparme a min coa miña ferramenta de traballo inseparable: O meu ordenador. E ademáis estou a preparar unhas Tote-bags e unhas láminas impresas para poder ensinar o meu traballo de forma física.

Inicia sesión para enviar comentarios
Go to top