Pont-Up Store 2020 - 17 a 19 de setembro

Escoitantes do Puntazo Exprés

2019

 

Uxía Fontán Lago, Social Media & Inbound Marketing Director en Roi Scroll

Roi Scroll

Licenciada en Administración e Dirección de empresas pola Universidade de Vigo, na súa carreira profesional desempeñou diversos postos relacionados coa xestión empresarial, ben sexa como consultora, como responsable de administración nunha peme do sector naval ou enfocada na mellora continua dos procesos da empresa. Pero é a área de Marketing a que conquistou definitivamente. Hoxe en día desempeña o posto de Social Media e Inbound Marketing Director na axencia galega de márketing dixital Roi Scroll, que en 2016 foi recoñecida como a “axencia máis eficiente de Europa” no Smile Festival e o ano pasado entrou na clasificación das 100 axencias máis destacadas de España elaborado polo Publicista.

 

Carlos Suárez Rey, Socio e Director Xeral de EDISA

Edisa

Doutor Enxeñeiro Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid. Executive MBA e PAD por IESIDE. Programa “Management Research” Universidade de Harvard. Profesor na IESIDE en programas de grado e postgrado dende 1993. Profesor en programas de postgrado da Univ. Politécnica de Madrid dende 1995. Autor de máis de 10 libros e publicacións sobre os Sistemas e a Sociedade da Información. Socio e Director Xeral de EDISA dende 1993 ata a actualidade

 

Jessica Rey Gómez , Responsable de marketing en Casa Grande de Xanceda

Casa grande de xanceda

Responsable do departamento de márketing e responsabilidade social de Casa Grande de Xanceda, unha granxa ecolóxica situada no interior da provincia da Coruña, que coida a 380 vacas "muUuy" felices e elabora produtos lácteos ecolóxicos de altísima calidade. Sen perder a esencia da granxa e do rural, con recursos limitados e desde un sector competitivo como o leiteiro, Jessica puxo en marcha iniciativas con repercusión a nivel nacional e internacional. É licenciada en Comunicación Audiovisual, cun Máster en Marketing Dixital (ESIC), e unha gran defensora do medio ambiente e dos animais

 

Tomás Casquero Cimadevila, Director Xeral da biotecnolóxica galega Hifas da Terra.

Hifas da Terra

Licenciado en dereito pola Universidade de Navarra, Diplomado en dereito internacional e comparado pola Universidade de Amsterdam e Master en Economía e Dirección de Empresas ( MBA) polo Instituto de Estudos Superiores da Empresa (IESE). En 2006 foi nomeado Director Xeral de ACLUNAGA, onde asumiu a representación da industria naval galega e española. Durante 3 anos desempeñou a presidencia da mesa de diálogo social europeo. Desde setembro de 2014 é o Director Xeral da biotecnolóxica galega Hifas da Terra.

 

Micro Puntazo Exprés (2019) no Culturgal

 

 

Ana Olveira Blanco, Presidenta da Unión de Cooperativas Espazocoop e Socia de Abeluria S. Cooperativa Galega.

Espazocoop Abeluria

Diplomada en Relacións Laborais con mestrado en xestión e dirección laboral adícase á consultoría e investigación en economía social na cooperativa Abeluria da que é socia. É técnica da Rede Eusumo de fomento do cooperativismo e a economía social, na que acompaña procesos de emprendemento. No eido académico é doutoranda na Universidade de Santiago onde pertence ao grupo de investigación de Dirección estratéxica, dirección de persoas e dirección comercial ademais de ser investigadora asociada ao Centro de Estudos Cooperativos. É membro do Comité organizador do Pont-Up Store dende 2016.

 

Julio Gómez, Co-Director do Festival Sinsal.

Sinsal

Historiador, crítico musical e investigador sonoro de formación; programador, xestor cultural e técnico superior en prevención de riscos laborais e producción cultural como actividades profesionais. Iniciou a súa relación coa música a finais dos anos 80, exercendo de crítico musical en diversos medios de comunicación. Ademáis de programador musical, é fundador da promotora e tenda de discos  Sinsalaudio que, dende o ano 2003, realiza o Festival Sinsal, especializado en propostas musicais inéditas en Galicia.  Colabora en numerosas programacións e proxectos culturais relacionados co patrimonio material e inmaterial, como "Música en Branco, memoria dunha cidade" e o ciclo "Monumenta, andar con arte". Dende o 2005, colabora no proxecto de paisaxe sonoro escoitar.org co que realizou, entre outros, o proxecto europeo de paisaxe acústico European Acoustic Heritage. Participa en varios showcases internacionais, congresos profesionais o encontros de xestión cultural a nivel internacional.

 

Maria Teresa Cores Fernández, Coordinadora de Área de Cultura de Afundación.

Afundacion

Coordinadora de Área de Cultura de Afundación.



Como coordinadora de cultura de Afundación é a responsable de dirixir ao equipo de profesionais que desenvolven as diferentes liñas de programación cultural da entidade: a actividade expositiva nas sete principais cidades galegas e outras localidades, actividade escénico musical, oferta educativa extracurricular aos centros escolares de toda Galicia así como a xestión e divulgación dunha colección de arte que conta con máis de 5.000 pezas, entre outras accións de gran alcance e impacto. Na súa traxectoria profesional viviu en primeira persoa a experiencia do emprendemento.

 

 

2018

nanoimmunotech

África González Fernández

NanoInmunoTech


Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Uvigo, presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e promotora da empresa spin-off NanoInmunoTech (NIT) con sedes en Vigo, Zaragoza e Madrid. En 2017 foi nominada aos premios Women Innovators pola Comisión Europea.

 
Pazo de Vilane

Piedad Varela-Portas de Orduña

Pazo de Vilane


Licenciada en dereito especializada en dereito de empresa. Con 20 anos de experiencia como asesora legal. Socia, cofundadora e Responsable de Comunicación e RSE de Pazo de Vilane.

 
FUNDAMAR

María Caldeiro López

FUNDAMAR


Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Máster en Políticas Europeas de Cooperación e Máster en Relacións Internacionais e Comercio Exterior. Inicia o seu contacto profesional co mundo da pesca durante a súa estadía na Oficina Comercial do Consulado en Mumbai. Dende 2011 exerce como Xerente de FUNDAMAR.

 
Redegal
Monet Viticultura

Alba Baños

Redegal


Graduada en Consultoría e Xestión da Información pola UVigo. Máster en Analítica Web, Usabilidade e Experiencia de Usuario. Experiencia en xestión de campaña de Tráfico de Pago e medición de contornas web. Na actualidade é a responsable da área de Analítica de Redegal.

 
Bambú Producciones

Teresa Fernández Valdés

Bambú Producciones


Cofundadora de Bambú Producciones, produtora de series de grande éxito estatal e internacional como Velvet, Gran Hotel ou Fariña. Elixida como unha das showrunners máis poderosas da televisión europea e mundial en 2014 e 2016, respectivamente. En abril de 2018, Reed Miden, empresa organizadora do mercado internacional do audiovisual MipTV, outórgalle a Medalla de Honra, sendo a primeira muller española en recibir o devandito recoñecemento.

 

2017

Martin Codax

Juan A. Vázquez Gancedo

MARTÍN CODAX


Viticultor e socio de Viticultores Martín Códax, S. Coop. Galega. Entre os cargos que ostenta, é Director Xeneral de Adegas Martín Códax, Presidente do Clúster Alimentario de Galicia, patrón do observatorio español do Mercado do Viño, vogal do Consello Regulador Rías Baixas e vogal do Consello Reitor da Plataforma Tecnolóxica do Viño. Ademais, é profesor de Marketing no Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Santiago de Compostela.

 
A Mordiscos

Begoña Ocampo

A MORDISCOS


Propietaria de “A Mordiscos” e da cadea de restaurantes “La Pepita”. Posúe ampla experiencia internacional en proxectos empresarias vencellados á hostalería e o turismo.

 
Igalia

Xavier Castaño

IGALIA


Co-fundador de Igalia, empresa galega con visión internacional centrada no desenvolvemento de tecnoloxías en código aberto, onde traballa como desenvolvedor de negocio. É o actual presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL).

 
Monet Viticultura

Débora Franco

MONET VITICULTURA


Enxeñeira de Telecomunicacións. Durante máis de sete anos dedicouse á docencia e á investigación na Universidade de Vigo, colaborando en diversos proxectos de ámbito autonómico, estatal e internacional, relacionados coa aplicación de novas tecnoloxías no sector primario. En 2014 fundou, xunto cos seus dous socios, Monet Viticultura, empresa de innovación tecnolóxica que ofrece ás bodegas unha plataforma web para controlar o estado do viñedo desde calquera dispositivo conectado a Internet.

 
El faro de los tres mundos

Isabel Rodríguez Blanquer

EL FARO DE LOS TRES MUNDOS


Licenciada en ciencias físicas e con ampla experiencia no sector tecnolóxico. Na actualidade é socia e directora de operacións de El faro de los tres mundos empresa especializada en produtos culturais para a infancia.

 

2016

 
Qbitia

Marcos Suárez

QBITIA

Fundador e director de I+D en Qbitia. Licenciado en Física, conta con cinco anos de experiencia en proxectos de investigación na USC. En 2011, xunto con outros tres compañeiros da carreira, funda Qbitia, startup pontevedresa con oficinas en Londres e Chicago, orientada a crear aplicacións para os mercados financeiros. Unha das súas funcións e o deseño de novas funcionalidades a partires do contacto continuo cos clientes a través de marketing dixital e de feiras internacionais. Foi dúas veces xurado no premio nacional Emprendedor XXI de La Caixa e Enisa.

www.qbitia.com

 
Grupo Pérez Torres Maritima

Pedro Pérez-Torres Calvar

PÉREZ TORRES MARITIMA

Licenciado en Dereito e Máster Internacional en Dirección de Empresas do IE. Anteriormente ao seu ingreso na parte marítima do Grupo Pérez Torres, traballou en diversas empresas como PWC (Londres, Reino Unido), Banco Pastor (Madrid, España) ou Grupo Boluda (Madrid, España) e, adicionalmente, participou de forma activa no desenvolvemento internacional da parte industrial do Grupo Pérez Torres en Vitoria, Brasil. Tras ocupar diversos postos directivos en Pérez Torres Marítima, actualmente exerce funcións de Dirección e participa de forma activa no desenvolvemento de negocio en Portugal, ademais de ser Conselleiro en varias sociedades do sector loxístico portuario.4.

http://www.pereztorresmaritima.com/altern.php

 
Finsa Soluciones

Javier Aliste

FINSA

Javier Aliste é responsable de proxectos en FINSA, está especializado no deseño e desenvolvemento de ferramentas comerciais e promocionais (catálogos, apps, web, etc) É un apaixoado do marketing dixital, e participa activamente no desenvolvemento de campañas comerciais para os diferentes mercados e canles nos que opera FINSA, coordinando eventos promocionais, imaxe corporativa, etc.

http://www.finsa.com

 
Idoia Cuesta

Idoia Cuesta

IDOIA CUESTA CESTERÍA CONTEMPORÁNEA

Idoia Cuesta é deseñadora e creadora téxtil. Foi premio nacional de Artesanía en 2014, destacando por combinar con mestría tradición, deseño e experimentación. Pezas súas desfilaron en pasarelas de moda como Madrid Cibeles ou participaron en feiras internacionais como Maison&Object (París), Tendence (Frankfurt), Tent (Londres) ou Formex (Estocolmo). Entre as súas numerosas colaboracións compre salientar o traballo desenvolvido coa firma de luxo LOEWE, no desenvolvemento de prototipos e posterior produción de bolsos.

http://www.idoiacuesta.com

 
Dimensiona

Maria Xose Fernández

Dimensiona

, licenciada en Física e posgrao en Dirección de sistemas de información en entornos de software libre. Dende o ano 2000 dirixe Dimensiona, empresa especializada na consultoría informática e na prestación de servizos no ámbito das tecnoloxías da información e comunicación ofrecendo solucións baseadas en software libre.

Volver arriba

http://www.dimensiona.com

Go to top