Prensa

A 6ª edición do encontro de emprendemento máis importante do país mostrará dentro dunha semana en Pontevedra o Impulso da Xente Valente que se lanza a emprender en Galicia. A organización presentou hoxe a programación que concentra en 3 días máis de 60 actividades repartidas por toda a cidade e unha carpa instalada na Praza de España, onde se presentarán 46 novos emprendementos. O ‘talent bussiness’ PUNTAZO EXPRÉS volverá ser un dos momentos máis interesantes do encontro. Pontevedra, 12 de setembro de 2019.- Este mediodía presentouse en Pontevedra o programa oficial da 6ª edición desta cita que desembarcará en Pontevedra dentro dunha semana e que se consolida como o referente para mostrar o emprendemento galego. Serán tres intensos días de…
A organización seleccionou os 46 emprendementos con máis potencial de desenvolvemento entre un total de 168 candidaturas procedentes de toda Galicia, o que supón un incremento do 17% con respecto á anterior edición. Este ano, destaca a cantidade de empresas de nova creación que plantexan solucións para reducir a pegada ecolóxica desde múltiples ambitos; e tamén as iniciativas para activar o rural galego. A tecnoloxía e a comunicación son ferramentas que as nosas empresas saben usar cada vez máis e mellor; e aumenta tamén a escolla da fórmula cooperativa á hora de emprender. Esta edición confirma un mapa galego de emprendemento cada vez máis equilibrado entre as cidades e o rural, que achega un tercio do total das propostas. Pontevedra,…
O encontro de emprendemento máis importante de Galicia abre mañá o prazo de presentación de candidaturas para participar na súa 6ª edición. O Pont-Up Store 2019 reivindica ‘O impulso da xente valente’ como motor para emprender, e avanza entre os seus contidos unha romería creativa, un espazo dedicado ao emprendemento senior e múltiples iniciativas arredor da industria dos videoxogos. Pontevedra, 29 de maio.- A partir de mañá xa será posible presentar candidaturas para participar na 6ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 19, 20 e 21 de setembro na cidade de Pontevedra. Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de demostrativas dentro…
A proposta de terapias asistidas con cans da empresa YARACAN, conquistou ao xurado como mellor emprendemento desta edición pola súa proxección e seu espíritu de compromiso social. O galardón está dotado con un curso na Escola de Negocios de Abanca enfocado a posicionar a empresa no seu sector. O Pont-Up Store reuniu en Pontevedra durante 3 días cerca de 25.000 visitantes e asistentes que participaron nun intenso programa de actividades entre as que destacaron iniciativas enfocadas a empoderar mulleres emprendedoras e a promover a economía máis social e transformadora. Este mediodía entregáronse no recinto do Pont-Up Store os premios que o comité organizador concede en cada edición aos mellores emprendementos nas diferentes modalidades do encontro. Ao acto asistiron Anabel Gulías,…
Comida do futuro, tecnoloxía que nos soluciona a vida, videoxogos, proxectos con repercusión social, varias propostas arredor das cada vez máis numerosas mascotas, turismo colaborativo, cosmética orgánica de autor… Durante dous días a gran carpa do Pont-Up Store acolle as startups galegas con máis potencial de crecemento As 10 mellores terán a oportunidade de participar no ‘talent business’ PUNTAZO EXPRÉS onde poderán presentar as startups a directivas de cinco importantes empresas e entidades galegas que lles darán a súa visión sobre o potencial de negocio e falarán de oportunidades e alianzas. Esta mañá inaugurouse na Praza de España de Pontevedra a 5ª edición do Encontro de Emprendemento Pont-Up Store que este ano reúne a empresas que sorprenden pola variedade de…
Son os datos ofrecidos por Isabel Gracia durante o workshop I’m Remarkable organizado por GOOGLE dentro desta primeira xornada do Pont-Up Store, no que un grupo de mulleres de distintos ámbitos empresariais puxeron en común os obstáculos que atoparon no seu camiño como emprendedoras. O workshop I’m Remarkable, que se impartiu por primeira vez en España esta mañá na Casa das Campás de Pontevedra dentro do 5º Encontro de Emprendemento Pont-Up Store, é unha iniciativa de GOOGLE que pretende dar voz ás mulleres e grupos minoritarios para que podan falar dos seus logros, rompendo as normas sociais da modestia e o teito de cristal. Este workshop parte dunha idea orixinal de dúas traballadoras de GOOGLE que o puxeron en marcha…
O intenso programa de actividades desta 5ª edición promete descubertas, encontros e alianzas moi interesantes arredor do ecosistema emprendedor galego. As empresas seleccionadas este ano sorprenden con iniciativas de gran potencial que agroman tanto nas cidades como no rural, que apostan polo compromiso social e que na súa grande parte teñen un alto componente tecnolóxico. Despois de 5 anos, este encontro consolídase como referencia do emprendemento galego con 2 datos moi positivos: o 89% das empresas que participaron continúan coa súa actividade e o 100% recomendan a outros emprendementos inscribirse no Pont-Up Store. Mañá comeza a programación do 5º Encontro de Emprendemento Pont-Up Store cun marcado acento tecnolóxico tanto nos emprendementos seleccionados como nas máis de 40 actividades propostas en…
A 5ª edición do encontro presenta un programa con máis de 40 actividades, unha carpa con 45 startups e un ’talent bussiness’ Tres intensos días de actividades, ideas de negocio, obradoiros, workshops, charlas inspiradoras e presentación de novas iniciativas empresariais. isto é o que ofrece o programa do 5º Encontro de Emprendemento Pont-Up Store, presentado este mediodía en Pontevedra e onde poderemos atopar comida do futuro, tecnoloxía que nos soluciona a vida, videoxogos, proxectos con impacto social, varias propostas arredor das cada vez máis numerosas mascotas, turismo colaborativo, cosmética orgánica de autor... Queda claro que en Galicia hai TALENTO TRANSFORMADOR. Este mediodía presentouse en Pontevedra o programa oficial da 5ª edición desta cita que se consolida como o referente para…
Comida do futuro, tecnoloxía que nos soluciona a vida, videoxogos, proxectos con repercusión social, varias propostas arredor das cada vez máis numerosas mascotas, turismo colaborativo, cosmética orgánica de autor... Queda claro que en Galicia hai TALENTO TRANSFORMADOR e ímolo comprobar en Pontevedra dentro de dúas semanas na 5ª edición do encontro de Emprendemento PONT-UP STORE. Confírmase, ademais, un mapa empresarial galego con gran potencial tecnolóxico e cunha clara tendencia de emprendemento rural que aposta por innovar desde vilas e pobos pequenos sen renunciar a unha vocación de vendas globais. As empresas que van participar na 5ª edición do PONT-UP STORE sorprenden pola variedade de propostas, polo talento e creatividade, pola aposta de innovación desde distintos ámbitos, polo compromiso social de…
Está a punto de comezar a quinta edición do PONT-UP STORE, unha iniciativa de apoio ao emprendemento, aberta a toda a cidadanía, que centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade. Durante tres días Pontevedra acollerá en distintos puntos da cidade máis de 40 actividades con propostas innovadoras pensadas para orientar e axudar ás persoas que están no camiño do emprendemento. Este ano súmanse ao programa varias actividades impartidas por GOOGLE nas que xa é posible inscribirse. O PONT-UP STORE chegará en outono a Pontevedra por quinto ano consecutivo, consolidado xa como o maior encontro do novo emprendemento en Galicia. Unha experiencia única e transformadora na que se van dar cita centos de persoas con talento, creatividade,…
A organización seleccionou 45 emprendementos entre un total de 144 candidaturas procedentes de toda Galicia, o que supón un 10% máis que na anterior edición. Este ano, ademais, duplicouse o número de empendementos do ámbito tecnolóxico e incrementouse notablemente a calidade das iniciativas, o seu potencial de desenvolvemento, o carácter social e o enfoque sostible de moitas delas. Esta edición confirma tamén un mapa galego de emprendemento cada vez máis equilibrado entre as ciudades e o rural, que achega o 40% do total das propostas. As novas tecnoloxías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da saúde e o benestar, o turismo, o téxtil, a gastronomía, a cosmética e a xestión cultural. O …
Despois de ser presentado en Pontevedra hai pouco máis duna semana, o Encontro de Emprendemento máis importante de Galicia visitará nos próximos días Coruña, Lugo, Santiago e Ourense, para dar a coñecer o programa do evento, os requisitos e modalidades de participación e as oportunidades que ofrece a través das experiencias de empendedoras e emprendedores participantes en anteriores edicións. A 5ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra, consolídase como a cita de referencia do emprendemento galego cunha xira de presentacións nas principais cidades do país. En cada unha destas sesións informativas, o director do encontro Pedro Figueroa, terá como aliadas a persoas…
O Pont-Up 2018 reivindica o ‘Talento Transformador’ como enerxía para cambiar o mundo, e para logralo bota man das posibilidades que ofrecen aos proxectos emprendedores as ferramentas tecnolóxicas e a gamificación; e ofrece un programa moi centrado no desenvolvemento de competencias dixitais. O evento, que presentará arredor de 50 novos emprendementos, vai celebrar dun xeito moi especial estes cinco anos de percorrido. Pontevedra, 12 de maio, 2018._ O encontro de emprendemento máis importante de Galicia, presentou esta mañá en Pontevedra a programación da súa 5ªedición que se desenvolverá os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra. No presentación participaron a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, o responsable de Economía da Deputación de…
O encontro de emprendemento máis importante de Galicia arranca cunha campaña que reivindica o ‘Talento Transformador’ como enerxía para cambiar o mundo, e que está protagonizada por unha emprendedora heroína retrofuturista inspirada nos videoxogos. Este 5º encontro xirará arredor da tecnoloxía e a aprendizaxe e dedicará parte da programación a celebrar dun xeito moi especial estes cinco anos de percorrido. Xa é posible presentar proxectos para participar na 5ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra. Esta iniciativa, liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, é froito da cooperación de máis de…
Páxina 1 de 2

DOSSIER DE
EMPRENDEDORES

2019


Versión pdf

 


MEMORIA
PONT-UP STORE

2018


Versión pdf

 






Go to top