Blog

Elementos filtrados por fecha: Mércores, 04 Setembro 2019
Mércores, 04 Setembro 2019 18:15

Huella Menguante

1. Que é Huella Menguante? Que tipo de produtos podemos atopar na vosa web?
Huella Menguante é un espacio web onde podes atopar ferramentas que che axudan a levar una vida máis sostible. Por un lado temos produtos imprescindibles na nosa vida diaria (productos de limpeza, cosmética, menaxe..) que che perminten reducir os residuos xenerados. Por outro lado podes atopar libros, recomendacións ou suxerencias persoais que poden ser una guía no teu camiño ó residuo cero.


2. Quen está detrás deste proxecto?

Detrás do proxecto está una nai de 40 anos que pretende que os seus fillos poidan vivir nun planeta parecido o que temos hoxe. A idea do modelo de negocio débese a necesidade de conciliar, a miña vida profesional co coidado e educación dos meus fillos. Eu son Inxeneiro Tecnico Forestal e este é o meu segundo proyecto como emprendedora, sempre no ámbito da sostenibilidade. 

 
3. Como curiosidade, poderiades contarnos que tipo de productos teñen máis éxito na vosa tenda?

Crean moita expectación productos descoñecidos como as noces de lavado (froito dunha árbore de orixe Nepalí que sen poracticamente transformación funciona como deterxente vexetal), bragas menstruales, que absorben o fluxo menstrual, sen necesidade de nada máis, cepillos de dentes de bambú. Pero o que máis se vende son productos sencillos como bolsas para a compra a granel, palliñas de acero inoxidable, botellas de acero inoxidable sen plástico, cosmética sólida e sen tóxicos.


4. Como é emprender de xeito online? Como levades a cabo o proceso de búsqueda de proveedores?

É un emprendemento que tarda en dar froitos e require moito traballo igual que calquera outro empredemento, ademáis esixe moitos coñecementos en ámbitos moi diferentes, posicionamento web, redes sociais, fotografía, ferramentas sixelas de edición de imaxe, marketing… A búsqueda de proveedores é una labor de investigación on e of line, porque cada produto ten una orixe dieferente, pero sen dúbida tamén é a parte mais intuitiva, máis interesante. Unha vez que atopamos un producto que satisface a demanda comeza un proceso de revisión das suas características:

  1. Calidade.
  2. Ingredientes ou materiais de que se compón.
  3. Condicións de fabricación (respeto ás persoas e o medioambiente).
  4. Cercanía.
  5. Certificacións.

A orde non sempre é así, xa que nos producto que non son de cercanía, as certificacións son as que nos aseguran que cumpren os requisitos, por iso no proceso de elección de productos o criterio máis valiosos é o sentido común, sen ninguna dúbida.

5. Por qué decidides apostar polo emprendemento sostible? Que vos motiva a emprender?

Non podería facer outra cousa e ser feliz á vez. Xa emprendín una vez de forma sostible (Tenda de artículos de bebé de 2ªman) e agora pensei que debería ir máis alá. O feito de que consumir de forma sostible sexa complicado e que o más
sencillo sexa usar e tirar sen criterio indígname bastante. Estou convencida de que outra forma de consumir é posible e sobre todo é moi sinxelo e moito máis económico.

6. Seguides un método de envío tamén sostible. Poderíades contarnos un pouco máis sobre el?

Está é una parte fundamental, cae de caixón que non emprego plástico nos envíos e ademáis reutilizamos caixas e recheos que proceden dos meus proveedores. Intento que os proveedores teñan esta política tamén e no caso de que non sexa así intento influencialos para que cambien na medida do posible. Ademais dispoño dun punto de recollida en Vilagarcía o que levo persoalmente os pedidos para que os envíos de cercanías non xeneren nigún residuo.

 

7. En que punto se atopa a vosa empresa? Cales son para vos os próximos pasos a seguir?

A miña empresa atopase nunha fase inicial con moitisimo por facer sobre todo no ámbito da miña formación en diferentes ferramentas que emprego a diario. Tamén teño moito por facer no ámbito do marketíng de confianza, que sen dúbida é o que as pequeñas empresas nos fai competitivos. O próximo paso é implementar a venta de productos con asesoramento na área da sostinibilidade, tanto dirixido a pequeña e mediana empresa como asociacións, eventos, entidades públicas…


8. Como coñecestedes o Pont-Up Store? Que vos levou a presentar unha candidatura para o evento?

Coñezo o evento porque asistín como público noutras ocasións. Levoume a presentar candidatura a miña necesidade de ter contacto co público e poder mostrar de forma activa as alternativas ós productos plásticos de usar e tirar. Que a xente poida coñecer de primeira mán productos como un cepillo de dentes de bambú una espoxa vexetal, as alternativas que nos aporta a cósmetica sólida, como se aplica. En definitiva mostrar outra forma de consumir.

9. Que poderemos atopar no stand de Huella Menguante?

O primeiro unha persoa disposta a explicar con moita pasión os productos que podes adquirir na web. E os productos do estand serán una mostra do que podes atopar na web: cosmética, limpieza, libros, menaxe do fogar…


10. Ademáis do stand, no Pont-Up Store 2019 tamén levaredes a cabo unha actividade. Podedes contarnos en qué consistirá? A quen vai dirixida?

A actividade cosiste na simulación dun anaco dos nosos areais mediante area depositada en recipientes (coa súa parte proporcional de plásticos), cribaremos esta area como fan os nenos na praia e intentarmos entre os participantes adiviñar cal é orixe dos pequenos plásticos (futuros microplasticos) que parte deles nos corresponde os consumidores. O público ideal serían nenos entre 4 e 9 anos acompañados preferiblemente de adultos interesados en coñecer a realidade que non se ve dos nosos areais. Xunto coa análise de plásticos farei una pequena explicación doutro contaminante dos nosos areais as cabichas.

Publicado en Blogue
Mércores, 04 Setembro 2019 17:08

MycoGalicia Plantae

Que é MycoGalicia Plantae? Que tipo de servizos realizades?

MycoGalicia Plantae é unha EBT da Universidade de Vigo dedicada a pór en valor as propiedades dos fungos en diversas liñas: investigación, asesoría, formación e divulgación.

Algúns dos servizos que se engloban dentro destas liñas son a identificación taxonómica e a fotografía microscópica de fungos macromicetos, a mellora da produción micolóxica en monte e en nave, a tramitación e posta en marcha de coutos micolóxicos, a formación sobre identificación e cultivo de cogomelos e a creación de diferentes materiais didácticos e divulgativos sobre o mundo dos fungos (aplicacións web, libros e xogos).

 

Contádenos un pouco máis sobre os vosos produtos e a quen van dirixidos.

Os nosos servizos de asesoría e investigación van dirixidos cara as comunidades de montes ou agrupacións de propietarios forestais interesados en mellorar o recurso micolóxico dos seus montes.

Toda a nosa formación ten como destinatario un público xeral con interese en aprender un pouco máis sobre o mundo dos fungos e os cogomelos.

Os nosos produtos máis recentes van dirixidos cara o público máis novo, posto que consideramos que nas súas mans está o futuro da biodiversidade do noso planeta. Por esta razón, deseñamos unha serie de 4 libros de colorear “A miña primeira guía micolóxica” que lles permitirá coñecer diferentes especies de cogomelos dos montes galegos, así como especies domesticadas e empregadas polo ser humano ao longo da historia. Complementaria a esta guía foi creada unha baralla de cartas de parellas coas que toda a familia poderá aprender os nomes de cogomelos comúns nos nosos montes e a súa morfoloxía.

 libros mycogalicia

No Pont-Up Store presentarédesnos, ademais, unha aplicación de recoñecemento de cogomelos. Podédesnos falar máis sobre ela?

No último ano, estivemos a traballar na posta en marcha dunha aplicación que axuda na identificación de cogomelos con fins didácticos. A aplicación ten por base unha clave dicotómica deseñada pola Dra. Marisa Castro, directora do Laboratorio de Micoloxía da Uvigo. Nesta clave vánsenos presentando de dúas en dúas diferentes características que pode ter o cogomelo que estamos a identificar, e sinalando as características que presente poderemos chegar a ter unha idea máis ou menos exacta da especie que é.

Ademais da clave, a aplicación inclúe un glosario e unha sección coas especies de fungos incluídas na aplicación.

 

Quen está detrás deste proxecto?

Este proxecto estase a levar a cabo sobre un anterior creado hai anos por un biólogo que traballou xunto ao Laboratorio de Micoloxía. Unindo esforzos entre este colaborador e os membros de MycoGalicia Plantae conseguimos unha clave máis completa, con moitas máis especies e moito máis visual de cara ao usuario.

 

Vemos que o voso emprendemento ten unha filosofía e unha misión ben marcadas. Podedes contarnos un pouco máis sobre elas?

O noso principal obxectivo é que da man do incrible reino dos fungos, moitas veces esquecido, a xente poida redescubrir a biodiversidade dos nosos montes. Os fungos, a pesares de que non nos deamos de conta, atópanse na base da cadea alimentaria, reciclando todos os materiais para que poidan ser empregados novamente. Tamén, moitas veces por ter sido organismos esquecidos, hai moitas das súas incribles propiedades que non se están a aproveitar e outras que nin sequera foron descubertas. Por iso, a nosa misión é dar a coñecer estes fantásticos organismos e descubrir que máis cousas poden axudarnos a mellorar no noso día a día.

Precisamente, como sabemos que isto non é algo doado, centramos parte dos nosos esforzos en que os máis cativos teñan acceso a coñecementos sobre o reino dos fungos dende a infancia, de xeito que aprendan mentres se divirten.

 

Como nace MycoGalicia Plantae?

MycoGalicia Plantae naceu tras o paso de dúas biólogas e dous biólogos polo programa INCUVI-Emprende da Universidade de Vigo cunha das ideas gañadoras da V edición no ano 2016.

Tras conseguir un ano de formación para pulir a idea orixinal do noso proxecto, decidimos lanzarnos a crear a nosa propia empresa, para poder dedicarnos ao mundo da Micoloxía coa colaboración da directora do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo, Marisa Castro.

 

Que vos leva a emprender no sector da micoloxía? Credes que o proceso resulta diferente a emprender noutro sector?

A idea inicial partiu dun Traballo Fin de Grao sobre catalogación de especies de fungos nun monte galego feito por un dos membros do equipo no seu último ano de carreira. A raíz diso, pensamos que era un sector no que non se estaba a traballar moito pero que tiña moito potencial.

Á hora de falar de emprender, cada sector probablemente terá os seus puntos clave e as súas complexidades, mais coidamos que a nivel básico o proceso é semellante en calquera ámbito: ter unha idea, comprobar se é viable e, de selo, decidir se un está disposto a apostar por ela. E, sobre todo, sempre é preciso moito traballo e esforzo independentemente do sector, sen dúbida.

 

En que punto se atopa a vosa empresa? Cales son para vos os próximos pasos a seguir?

Nos primeiros anos centrámonos moito na parte da formación e divulgación en Micoloxía posto que é unha área que axuda moito a darse a coñecer e facer contactos con diferentes persoas e entidades e tamén comezamos diversos traballos de asesoría forestal micolóxica.

Os nosos próximos pasos pretenden potenciar esta parte de asesoría e rematar de consolidar a parte de investigación baseada en micoloxía podendo participar en diferentes proxectos de catalogación de especies ou na análise de diversos compoñentes dos fungos.

 

Que poderemos atopar no stand de MycoGalicia Plantae no Pont-Up Store 2019?

No stand de MycoGalicia poderedes atopar os 4 libros coloreables da serie “A miña primeira guía micolóxica”, as barallas de cartas “O xogo dos cogomelos”, panfletos explicativos sobre o sector forestal en Galicia, normativa básica para o apañador de cogomelos e guías de uso da aplicación de identificación de cogomelos.

Ademais, a maiores levaremos algúns materiais con deseños exclusivos feitos por nós baseados na micoloxía, como camisetas e bolsas de tela.

 

Ademais dun stand, tamén levaredes a cabo una actividade, podedes contarnos máis sobre ela? Cal é o voso público?

A actividade que levaremos a cabo consiste na explicación do proceso de montaxe dunha paca produtora de cogomelos. Así, dun xeito visual poderemos mostrar o papel que teñen os fungos na natureza, que é precisamente do que nos servimos para domesticalos e producir algunhas especies de cogomelos todo o ano.

Calquera que queira aprender un pouco máis sobre o mundo dos fungos será benvido!

Publicado en Blogue
Mércores, 04 Setembro 2019 15:30

Thania Moreira

Quen é Thania Moreira?  

Asesora de beleza e apasionada da cosmética que axuda as mulleres a potenciala  súa beleza natural a través do coidado da pel.   

Que tipo de servizos ofrece o teu emprendemento?  

Servizos dirixidos a equilibrar e mellorar o estado da pel, coa finalidade de fomentar  a autoestima e reducir os niveis de estrés.   

  1. Asesoramento a medida: deseño de rutina facial e programa de beleza +  coaching (traballamos hábitos, técnicas sensoriais, exercicios prácticos para  subir a autoestima…) 
  2. Tratamentos en cabina de beleza e bienestar 
  3. Talleres propios presenciais teórico-prácticos 
  4. Charlas ou talleres en eventos   

Como levas a cabo estes servizos?  

En formato online ou presencial na zona de O Porriño, Vigo e alrededores. Gústame  dedicarlle tempo a cada clienta para investigar en profundidade o seu caso, e así,  poder ofrecerlle un servizo e atención personalizados durante todo o tempo que  traballemos xuntas.    

Que tipo de mulleres precisan os servizos de Thania Moreira?  

  • Mulleres coquetas as que lle preocupa a imaxen que transmiten e buscan  mellorar algunhas imperfeccións como granos, exceso de grasa, manchas,  sequedad… coa finalidade de conseguir unha pel máis bonita e equilibrada.  
  • Mulleres máis perezosas que non saben cómo comezar a coidar a pel. E  síntense inseguras coas imperfeccións que teñen, e son incapaces de ver as  súas virtudes.   
  • Mulleres curiosas que queren ter coñecementos sobre o coidado da pel,  partindo dun nivel básico e poder polo en práctica mentres proban distintos  tipos de cosmeticos e se divirten con outras compañeiras.   

Ademáis dos teus servizos, na túa web tamén podemos atopar un eBook   cunha estructura ben interesante. Pódesnos contar máis sobre él?  

É unha guía dixital para aprender que é a pel,  os factores dos que depende o seu  estado, e saber porqué e para qué é tan importante coidala.  De lectura lixeira e  amena está enfocada a tódolos públicos sen necesidade de coñecementos previos  na materia. Inclué un test para descubrir o tipo de pel e preséntanse dous rutinas de  beleza (unha básica e outra máis completiña) para as que se animen a por en  práctica o aprendido.       

Como nace o teu proxecto? Por que decides emprender neste sector?  

É un sector do cal sempre me sentín atraída e ao que dediquei profesionalmente 10  anos da miña vida a traballar por conta axea. De sempre gustoume a cosmética e  compartir a miña pasión polos beneficios, sobre todo de prevención, que ten coidar  a pel. Xa que non soemos velo así, pero coidar a pel  é unha inversión en saúde.  Tras unha época moi estresante, vivín nas miñas propias carnes como o dedicarme  apenas tempo e o nivel de estrés, perxudicaba  a miña pel, o cabelo e as uñas. Así foi  como abrin un blog de estilo de vida e beleza no 2017 para contaxiar que priorizarse  e dedicarse uns minutos diarios axúdannos a sentirnos mellor e máis saudables. De  ahí en diante, fun afinando a idea ata tomar a decisión no 2019 de profesionalizar o  blog e facer un rebranding.   

Cóntanos máis sobre a triple A que marca a túa filosofía.  

A idea do meu método parte dunha técnica milenaria xaponesa que se chama  Kintsugi a cal recolle a filosofia Wabi Sabi .  Esta técnica consiste en reparar as pezas  de cerámica rotas con resina de ouro, plata ou platino. O resultado é unha peza  única, chea de beleza, imperfección e alto valor. Se o traspasamos ao terreno  persoal, podemos sacar a conclusión de que todos temos cicatrices, tanto  psicolóxicas como físicas, e que contan e forman parte da nosa historia facéndonos  únicos. Depende de nos, que esas fisuras (imperfeccións) nos convirtan en persoas  resilientes e mais positivas.   Polo tanto, a triple A é a suma de: aceptación (das imperfeccións que nos fan únicas)  + amor propio (dedícamonos tempos porque nos queremos e iso nos fai que nos  sintamos mellor)  + actitude (vivindo dende unha mirada máis optimista e  practicando a resilencia ) O resultado é unha mellora na autoestima da persoa.   

En que punto se atopa agora o teu emprendemento? Cales son para ti os   próximos pasos a seguir?  

Fai poucos meses, decidín invertir nunha nova imaxen gráfica e un replantamento da  carta de servizos. Agora estou establecendo novas colaboracións  para conseguir  que o proxecto alcance máis visibilidade e recoñecemento.   

Para rematar, que poderemos atopar no stand de Thania Moreira no Pont-Up?  

Ofrecerei un diagnóstico de pel gratuito, unha pequena práctica e material gráfico  coas bases para comenzar a coidar a pel. E por suposto, estarei compartindo que é a  beleza natural  segundo a filosofía Wabi Sabi  e todolos  beneficios que ten coidarse  a pel e dedicarse uns minutos cada día. 

 

Publicado en Blogue
Go to top