Blog

VenMai27

Constitúe un erro habitual entre os emprendedores centrar a súa visión no lado da oferta e asumir que, se aínda non existe un servizo ou un produto, atópanse ante unha oportunidade de negocio. O certo é que se non hai unha demanda real, por moi innovador e bo que sexa o produto ou servizo, estes estarán condenados ao fracaso. Hai que investigar o mercado, principalmente a demanda, a competencia e o comportamento do consumidor para definir mellor as ventaxes competitivas e desenvolver estratexias de comercialización e distribución máis axeitadas.

Por outra parte, os emprendedores ao iniciar un proxecto, teñen a oportunidade de definir o seu negocio no ámbito da RSE. A Responsabilidade Social proporcionaralles unha visión estratéxica, engadirá valor, mellorará a imaxe da empresa ante a sociedade, achegará clientes e facilitará a captación de financiamento máis fiable.

É certo que, neste momento, a creación dunha empresa supón xa en si mesma unha acción de responsabilidade social pero se ademais ese negocio nace respondendo ás preocupacións sociais e medioambientais da sociedad actual, e é capaz de trasladalo á súa cadea de valor, as garantías de éxito serán moi superiores.

Ana Dopico Parada

Go to top