Blog

Elementos filtrados por fecha: Venres, 13 Setembro 2019
Venres, 13 Setembro 2019 16:12

EVENTS BY CRISF NO PONT-UP

 

Que é EventsbyCrisF? Que tipo de proxectos levas a cabo?
Son unha autónoma que me dedico á decoración de espazos en eventos, con papelería e detalles de invitados.

Que nos podes contar dos teus deseños? Que é o que os fai especiais e únicos?
Non teño un deseño marcado, sempre digo que me adapto aos gustos da persoa que confía en min. Si que todo o que fago caracterízase por ser moi detallista. Son especiais porque lle dedico moitas horas e agarimo, en canto a papelería primeiro debuxo ideas bosquexos, despois traballo no computador con eles, seguidamente lévoo a papel impreso e traballo a montaxe.
Se o deseño é de espazos tamén lle poño moitas horas, estudo o sitio, ocúpome de todo , gústame a harmonía e que todo faga conxunto para que o evento salga todo o bonito e perfecto que o cliente quere.

Como curiosidade, cal é o tipo de eventos polo de agora máis demandados para a túa empresa?
O que máis a papelería , tanto de comuñóns, como de vodas, festas de aniversarios , e de eventos máis demandados as festas de adultos que cada vez lles gusta mais celebrar as súas datas sinaladas, e os detalles para regalar aos invitados.

Cóntanos máis sobre Cris. Quen está detrás deste proxecto?
Unha nai emprendedora, que empezou coas festas primeiro as dos meus nenos e a miña familia, ata agora, os meus fillos son a miña prioridade e con moito esforzo tento compaxinar moitas cousas á vez, como dedicarme á miña familia e á miña paixón pola decoración e a papelería.

Poderías contarnos cal foi para ti o evento máis especial que decorache polo de agora?
Para min son todos especiais, e difícil quedarme con un, pois gozo moito realizando este tipo de cousas, entre eles a comuñón da miña filla que foi realmente preciosa e traballei moitísimo , pero mereceu a pena, algunha festa de aniversarios que saíron realmente ben, e eventos empresariais que foron todo un éxito.

Como nace EventsbyCrisF? Qué te leva a emprender neste sector?
Pois impulsada por amigos, familia e o meu gran apoio a miña parella que cren moito no meu traballo ,que tiña que dar o paso xa, que sei facer cousas moi bonitas e teño que ensinalas.

En que punto se atopa a túa empresa?Cales son para ti os próximos pasos a seguir?
De momento iniciando a aventura con valentía e ilusión, gustaríame poder montar un local que se adapte a min e que puidese crecer a empresa con máis xente e traballar moito.

Como coñeceches o Pont-Up Store? Que esperas atopar no evento?
Xa o coñecía doutras edicións de pasar por alí, e sempre me parecía que podía ser unha boa maneira de dar a coñecer á xente, que era un labor excepcional, e este ano unhas reposteiras incribles, ás cales lles estou moi agradecida, encárgolles cousas pois confío moito no seu traballo Bea e Alex de Mis Galletas y Otras Cosas, animáronme para enviar a candidatura.
Un punto para poder dar a coñecer os meus traballos e poder crecer. Coñecer tamén a xente nunha situación similar á miña.

Para rematar, que poderemos ver no teu stand no Pont-Up Store 2019?
 
Parte do meu traballo, como a papelería, decoración, detalles para convidados, información sobre talleres e eventos personalizados.

Publicado en Blogue
Go to top