Blog

Elementos filtrados por fecha: Domingo, 15 Setembro 2019
Domingo, 15 Setembro 2019 21:03

NATURAL SNACK LAB NO PONT-UP STORE 2019

Que é Fruitah? Fálanos un pouco do teu produto e do teu público.

Fruitah! é un snack saudable 100% natural realizado a partir de puré de froita deshidratado. O produto está pensado para tódala familia. Apto para veganos e sen gluten.

 

Que sabores ten Fruitah actualmente?.

O Pont-Up Store traemos MAZÁ E KIWI. Pero temos máis sabores como Pera e Xenxibre.

Estamos experimentando con novas mesturas tendo en conta tódala variedade de froitas e hortalizas existentes no mercado e por temporada, ademáis de traballar o produto local e de proximidade.

 

Que vantaxes cres que pode ofrecer Fruitah ante un snack tradicional?

Fruitah! é o sustituto dun snack tradicional, moitos deles altamente procesados,con azucres engadidos, colorantes , etc.

Fruitah! é o equivalente da froita naqueles momentos en que non é posible comela.

 

Como se fabrican os teus productos?

Guiámonos pola máxima de “menos é máis” Realizamos puré de froitas sen nengún tipo de engadidos, para posteriormente deshidratalo.

 

Como nace Natural Snack-Lab?.

Xurde polo interese na alimentación sá  e libre de azucres. E tamén pensando e como comer froita durante a realización de actividades ó aire libre.

 

En que punto se atopa agora  o produto e o teu emprendemento? Os consumidores teñen xa a posibilidade de adquirir Fruitah! nalgún punto de venta?

Utilizamos esta feira como promoción, para poñer nas vindeiras semáns o snack no mercado.

 

Como avanzou o produto e o teu emprendemento desde o teu paso polo Puntazo Exprés na edición anterior?

Houbo una evolución no produto, buscando que fose un snack máis crocante. Neste ano testamos o produto e fixemos a análise nutricional. E por último,  xa temos o rexistro sanitario. Todo listo para sair á venda!!!

 

Cales son para ti os próximos pasos a seguir?

Esta feira é unha presentación en sociedade e o seguinte paso é sair o mercado, e que goste…

 

Para rematar, que poderemos atopar no stand de Natural Snack-Lab no Pont-Up?

Agárdavos unha morea de  PICKS DE FRUITAH!, DE MAZÁ E KIWI, para que os probedes e logo me contedes que vos parecen…

 

 

 

Publicado en Blogue
Domingo, 15 Setembro 2019 20:44

REVISTA MORCEGO NO PONT-UP STORE 2019

Que é a Revista Morcego? Que tipo de contidos ofrecedes?

Revista Morcego é a única publicación en galego adicada en exclusiva aos videoxogos, a súa cobertura dun xeito profesional e xornalístico.

Ofertamos reportaxes, artigos de opinión, novas diarias, entrevistas... Contido escrito para ler na súa maioría, aínda que segundo a ocasión tamén existe certo contido audiovisual.

Por último, cada semana facemos un podcast tamén videoxogos. Nel repasamos a actualidade, conversamos, escoitamos, berramos... De todo un chisco.

Cales son os contidos de máis éxito entre os vosos lectores?

Os contidos nos que falamos do que se fai aquí, na nosa terra. Novas que por proximidade só nós podemos ofertar e que o resto de medios nacionais non chegan a traballar.

A creación do Museo do Videoxogo Galego, os eventos locais, as xuntanzas existentes, as asociacións adicadas ao videoxogo....

Quen está detrás deste proxecto? Como nace a Revista Morcego?

Revista Morcego é un proxecto impulsado por Carlos Pereiro, xornalista. El fai a inversión e redacta a maioría dos contidos que día a día saen en portada.

O seu obxectivo foi, e será, normalizar o uso do galego dentro da industria do videoxogo, un medio que está lonxe da nosa lingua, pero no que tamén pode vivir perfectamente. Perante a ausencia total de contidos nesta lingua desde hai anos, Carlos viuse na necesidade de querer facer algo, non agardar ou depender de ninguén, e deu o primeiro caso cara a recuperación dun espazo de videoxogos onde o galego sexa a lingua principal.

Por que apostar por un medio 100% dixital? Valorades a opción de realizar un número escrito?

Por que non? É evidente a crise do xornalismo en papel (Carlos coñécea ben ao pasar por redaccións deste tipo). A xente non meca xornais, non merca publicacións ou cústalle moitísimo facelo. Un debe entender onde está o público e o seu target.

Algo de Morcego en físico? Pode ser. A idea está sobre a mesa. É probábel que no 2020 si exista un número moi exclusivo e limitado que recompile os mellores artigos do ano. É só un pequeno soño.

Como curiosidade, que videoxogo ou videoxogos credes que están tendo un maior éxito en Galicia?

O videoxogo con maior éxito en Galicia? É difícil. Dubido que o público galego teña un gusto diferente nos videoxogos ao de.. Ponferrada ou Oviedo. Os videoxogos móvense por tendencias globais. Ben é certo que por exemplo, nos deportes electrónicos, temos unha moi boa comunidade de xente no Super Smash Bros.

En que punto se atopa agora o voso emprendemento? Cales son para vos os próximos pasos a seguir?

Agora mesmo iniciamos a nosa campaña de financiamento a través de Patron, unha plataforma dixital coa que os usuarios poden aportar unha cantidade X de cartos ao mes. É unha maneira de manter activo ao lector, que se involucre con nós de xeito directo. Comezou o 1 de setembro. Aos poucos, imos recrutando xente.

Como coñecestedes o Pont-Up Store? Que esperades obter do voso paso polo evento?

Son de Pontevedra e levo varios anos acudindo. É un escaparate fabuloso para coñecer proxectos pequenos e non tan pequenos, alternativos pode ser a palabra. Saber que se fai na nosa contorna é moi importante.

Queremos visibilidade. Que a xente que se achegue coñeza que ten unha alternativa de estar informada sobre videoxogos na súa lingua. Tanto el como a súa familia. Morcego é para todas as idades.

Para rematar, que poderemos atopar no stand de Revista Morcego no Pont-Up?

Información, conversa e un monitor cun par de consolas esperando ser usado por quen queira botar un vicio. Tamén verán a Charlie facendo novas en tempo real. Os medios de comunicación nunca descansan.

Publicado en Blogue
Domingo, 15 Setembro 2019 19:56

SIENTE VR NO PONT-UP STORE 2019

Que é SienteVR? Que tipo de experiencias ofrecedes?
Siente VR é un estudio creativo especializado en vídeo 360o 3D. Creamos experiencias impactantes para gafas de realidade virtual, onde o espectador síntese o verdadero protagonista.

Como é un cliente Siente VR?
O cliente de Siente VR busca chegar o seu cliente dunha forma inovadora e atrativa. Unha experiencia en realidad virtual sorprende e impacta de tal maneira que perdura na memoria do usuario .Estes servizos son demandados por diferentes sectores, institucións, museos, arqueoloxía, construción e industria.

Cales son os servizos que teñen máis éxito entre os vosos clientes?
Os que máis sorprenden as experiencias gravadas en 3 dimensións, ás tomas submarinas e as imaxes 360 aéreas con drons. E moi grato ver as persoas que proban unhas gafas VR por primeira vez.

Chámanos a atención a experiencia para grupos. Como funciona este servizo e a quen vai dirixido?
Normalmente unha usuario usa as gafas VR de forma individual perdendo o disfrute de facelo en grupo, como no cine. O servizo VR Cinema permite ter a varios usuarios vendo o mesmo contido de forma simultánea, comezando á reprodución de forma remota. É moi útil para stands en feiras, centro de visitantes ou museos.

Quen está detrás deste proxecto? Como nace SienteVR?
Detrás deste proxecto está Rubén Lázaro, Santiago Moral e Emiliano Cossini. Un conxunto de profesionais con amplia experiencia no sector audiovisual. Siente VR nace como un spin of da productora Vdevídeo. Comenzamos con servizos de visitas virtuais, grabación de vídeo 360o e na actualidade ofrecemos grabación en 3D en 8K.

Por que decididas emprender neste sector?
Son un apasionado do sector das novas tecnoloxías. Despois de de traballar máis de 13 anos en produtoras deciden montar a miña empresa para ofrecer servizos incorporando técnicas innovadoras como imaxe aérea con drones, fotogrametría e servizos en realiade virtual.
Na actualidade as grandes marcas están facendo unha gran inversión no deseño de visores de realidade virtual e as súas aplicacións. Empresas como a nosa son necesarias para crear os contidos.

En que punto se atopa agora a vosa empresa? Cales son para vos os próximos pasos a seguir?
Na actualidade estamos ofrecendo servizos a empresas galegas así como nacionais.

Os nosos pasos a seguir son crecer como empresa, en dimensión humana, así como asociarnos con outras empresas especializado en desenrolo de apps. O noso obxetivo é ofrecer unha mellor experiencia usuario na que a interactividade é clave.

Como coñecestedes o Pont-Up Store? Que esperades obter do voso paso polo evento?

A través das redes sociais. Coa nosa participación no evento esperamos obter unha maior visibilidade do noso proxecto é crear novas oportunidades de colaboracións con outras empresas.

Para rematar, que poderemos atopar no stand de SienteVR no Pont-Up?
No stand de SienteVR poderedes atopar gafas de realidade virtual nos que poderedes gozar dunha selección de experiencias únicas. Ademais dunha pantalla na que poderedes interactuar cunha proyección de vídeo 360o controlada coas mans.

Publicado en Blogue
Domingo, 15 Setembro 2019 19:43

ESTUDIO AVELAÍÑA NO PONT-UP STORE 2019

Antes de nada, qué é Estudio Avelaiña?
Estudio Avelaíña é un estudio de deseño gráfico sostible, que xurde da fusión da miña profesión, co meu interese por coidar o medio ambiente.

Que tipo de deseños ofrece o teu emprendemento?
O meu emprendemento ofrece servizos de deseño gráfico multidisciplinar, tales como deseño de branding, deseño publicitario,deseño de packaging, deseño editorial..

E quen é Lucía? Quen está detrás deste proxecto
Lucía é unha deseñadora gráfica galega moi comprometida co medio ambiente, e que trata de vivir do xeito máis sostible posible, e por iso, precisamente, decide fundar un estudio de deseño gráfico sostible, e así poder axudar a outras marcas a ser máis ecofriendly a través dos seus deseños.
O seu enfoque do deseño é lúdico, inquisitivo e optimista, inspirado no amor, na natureza, nas cousas bonitas e nos lugarespeculiares.

Como realizas o proceso de deseño e creación dos teus proxectos?
O primeiro que fago cando teño un proxecto entre mans é analizar a súa vida útil e dependendo de isto propoño materíais para imprimilo. Unha vez temos claro o soporte sobre o que irá impreso comezamos co proceso de creación: Facer o moodboard, bocetos, revisións cos clientes... Ata chegar ao deseño final.

Fálanos un pouco do deseño sostible. Que características diferenciais aporta fronte o deseño e branding tradicionais?
A principal diferencia é que o primeiro que temos en conta para facer un deseño é o soporte sobre o que irá impreso o deseño (intentando escoller o materíais máis sostibles) e ademáis, tamén intentamos buscarlle unha utilidade máis aló, para que este non acabe no refugallo. (Por exemplo, unha tarxeta de visita impresa en papel reciclado, e en formato de punto de libro, para usalo como tal, e deste xeito darlle unha utilidade máis aló de que sexa unha simple tarxeta que despóis de guardar o contacto acabaría na papelera.)
Ademáis tamén teño en conta factores como o aforro de materíais e enerxía, intentar buscar proveedores e imprentas locáis...

Como nace a o teu proxecto? Por que decides emprender?
Levava moito tempo coa idea de montar un estudio de deseño gráfico, porque é o que máis me gusta facer e onde vivo eu non hai moitas posibilidades de traballo neste ámbito. Decidín que quería traballar dun xeito sostible, porque si fose doutro xeito iría completamente en contra dos meus principios.

Por que Avelaiña? De onde provén o nome do teu proxecto?
Cando comecéi co proceso de naming do estudio tiña moitos nomes na cabeza, Avelaíña entre eles. Escollino porque é unha palabra que me recorda a un momento moi bonito da miña vida.

En que punto se atopa agora o teu emprendemento? Cales son para ti os próximos pasos a seguir?
Pois realmente atópome nun punto bastante inicial, Estudio Avelaíña aínda non leva demasiado camiño percorrido. Pero a verdade é que estou contentísima pola boa acollida que está tendo o meu proxecto. Últimamente teño a axenda chea con proxectos interesántisimos de xente moi comprometida co medio ambiente, así que creo que o estudio vai por bo camiño.
En canto aos próximos pasos, teño moitas ideas na cabeza, pero que terán que esperar por agora, neste momento o que busco é consolidar un pouquiño o nome do meu estudio e darme a coñecer.

Como coñeceches o Pont-Up Store? Que esperas obter do teu paso polo evento?
Pois coñecino por unha rapaza coa que estou a traballar, que é de Pontevedra e pensóu que podería ser interesante para o meu proxecto. O que espero, coñecer a xente maravillosa con proxectos maravillosos, e poder dar a coñecer un pouquiño máis o meu traballo.

Para rematar, que poderemos atopar no stand de Estudio Avelaíña no Pont- Up?
Pois poderedes atoparme a min coa miña ferramenta de traballo inseparable: O meu ordenador. E ademáis estou a preparar unhas Tote-bags e unhas láminas impresas para poder ensinar o meu traballo de forma física.

Publicado en Blogue
Domingo, 15 Setembro 2019 14:43

A FACTORÍA ATELIER NO PONT-UP STORE 2019

Antes de nada, que é A Factoría Atelier?

A factoría Atelier é un obradoiro artesán adicado á decoración slow.

Restauramos, transformamos e creamos a partir de materiais recuperados e naturais.

Damos nova vida a vellos trastos para convertilos en pezas únicas. Vendemos online a través da nosa web www.afactoriaatelier.com e ofrecemos os nosos servizos na provincia de Pontevedra.

Achegamos unha opción de consumo mais sustentable nos ámbitos da decoración e complementos, a través da escolla dos nosos materiais e os nosos procesos de producción.

 

Que tipo de produtos recuperades? Que os fai especiais?

Recuperamos todo tipo de productos e materiais susceptibles de ser tranformados en elementos útiles nos nosos fogares. Dende mobles ata madeiras de deriva, pasando por material de derribo, boias recuperadas nas praias ou cartón.

Utilizamos ademais outras materias primas naturais, como o coiro de curtido vexetal, ferro ou cemento para crear productos respetuosos e de coidado deseño.

Gústanos experimentar con diferentes materiais e explorar as posibilidades de tantos obxectos comúns que descartamos a diario.

Procuramos sempre materiais naturais, de calidade e sustentables, e creamos con eles decoración e complementos con moita personalidade e pensados para durar.

 

Quen está detrás deste proxecto?

A Factoría Atelier somos Xan Barcala e Sabela Fuentes.

Marroquineiro autodidacta que leva practicando a súa arte dende hai mais de 20 anos e restauradora con especialidade en arqueoloxía autoreciclada cara a decoración e mobiliario.

Ambos promotores contamos con de artesán.

 

Como levades a cabo o proceso de recuperación dos vosos mobles? 

O noso proceso de producción comeza na selección de pezas e materiais a recuperar. Pasa por unha etapa de deseño e creación de liñas de producto e finalmente pola producción artesán de todas e cada unha das nosas pezas.

Ata o momento, todo o que sae do noso obradoiro pasa polas nosas mans, pero gustaríanos continuar desenvolvendo productos slow e contar coa colaboración de outr@s artesáns.

 

Como nace A Factoría? Qué vos leva a emprender neste sector?

A Factoría Atelier nace do encontro de dous artesáns con inquedanzas comúns. Compartimos o gusto polo traballo creativo, por convertir as nosas paixóns nun modo de vida, e compartimos sobre todo, a necesidade de procurar a coherencia entre o que sentimos e o que facemos.

 

A vosa empresa ten unha filosofía ben marcada. As 4R. Podedesnos falar máis sobre ela?

A Factoría Atelier, é o noso pequeño intento de orientanos cara a unha existencia mais consciente, mais limpa e mais respetuosa. E con ela, queremos ofrecer a outros consumidores a mesma posibilidade.

Pensamos sinceramente que debemos frenar o ritmo. Debemos reflexionar e ser cada vez mais conscientes do poder que os consumidores temos de mudar as cousas.

Na filosofía das 4 r ́s, REducir, REparar, REutilizar, REciclar é moi importante a orde dos conceptos. Actualmente poñemos o foco na reciclaxe como a solución a tódolos males ambientais do planeta. En A Factoría Atelier, facemos fincapé en comezar dende o inicio, en reflexionar sobre o consumo desmesurado no que vivimos inmersos, e dende ahí ir aplicando cada un dos seguintes conceptos ás nosas propias vidas.

Animamos a reflexión e a reducción. Promovemos a recuperación, renovación e reutilización fronte ao consumo indiscrimonado de novos recursos.

 

En que punto se atopa a vosa empresa?Cales son para vos os próximos pasos a seguir?

A nosa empresa ten só 6 meses de vida como cooperativa de traballo asociado. Recentemente lanzamos a nosa tenda online e agora mesmo estamos dando os nosos primeiros pasos na promoción e achegamento do noso proxecto aos consumidores.

Estamos ao mesmo tempo desenvolvendo novas liñas de producto que completen a nosa oferta en decoración sustentable.

 

Por último, que poderemos atopar no voso stand no Pont-Up Store 2019?

Na nosa cita en Pontevedra levaremos unha mostra das nosas liñas actuais de producto. Mobles recuperados, iluminación sustentable, decoración e complementos slow.

 
 
 
Publicado en Blogue
Domingo, 15 Setembro 2019 11:42

MERYPUCH NO PONT-UP STORE 2019

  • Que é Mery Puch tocados e complementos?

É un pequeno atelier onde o que prima é a calidade, o produto e o trato personalizado, nun entorno cómodo e privado no que todo se fai a man.

Creo tocados para eventos, e complementos para o día a día tales coma colares, pendentes, pulseiras, diademas, coroas, caixas ou marcos con mensaxes, no meu universo o límite o pon a imaxinación.

 

Que nos podes contar das túas pezas? Que as fai especiais e únicas?

As pezas varían moito dependendo do gusto e as necesidades de cada clienta.
O primeiro que fago é escoitar cal é a idea da clienta para captar cales son os seus gustos e necesidades. De esta maneira podo asesorarlle mellor e crear ese produto que tiña na súa mente.
Algunhas veces atópome con casos nos que non teñen claro o que buscan pero coa miña experiencia oriéntolles e resúltalles moi doado decidirse.
A maioría das miñas pezas son personalizadas pero ademais disto o que as fai únicas é que están feitas a man o que implica tempo e amor polo meu traballo.
Cando se trata de pezas especiais como pode ser un tocado dunha noiva, madriña ou invitada, manteño unha comunicación directa coa clienta enviando imaxes do proceso de creación facéndoa así partícipe da elaboración.

 

Que tipo de complementos podemos atopar?

Os meus tocados engloban todo tipo de materiais dende a pluma, crin, flor preservada e o que máis me identifica que é a porcelana fría, unha materia prima que hai que traballar a man e moldear coma se se tratase de arxila.

 

Tes a opción de alugar as túas pezas?

Teño tocados de tódolos estilos e de tódolos prezos pero para aquelas clientas que queiran aforrar cartos e non renunciar a un bonito e elegante tocado tamén teño pezas dispoñibles para alugar dende 20€.
É unha opción moi práctica e con moi boa aceptación pois estas pezas o non ser de uso diario, poden pasar de moda, acaban ocupando espazo no armario e a iso engadese que as mulleres non somos moi amigas de repetir modelo nos diferentes eventos os que nos convidan.

 

Que  tipo de pezas desfrutas máis no proceso de creación?

A verdade e que o bo de facer pezas diferentes e que cada día traballo sobre algo novo e iso en si mesmo encántame.
Pero se teño que decantarme por un tipo de peza quizais elixiría os tocados de noiva pois son pezas especiais para un día moi importante e saber que o meu traballo vai ser foco de moitas miradas ese día é un reto e todo un orgullo.

É por iso que en pezas deste tipo manteño un contacto aínda maior coa clienta e vou enviando fotos do proceso de moldeado de flores, pintado e do montaxe para que todo vai tal e como ela o ten na mente.

 

Como nace Mery Puch tocados e complementos? ¿Que te leva a emprender neste sector?

Din que hai quen nace coa vena creativa, e este foi o meu caso. Comecei creando complementos para o meu entorno e na miña filosofía sempre estivo empregar elementos naturais, como son as pedras semi-preciosas (ágatas, xade, coral, turquesas...), porcelana, flores, coiro, seda, madeira... con eles creo colares, pendentes, pulseiras, diademas...

Tras cinco anos como Directora comercial dun espazo de eventos decidín que era o momento de traballar para min e enroleime na aventura de ser empresaria!
Aproveitei a miña experiencia nos eventos e combineino co que mais me gustaba facer, crear.

Pódese dicir que os tocados son a parte que quedou dos cinco anos traballando nos eventos e a outra parte de Mery Puch, os complementos é a que sempre tiven fervendo nos meus adentros.

 

 

En qué punto se atopa a tua empresa? Cales son para ti os seguintes pasos a seguir?

Este primeiro ano foi o de nacemento, agora Mery Puch vai tendo pouco a pouco recoñecemento de marca e cada vez son mais os clientes que entran pola porta tras unha recomendación dun cliente anterior o cal é moi satisfactorio.
O momento actual de Mery Puch é o de crecemento e o de darse a coñecer, necesito que a xente saiba da miña existencia e de como fago as cousas.

Para dar un empuxe teño previsto manter a publicidade na revista “La Boda de Nerea” asistir á feira “Vigo Bodas”, “Sí quero” así como a feira de artesanía de “Ponte Nadal” ou “Sétima Feira”.
Tamén vou seguir invertendo na miña formación e aprendendo técnicas novas o que considero algo fundamental.

 

Que canles usas para a venda?

A maior parte das miñas vendas son no espazo físico do meu atelier situado en Pontevedra na calle Benito Corbal no31 1oD, solo atender baixo cita pois gústame dar un trato moi persoal aínda que sempre que veñen e non estou con outro cliente atendo de bo grado.

Como non pode ser doutra maneira no mundo de hoxe en día, as redes sociais tamén son unha fonte importante de captación de clientes e de dar a coñecer o meu traballo, podedes atoparme nas mesmas como @merypuch.
A páxina web a teño en construcción pero espero poder ampliar o mercado tamén por este medio.

Coomo coñeceche o Pont-Up Store?, que esperas atopar no evento?

Faláronme moi ben deste evento o ano pasado na “Gira Coca-Cola” e non dubidei en intentar formar parte este ano.
Vou con moitas ganas de dar a coñecer o meu traballo e penso que vou ter unha boa acollida posto que estamos tan acostumados ó consumo en cadea que a xente volve a valorar que unha peza sexa feita e deseñada para ti, isto fai especial a peza e polo tanto á persoa que a merca.

Para rematar, que poderemos ver no teu stand no Pont-Up Store 2019?

No meu stand atoparedes una mostra representativa do meu traballo. A parte das pezas máis común que acostumo a facer, tamén terei pezas especiais que foron utilizadas en pasarela ou en shootings tales como tocados coas últimas tendencias, tiaras, pendentes ou pamelas

Publicado en Blogue
Go to top