Quen somos


COMITÉ ORGANIZADOR:


O Pont-Up Store está promovido pola Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) e conta co patrocinio principal do Concello de Pontevedra e outras entidades públicas e privadas.


UNIVERSIDADE DE VIGO


G4 Plus - Universidade de VigoEcobas

Pedro Figueroa Dorrego (Dirección), Director do Grupo de Investigación G4 Plus (Desenvolvemento estratéxico: organizacións e territorios) da Universidade de Vigo, e Director do Observatorio Urbano de Pontevedra.
Doctor en Ciencias Empresariais, Profesor titular da área de organización de empresas da Universidade de Vigo, experto en xestión do coñecemento e capital intelectual (IMSEAD), Executive-MBA pola Escola de Negocios Caixavigo (actualmente Afundación). Director da Conferencia Ibérica de Emprendemento 2014 e creador e impulsor do Pont-Up Store.

Departamento de Organización de Empresas e Marketing - Universidade de Vigo

Ana Dopico Parada, Profesora Contratada Doctora na área de Comercialización e investigación de mercados, Universidade de Vigo
Doutora en Administración e Dirección de Empresas. Postgrado en análise da xestión e innovación tecnolóxica na USC. Autora de libros, artigos e ponencias en revistas e congresos no ámbito do marketing. Nos últimos anos a súa liña de investigación está centrada no estudo da Responsabilidade Social Corporativa. Membro do Comité Organizador dende o Pont-Up Store 2014.

DTEAREA5 CONSULTORES

Ángela Cal Arca, economista, xestora administrativa e consultora de empresa, socia–consultora en DTEAREA5 CONSULTORES, socia-consultora en Acega Asesores. Profesora asociada do departamento de organización de empresas e marketing.
Profesora Asociada da Universidade de Vigo do Departamento de Organización de Empresas e Marketing. Especialización en asesoramento integral a empresas e emprendedores. Administración tributaria e fiscalidade. Finanzas Corporativas. Desenvolvemento Económico e Innovación. Membro do Comité dende o 2015.

Eusumo

Ana Olveira Blanco, Técnica da Rede Eusumo, doutoranda da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora asociada ao Centro de Estudos Cooperativos.
Diplomada en Relacións Laborais con mestrado en xestión e dirección laboral desempeña a súa labor de consultora e formadora na Rede Eusumo centrándose no emprendemento e o acopañamento a novos grupos promotores. No campo da investigación centra o seu traballo na organización de empresas en concreto no estudo das cooperativas dende unha perspectiva de xénero.


Anabel Pérez Xesteira, Responsable de RRSS na secretaría técnica

Secretaría Técnica e Comunicación en Pont Up Store. Graduada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Freelance de comunicación, deseño, fotografía e marketing dixital. Colaboradora do Pont Up Store dende o 2015 e membro do Comité dende 2016.

G4 Plus - Universidade de Vigo

Daniel Gallego Ortigueira (secretaría técnica) , Técnico de investigación, G4plus
Investigador e xestor de proxectos para o sector público e organismos intermedios. Responsable técnico do Observatorio Urbano de Pontevedra. Máster en Dirección Pública e Liderazgo Institucional. Graduado en Dirección e xestión Pública. Experiencia en diversos traballos sobre emprendemento e membro da secretaría técnica e membro do Comité dende a primeira edición do Pont-Up Store no ano 2014.

Volver arriba

EMPRENDEDORES:

XENEME Proxectos Sociais

Diego Parajó Naveira, Director xeral, XENEME Proxectos Sociais
Emprendedor social. Traballando incansablemente para mellorar o mundo. Socio fundador e xerente de Xeneme Proxectos Sociais desde 1998, onde desenvolvo a miña actividade como formador, asesor e project manager en servizos sociais, educativos e culturales. Director do Local de Música de Pontevedra. Membro do Comité desde 2015.

Dalleqdalle S. Coop. Galega – Espazo Coworking

Susana Loroño Mondragón, Coordinación de proxectos, Dalleqdalle S. Coop. Galega – Espazo Coworking
Despois de desenvolver a miña carreira en diferentes sectores: Admon. Empresas, Bibliotecas Públicas e Médicas, así como Doc. Sanitaria, realicei por acaso un Obradoiro de “Xestión Cultural”, onde xurde a idea do “Coworking” e xunto coas miñas compañeiras Yolanda e Raquel nace “Dalle que Dalle Soc. Coop. Galega en Vilagarcía para xestionar un lugar onde compartir ideas, cafés, proxectos e ilusións con emprendedores, autónomos e PEMES. Membro do Comité desde 2015.

freshysweet

Noelia Canto Chantrero, Freshysweet
Productora audiovisual abríndose camiño no mundo da publicidade como presidenta da axencia junior FreshySweet, empresa participante en Pont-up Store 2014. Membro do Comité dende 2019.

Bien bonito

Silvia Crespo, Bien Bonito
Asesora de imaxe sempre cargada de ideas e vestida de ilusión… Directora creativa en Bien Bonito; empresa que sinte paixón polos uniformes, polo bonito, o especial e o auténtico centrándose en tres grandes eixes, o cariño, materiais nacionais, e a contribución ao desenvolvemento de negocios locais. “Pódense facer as cousas “Ben” e ao mesmo tempo, “Bonitas”. Empresa participante en Pont-up Store 2014 e membro do Comité dende 2016.

XEOMETRICA

Roberto Cabeceira, CEO e Director técnico en Xeométrica, enxeñería 3D aplicada
A día de hoxe, a miña actividade profesional principal desenrólase na aplicación e innovació de técnicas de enxeñería 3D adicadas á posta en valor, protección e divulgación do patrimonio cultural, e o análise métrico no sector naval. Son enxeñeiro especialista en digitalización métrica 3D e análise multiespectral vexetal e as veces profesor invitado e conferenciante da Universidade de Vigo, pero ante todo: emprendedor e autodidacta en continua formación! Considero o emprendemento un pilar fundamental na sociedade actual e na medida do posible, aporto o meu graniño de area a tódalas accións que o impulsen, difundan e promovan. Empresa participante en Pont-up Store 2015 e membro do Comité dende 2016.

SPA-cc

Evelio E. Sánchez Juncal, SPA-cc
Converto a miña paixón pola tecnoloxía en ferramentas que fan máis fácil o meu traballo e o dos demais. Desde SPA Planeamento, como arquitecto, axudo aos meus clientes para dar forma aos seus soños, en SPA-cc convertémolos en pixeles para mundos dixitais e en ediliciaBIM dámoslles ferramentas para xestionalos relacionando construción e información. Falo no primeiro podcast colaborativo sobre BIM en español: BIMrras. Empresa participante en Pont- up Store 2018 e membro do Comité desde 2019.

Senseitrade

David Conde Sayans, Senseitrade (Twibex35)
Cofundador de dous proxectos dentro do sector Fintech (Tecnoloxía financeira). Coinscrap é unha app que redondea as compras realizadas con cartón e automaticamente transfire a diferenza a un seguro de aforro. Senseitrade é unha plataforma que analiza as redes sociais para detectar oportunidades en bolsa. Pasar toda a súa carreira profesional traballando como asesor de Banca Privada permitiulle detectar necesidades nos clientes que poden ser cubertas por novas solucións tecnolóxicas moito máis fáciles, eficientes e baratas. Empresa participante en Pont-up Store 2016 e membro do Comité dende 2017.

Senseitrade

Ana Carpintero Alonso, SomosOcéano
Responsable da marca de moda atlántica sostible SomosOcéano. Licenciada en Comunicación Audiovisual e cun Máster en Comunicación de Moda traballou durante varios anos en importantes publicacións internacionais de moda coma estilista e productora. Tras esta etapa decidiu lanzar SomosOcéano, a súa propia marca de roupa, baseándose na identidade do norte e cun importante compoñente de sostibilidade porque as prendas que vestimos “teñen que ser tan bonitas por dentro coma por fóra”.

7h

Diego Rodríguez Cordeiro.Socio traballador de @7Hcoop. 
Técnico Superior en Realización Audiovisual e de Espectáculos pola EIS de A Coruña e Graduado en Belas Artes pola Universidade Vigo.  Desenvolvo o meu traballo como socio de 7H Cooperativa Cultural. En 7H achegamos os procesos de creación e a economía social á cidadanía, realizando proxectos cos que defendemos valores como a igualdade, a soliedariedade e o compromiso social e ca contorna. Participantes en Pont-Up Store 2015, e parte do Comité desde 2016.

Senseitrade

Bea Mazaira, The Soul Breakers
Vocalista da banda de swing e funk pontevedresa The Soul Breakers. Estudos no Conservatorio Superior de Música, graduada en Belas Artes e cun Máster en Profesorado na itinerancia de artes, leva unha década de percorrido na escena cultural de Pontevedra, colaborando con artistas emerxentes e facendo fincapé da igualdade no panorama musical.

TheGraphicsProject

Alba Antepazo Fonseca, The Graphics Project
Diplomada en Óptica e Optometría pola Universidade de Santiago desde 2010 e con Estudos Superiores en Audioloxía Protésica, é en 2017 cando se atreve a dar o paso e fundar Graphics, a súa marca de lentes de sol de deseño propio. Defendendo sempre a calidade nos seus modelos, xoga coas combinacións entre diferentes acetatos para conseguir modelos cheos de cor e personalidade. “Lentes de sol para xente con actitude” como lema e “Deseñado en Galicia” por bandeira, busca aplicar ese carácter a cada detalle de Graphics, así o reflicte a súa imaxe de marca. Participante en 2018 e membro do Comité dende 2019

Volver arriba

PROMOVE:

DIRIXE E ORGANIZA:



PATROCINADOR PRINCIPAL:

PATROCINADORES:

 

COLABORADORES:

DESEÑA E COMUNICA:

ORGANIZACIÓN DO PUNTAZO EXPRÉS:

DESEÑO E MONTAXE STANDS:

ILUSTRACIÓN:

FOTOGRAFÍA:

VÍDEO:

 

Go to top