Blog

MarXul23

Dende a Organización do Pont Up Store 2019 queremos facer pública a listaxe completa de participantes nas 3 modalidades de participación - Stand, actividades demostrativas e Puntazo Exprés.

Expresar unha vez máis o noso agradecemento a todos os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura  pola gran acollida que tivo esta quinta edición (168 solicitudes procedentes de toda Galicia) así como felicitalos pola gran calidade dos seus proxectos.

Podes consultar máis información no pdf de emprendementos seleccionados.

 

Modalidade Stand




1

Información e Organización

www.pontupstore.com

19

 

Aida Alonso
✂ Papel • Ilustración • Proxectos artísticos
http://www.aidalonso.es/

2

Siente VR
Productora de contidos inmersivos a través de fotografía e vídeo en 360º.  Creamos experiencias para sector creativo, inmobiliario, turístico, museos e instituciones.
http://sientevr.com

20

 

Rooteiro
Turismo slow en Galicia, todo tipo de rutas poñendo en valor o patrimonio cultural, natural, gastronómico ou mariñeiro dende unha persepctiva responsable e sostible.
www.rooteiro.com

3

Stand institucional. Información e Organización

21

 

Oytto
Venda online de calzado de muller orientado á moda coa particularidade de ser centrarse en números pequenos e grandes, a pesar de ter tamaños comúns.
www.oytto.com

4

 

Mery Puch Tocados y Complementos
Tocados e detalles persoalizados traballando sempre con elementos naturais
www.merypuch.es

22

 

Etudio Avelaíña
Estudio Avelaíña é un estudio de diseño gráfico sostible
www.estudioavelaina.es

5

 

TRES FUCIÑOS SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA
Cooperativa de porco celta criados en liberdade nos nosos montes de castaños e carballos. Empregamos os medios naturais locais e os saberes tradicionais na crianza do cerdo autóctono e na elaboración dos seus derivados
www.tresfucinos.gal

23

 

Magia en la Manga
Espectáculos de magia de calidad para cualquier evento
www.magiaenlamanga.com

6  

North West of Spain
Empresa de inmersión lingüística e ocio. Traemos extranxeiros xóvenes (e non tan xóvenes) a Galicia y levamos galegos ao extranxeiro, para aprender inglés e crecer cunha experiencia a medida.
www.northwestofspain.com

24

 

Kidcode
Proxecto de formación científico-tecnolóxica para rapaces. Enfocado en axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades a través da tecnoloxía.
www.kidcode.es

7

 

Mundaya
Bolsos e accesorios feitos a man para a muller de hoxe, con materiais de gran calidade, pensados para a unha vida funcional
https://mundaya.com/

25

 

NorPromenade
Paisaxismo, deseño de xardins Horizontais e Verticais e Desenvolvemento de plans para a protección do Patrimonio Natural
www.norpromenade.com

8

 

D-RAÍZ
Marca de complementos de moda sostible manufacturados en Galicia
www.d-raiz.com

26

 

BEFLAMBOYANT BRAND SL
Zapatillas veganas, sostenibles e unisex
www.beflamboyant.com

9

 

IRIA PROL STUDIO
Proxetos de ilustración, pintura mural creativa e deseño gráfico para empresas e particulares.
www.iriaprol.com

27

 

NATURAL SNACK LAB LU
Snacks deshidratados a partires de purés de frutas 100% naturais, sen colorantes, conservantes nin azucres engadidos. O seu nome Fruitah!
www.fruitah.es

10

 

Revista Morcego
Páxina / revista dixital que publica exclusivamente información sobre videoxogos en galego
www.revistamorcego.com

28

 

MERAKI FERMENTS
Alimentos e bebidas con cualidades probioticas. Os primeros en elaborar Kombucha en Galicia.
www.merakiferments.com

11

 

Estudo Bonobo
Estudo Bonobo é unha escola de artes e á vez, é moito máis que iso. Empresa de servizos socioculturais, selo discográfico, produtora audiovisual,.... cun enfoque de impacto social integrador
http://estudobonobo.com/

29

 

PERDONA BONITA CREATIVE
Bixutería artesanal feita a man
http://www.perdonabonita.es

12

 

Amásame Bakery Lab
Obrador de panadería especializado no bo pan feito de forma artesá, nun espacio de traballo aberto ao público e cun espazo de degustación
https://es-es.facebook.com/AmasameBakery/

30

 

MycoGalicia Plantae
Empresa centrada na xestión e valorización do recurso micolóxico dos montes galegos para o desenvolvemento rural
https://www.mycogalicia.es/

13

 

Events by Cris Fernández
Decoracion coidada, detallista,papelería personalizada,detalles para vodas e eventos, con dedicación, esforzo e cariño
https://www.instagram.com/eventsbycrisf/

31

 

Eezon e3 (VMS Automotive)
Vehículo eléctrico de tres rodas (scooter) con estética urbana, lixeira e accesible que invita a tomar os seus mandos e moverse pola cidade sen ningunha atadura nin dificultade. Nace como spin-out do grupo industrial Marsan, referencia no sector da automoción..
www.eezon.net

14

 

A3 Proyectos
Representación virtual de proxectos de Enxeñaría e Arquitectura
www.atresproyectos.com

32

 

Volvemos a Primera, producciones audiovisuales
Produtora de vídeo especializada en ficción, documental, video en internet, Youtube, campañas de vídeo e vídeo corporativo.

Traballa realización "live streaming" low cost en colaboración con Cedosce Audiovisual.

https://volvemosaprimeraproducciones.com/

15

 

Thania Moreira
Axudo a mulleres a priorizarse, coidarse e practicar o amor propio a través do coidado da pel. Asesoramento estético personalizado.
www.thaniamoreira.com

33

 

Toxo Aventura e Natureza
Achegan o deporte da orientación a todo o mundo. Ofrecen probas deportivas que mesturan habilidade, actividade física e contacto coa natureza a partes iguais e para toda a familia.
www.toxoaventura.com

16

 

Amarelas S. Coop. Galega
Proxecto socio-edu-eco-ludo-turístico heteroxéneo e dual que desenvolve actividades de turismo e ocio en Galicia
www.amarelas.es

34

 

A FACTORÍA ATELIER
Obradoiro adicado á recuperación de mobles e á creación artesanal de decoración e complementos a partir de materiais recuperados e sustentables
www.afactoriaatelier.com

17

 

CETÁCEA Estudio
Estudio de diseño creativo sostenible con un proyecto vital: ¡Salvar el mundo!
https://www.instagram.com/cetaceaestudio/

35

 

Catro Ventos Editora Soc. Coop. Gal.
Editora adicada á publicación de obras dos eidos da economía social, a ecoloxía, o consumo sustentable e a educación e crianza alternativa.
http://catroventos.gal

18

 

TXOKOSURF WEAR
Roupa surfera
www.txokosurfwear.com

36

 

Huella Menguante
Tenda online de productos de uso diario orientados a reducir os residuos plásticos, productos reutilizables, biodegradables e de cercanía
www.huellamenguante.com


Actividades Demostrativas

Acastrexa

Obradoiro sostible de conservas vexetais
WWW.ACASTREXA.WIXSITE.COM/ACASTREXA 

Alpematic Experiencias Olfativas Marketing olfativo, aromaterapia e aromatización de malos olores
alpematic.com
eezon E3 (VMS Automotive) Vehículo eléctrico de tres rodas (scooter) con  estética urbana, lixeira e accesible que invita a tomar os seus mandos e moverse pola cudade sen ningunha atadura nin dificultade
https://eezon.net/
Galician Rural Lab Plataforma de empoderamento das parroquias do rural galego a través do método da fotografía e vídeo participativo
www.galicianruralab.com 
Volvemos a primera producciones audiovisuales

Producción audiovisual e live streaming especialmente adicada a proxectos de ficción, documental e corporativo
https://volvemosaprimeraproducciones.com/ 

Toxo Aventura e Natureza

Achegan o deporte da orientación a todo o mundo. Ofrecen probas deportivas que mesturan habilidade, actividade física e contacto coa natureza a partes iguais e para toda a familia.
https://toxoaventura.com/

Magia en la manga

Espectáculos de maxia de calidade para calquer evento
http://www.magiaenlamanga.com/

Kidcode

Proxecto de formación científico-tecnolóxica para rapaces. Enfocado en axudarlles a identificar os seus talentos e habilidades a través da tecnoloxía.
https://www.kidcode.es/

Huella Menguante

Tenda online de productos de uso diario orientados a reducir os residuos plásticos, productos reutilizables, biodegradables e de cercanía
www.huellamenguante.com 

Mycogalicia Plantae

Empresa centrada na xestión e valorización do recurso micolóxico dos montes galegos para o desenvolvemento rural 
https://www.mycogalicia.es/ 

Amásame Bakery lab

Obrador de panadería especializado no bo pan feito de forma artesá, nun espacio de traballo aberto ao público e cun espazo de degustación
https://es-es.facebook.com/AmasameBakery/ 

Amarelas S. Coop. Galega

Proxecto socio-edu-eco-ludo-turístico heteroxéneo e dual que desenvolve actividades de turismo e ocio en Galicia
www.amarelas.es 

Koompany | Growth Partner

Consultora de crecemento, negocio dixital e marketing online.
koompany.com 

Urban Culture Factory "Factoría de Cultura Urbana #Skatepark Indoor no Centro de #Pontevedra
https://www.instagram.com/urbanculturefactory/  

 

Puntazo Exprés

 

eezon E3 (VMS Automotive)

Vehículo eléctrico de tres rodas (scooter) con  estética urbana, lixeira e accesible que invita a tomar os seus mandos e moverse pola cudade sen ningunha atadura nin dificultade
https://eezon.net/

A3 Proyectos

Representación virtual de proxectos de Enxeñaría e Arquitectura
http://www.atresproyectos.com/

Estudo Bonobo

Estudo Bonobo é unha escola de artes e á vez, é moito máis que iso. Empresa de servizos socioculturais, selo discográfico, produtora audiovisual,.... cun enfoque de impacto social integrador
http://estudobonobo.com/

TRES FUCIÑOS SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA

Cooperativa de porco celta criados en liberdade nos nosos montes de castaños e carballos. Empregamos os medios naturais locais e os saberes tradicionais na crianza do cerdo autóctono e na elaboración dos seus derivados
https://tresfucinos.gal/es/

Farrapos e contos

Farrapos e contos é un movemento ecológico, sostible, solidario e inconsciente creado a partir dunha marca de roupa conta contos
www.farraposecontos.com 

Mundo Escénico

Mundo Escénico é unha plataforma dixital co obxectivo de modernizar, democratizar e facer máis accesible o mundo das Artes Escénicas en Galicia
https://mundoescenico.gal/

Nososono

Espacio online onde artistas, deseñadores emerxentes e artesanos expoñen, difunden e venden os seus produtos pensados e fabricados a mano
https://nososono.com/es/

SomosTerra

Oferta formación en sostibilidade e asesoramento en desenvolvemento sostible. Ademais, dun servizo de divulgación científica para contribuír á xeración de cultura científica na sociedade e promover a adaptación da sociedade para os inminentes escenarios de incerteza climática
http://somosterra.gal/

TICgal

TICgal da soporte a unha aplicación opensource chamada GLPI. O obxectivo inicial da aplicación é a xestión de peticións e o inventario informático
https://tic.gal/es/

Triquels

Cooperativa que axudamos a empresas e marcas con valores a mellorar a súa comunicación e sustentabilidade
https://www.triquels.com/
MarSet19

Coñecedes a Fillos do Mar? Son unha marca de moda nacida nas Rías Baixas do máis orixinal. Queredes saber máis? Seguide lendo!

Camisetas Fillos do Mar

1. En primeiro lugar, como definiriades Fillos do Mar?


Para nos nun comezo foi o soño de plasmar en prendas a esencia do mar, tan presente nas vidas de toda persoa que pasou algún tempo preto del dende o noso punto de vista.

2. Que é o que fai especiais os vosos produtos? Cal é (ou son) o voso favorito?

Xogamos coa baza da diferenciación, tratando sempre de poder ofrecer uns deseños moi diferentes o que estamos acostumados a ver nos estantes das grandes cadeas do téxtil, da man dun servicio personalizado, directo e lixeiro.

O produto favorito é o deseño das ILLAS CÍES, o primeiro que lanzamos e o que aínda case dous anos despois sigue partindo diariamente a calquera punto do planeta.

 

3. Cal considerades que é a mellor e a peor parte do proceso de emprender?

 A mellor é a independencia que te entrega, tanto no plano horario, como creativo, etc., etc., o ser dono do traballo dun. O peor a falta de axudas que temos topado por parte dos organismos públicos tanto a hora de arrancar o proxecto como a hora de manter o traballo, xa sexa polas elevadas taxas mensuais de autónomos, ben pola inexistencia de subvencións, etc.

4. O eixo de venda dos vosos produtos é o ámbito online. Como é emprender neste ámbito? Contades tamén con algún punto de venta ou considerádelo para un futuro?

Si, nestes momentos estamos centrados no comercio online, logo de varias experiencias falidas o colaborar con diferentes puntos físicos de venda. Fixemos case un pouco o viaxe a inversa.

Topabamos con que esa “liberdade” da que falabamos fai uns intres, desaparecía, as tendas non comprendían a nosa situación e parecían pretender no maior dos casos obter mais beneficios polo simple feito de vender un produto fronte as nosas tarefas que cobren toda a tarefa produtiva. Chegamos a conclusión de que a nosa maneira de ver o negocio non casa co feito de dispor dun espazo nalgunha tenda física allea a propia marca.

5. Vemos que a vosa actividade en redes sociais é intensísima e que tedes unha comunidade moi activa. Que aportan tanto este medio como os vosos seguidores no desenvolvemento do voso proxecto?

Para o noso desenvolvemento as redes sociais xogaron un papel clave dende o primeiro momento, pois tiñamos claro que dende esas vías podiamos chegar a xente dun xeito como o faríamos cunhas campañas de publicidade que non nos podíamos custear. Axúdannos a ter un contacto directo cos clientes, a recibir constantemente novas recomendacións, críticas, etc.

6. Coma coñecéstedes o Pont Up Store?

A través dun compañeiro que cursa ADE no CUVI da Universidade de Vigo. A el debémoslle a nosa presenza nesta cita.

7. Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?

Principalmente o feito de poder toparnos cara a cara coa xente que segue o noso traballo, poder dar a oportunidade de que se acerquen e poder saír do virtual para charlar de preto.

8. Que esperades obter do evento?

Nunca acudimos a estas citas con pretensións máis alá de seguir aprendendo tanto dos visitantes coma dos compañeiros emprendedores.

9. Xa para terminar. Que consello lles dariades a todos eses novos emprendedores que están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender? 

Que sexan conscientes do que supón emprender, que midan moi ben a súa viabilidade e analicen as barreiras que van xurdir no camiño nun país no que tan pouco se axuda neste senso.

 

 

QUEREDES SABER MÁIS DE FILLOS DO MAR OU VER OS SEUS PRODUTOS?

WEB DE FILLOS DO MAR

FACEBOOK DE FILLOS DO MAR

INSTAGRAM DE FILLOS DO MAR

 

Atentos! que mañá comeza o evento e hoxe o blog está que bota fume!!

VenXul29

A organización seleccionou aos participantes entre 115 solicitudes superando as candidaturas recibidas na edición anterior. En setembro seleccionaranse outras 10 empresas que terán a oportunidade de presentar a súa idea de negocio ante 5 grandes marcas e entidades galegas no PUNTAZO EXPRÉS.

 

O PONT-UP STORE chegará en outono a Pontevedra por terceiro ano consecutivo, para consolidarse como evento de referencia do novo emprendemento en Galicia. Despois dun duro proceso de selección, no que se partía dun total de 115 solicitudes de participación recibidas (87 para a modalidade de stand e 28 para actividades de dinamización) escolléronse os 36 proxectos de emprendemento mellor cualificados para ter presenza na carpa que se instalará os días 23 e 24 de setembro na Praza de España de Pontevedra.En canto á procedencia das candidaturas, cerca dun 70% teñen base en Galicia, menos dun terzo na cidade de Pontevedra, e hai algunha presenza puntual de candidatos de Braga (Portugal), Madrid e Xixón.

Todos os proxectos escollidos son novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa. Participar é de balde, pero os emprendedores seleccionados tiveron que superar un proceso de selección no que se aplicaron criterios de valoración sobre o grao de creatividade, innovación, potencial de crecemento e impacto económico e/ou social, que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade, forma xurídica da empresa e procedencia xeográfica dos proxectos presentados.

Destes 36 emprendedores, 33 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus productos, ideas e servizos, e 14 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades de dinamización desenvolvendo propostas tan interesantes como obradoiros para pequenos emprendedores, para facer unha tenda online nunha hora sen coñecementos previos, para adestrar a nosa boa sorte, para aprender a elaborar cervexa, para introducirse na arqueoloxía ou para facer ‘kimchi’. Tamén sesións prácticas de pedagoxía Montessori; montaxe dun coche en equipo; demostracións de robótica; unha gimkana de probas mediante a APP DOGOPLAY, a presentación da revista infantil ALEHOP, contacontos, presentación de discos e ata un programa de radio en directo.

Pedro Figueroa, director Pont-Up Store, destaca “o éxito de convocatoria desta edición na que se conseguiu superar as candidaturas do ano pasado, e houbo que facer un esforzo para combinar as distintas modalidades de participación e dar o máximo número de oportunidades aos emprendedores”. Tamén sinala a “variedade das propostas emprendedoras, cunha ampla presenza de empresas de base tecnolóxica“. Por último, Figueroa afirma que “o futuro de Pontevedra é que se instalen aquí emprendedores e que se convirta nunha cidade innovadora”.

 

Puntazo Exprés

Nesta edición preséntase como unha das grandes novidades unha terceira modalidade de participación que levará por nome PUNTAZO EXPRéS e que nace a partir da experiencia do programa PONTEVEDRA TEN UN PUNTAZO, da Concellería de Promoción da Cidade, encabezada por Anabel Gulías. Esta modalidade abrirá o seu prazo de candidaturas entre o 1 e o 15 de setembro e ofrecerá a 10 novos emprendementos a oportunidade de presentar a súa idea de negocio ante cinco importantes entidades e grandes empresas galegas de diferentes sectores.

 

Xornada Previa e Programa Paralelo

O Pont-Up Store concentará este ano a actividade en tres días: unha xornada previa o xoves 22; e o espazo emprendedor instalado baixo a carpa da Praza de España o venres 23 e o sábado 24 de setembro. Nesta edición o Pont-Up Store chega cargado de actividades complementarias que suporán un forte atractivo para participantes e visitantes e que contemplará aspectos relacionados co cooperativismo e a economía social nas que destaca unha sesión de Coaching Executivo para persoas emprendedoras en encomia social. As tendencias do ecosistema emprendedor estarán presentes durante todo o encontro a través de sesións de networking gamificado, charlas, obradoiros, unha maratón creativa e un fab lab de impresión 3D e Gravado Láser onde se xuntarán makers de todo o país.

 

ABANCA será a responsable do obradoiro ‘Preparados para o investimento: O que debes saber de finanzas para montar a túa empresa’, que impartirá a coordinadora adxunta de Educación superior de AFUNDACIÓN. AJE, pola súa parte, propón a charla ‘Que a túa empresa brille con luz propia’ na que intervirá Modesto Luis Gómez y Rodríguez, formador de marketing e estratexia do INCYDE. A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela súmase á programación coa presentación ERASMUS PARA NOVOS EMPRENDEMENTOS: Programa de Mobilidade e intercambio de coñecementos con empresarios exeperimentados en Europa, a cargo da experta en programas europeos Belén Mendoza. E a Deputación de Pontevedra, a través do seu asesor TIC, Alberto Falcón, encargarase de impartir o obradoiro ‘Coñece a rede SMARTPEME e comeza a comercializar os teus servizos a través das redes sociais’. O programa complétase cun encontro de emprendemento no ámbito musical e sesións de networking entre os emprendedores de todas as edicións. Ademais, a organización quere ofrecer aos participantes un binomio negocio + ocio con actuacións musicais programadas para a noite do venres 23. O sábado 24 ás 20:30 terá lugar o acto de clausura no que se entregarán os premios aos mellores proxectos de emprendemento.

VenXul22

Tal e como estaba programado, o pasado día 13 de xullo celebrouse a xuntanza do Comité Organizador do Pont Up Store 2016 para valorar as candidaturas presentadas entre o 1 de xuño e o 10 de xullo de 2016 para as modalidades de Stand e Actividades de dinamización. Nesta edición recibimos un total de 115 solicitudes de participación, 87 para a modalidade de stand e 28 para actividades de dinamización, superando así as solicitudes da edición anterior.

En canto á procedencia das candidaturas, un tercio das mesmas corresponden a Cidade de Pontevedra, e as candidaturas restante teñen o seu orixe no resto de Galicia con algunha presencia puntual de candidatos de Braga (Portugal), Madrid e Xixón. O Pont Up Store consolídase así coma o evento de referencia do novo emprendemento en Galicia.

No proceso de selección, tal e como figura nas normas aplicáronse criterios de valoración sobre o grado de creatividade, innovación e potencial de crecemento e impacto económico e/ou social e que garantan a diversidade de participantes en canto produtos/servizos, sector de actividade, forma xurídica da empresa e procedencia xeográfica dos proxectos presentados

Unha vez completado o proceso de selección e aceptación por parte dos proxectos presentados, facemos pública a relación definitiva de participantes no Pont Up Store 2016 (33 participantes con Stand, e 14 con actividade de dinamización)que se celebrará en Pontevedra entre o 22 e o 24 de setembro de 2016 (22 xornada previa, 23 e 24 Pont Up Store).

Inclúese a continuación a relación para a súa descarga en formato pdf

 

Pontevedra a 21 de xullo de 2016
Comité Organizador
Pont Up Store 2016

Go to top