Prensa

Máis de 40 empresas van presentar os seus modelos de negocio nesta cuarta edición do Pont-Up Store, que se consolida como o principal evento de emprendemento en Galicia. As novas tecnoloxías e as enxeñerías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da alimentación, a formación, a arte, a cultura e o deseño. No programa deste ano destacan as actividades relacionadas coa economía social, o fomento do emprendemento na escola, e a importancia do mentoring na primeira fase dun proxecto. Un Laboratorio Creativo aberto a toda a cidadanía permitirá a toda a familia achegarse á robótica e á fabricaión dixital; e o Puntazo Exprés volverá converterse nunha lanzadeira de proxectos propiciando encontros produtivos…
A organización seleccionou máis de 40 emprendementos entre un total de 123 solicitudes, que nesta edición medraron significativamente en calidade e potencial de desenvolvemento, e amosan un mapa galego de emprendemento máis equilibrado entre as cidades e o rural. As novas tecnoloxías e as enxeñerías volven achegar as propostas máis impactantes, seguidas por modelos de negocio e ideas moi innovadoras procedentes dos sectores da alimentación, a formación, a arte e a cultura, o deseño de moda, complementos e decoración. No encontro participará a empresa galega START-T-CASE que vende a todo o mundo a súa revolucionaria carcasa solar, capaz de recargar no noso teléfono móvil aproveitando a luz solar ou a luz artificial servindo ao mesmo tempo como funda protectora,…
O evento presentouse hoxe na Asociación de Empendedores de Galicia para ofrecer o seu espazo a novas liñas de negocio da zona da Coruña con tres modalidades de participación gratuítas: stand, presentación ou entrevistas con posibles inversores ou parceiros. As inscricións están abertas ata o 9 de xullo. Esta mañá presentouse na sede de ASCEGA en Coruña a 4ª edición do Espazo de Emprendemento PONT-UP STORE, unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra. Na presentación participaron Manuel Dafonte, xerente de ASCEGA, Paula Patiño, emprendedora de A Castrexa, Xosé Rodríguez de Dogoplay, Martín Castón de Innovadhoc, Eva Bouza de Travelling Assistant, e Pedro Figueroa, director deste evento que se celebrará…
Mostrar proxectos de emprendemento do ámbito do ensino e poñer en marcha un Laboratorio Creativo son outras apostas desta convocatoria Esta mañá presentouse en Pontevedra a 4ª edición do Espazo de Emprendemento PONT-UP STORE, unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal. Na presentación participaron a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font; o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho; e o director do PONT-UP STORE, Pedro Figueroa, que presentou o calendario deste evento que volverá instalarse na Praza de España de Pontevedra entre o 21 e o 23 de setembro, e que hoxe deu…
Pontevedra, 23 de setembro de 2016.- A última xornada do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE estivo marcada polas actividades destinadas ao público familiar e a entrega de premios aos mellores proxectos de emprendemento desta edición que tivo un impacto social moi superior ao da pasada edición cun alcance que superou as 20.000 persoas implicadas entre participantes, visitantes e asistentes ás diferentes actividades durantes os tres días do evento. Como balance, o seu director, Pedro Figueroa, valorou sobre todo “o nivel dos emprendementos que se mostraron que demostran que sen dúbida somos unha potencia en talento, innovación e creatividade”. Dentro das actividades, Figueroa valorou especialmente o impacto do Puntazo Exprés pola oportunidade real que supón para os proxectos de emprendemento poder…
Pontevedra, 21 de setembro de 2016.- Este ano o Pont-Up 2016 aplica a innovación desde o seu mesmo acto de apertura. Mañá xoves ás 8:30, a terceira edición do encontro dará o pistoletazo de saída cun DAY BREAKER que terá lugar na entrada da Facultade de Ciencias Sociais, no Campus da Xunqueira. Esta orixinal apertura consistirá nunha inspiradora sesión matinal de música, baile, zumes e mindfullness, na que cargaremos pilas para participar nunha intensa xornada de actividades. Varios emprendedores da cidade serán os encargados de guiar a sesión: Low Pressure Fitness e Academia Toni Pilates na parte deportiva e de relaxación; A Tenda da Gata, AguaKm0 e Colmealoe achegando bebida e comida saudable para comezar o día a tope de…
Pontevedra, 23 de setembro de 2016.- Despois dunha intensa xornada previa centrada en actividades de formación e debate en torno ás últimas tendencias do emprendemento, o PONT-UP STORE comezou hoxe o encontro de emprendedoras e emprendedores que se desenvolverá durante dous días na carpa instalada na Praza de España onde 36 emprendedores mostrarán as súas ideas nos stands e nas actividades incluídas dentro do programa, e outros 10 poderán presentar os seus proxectos ante cinco firmas galegas de proxección internacional dentro do Puntazo Exprés. Acto de Apertura Autoridades e patrocinadores reuníronse esta mañá no espazo central da carpa para dar o pistoletazo de saída oficial á 3ª edición do PONT-UP STORE. Pedro Figueroa, director do encontro, destacou a calidade e…
A gran aposta deste ano será o ‘speed dating PUNTAZO EXPRÉS, no que 10 emprendementos terán a oportunidade de presentar as súas ideas ante cinco grandes empresas e marcas galegas de proxección internacional. Pontevedra, 5 de setembro de 2016.- A programación do PONT-UP STORE 2016 foi presentada esta mañá, na sala de prensa do Concello de Pontevedra, polo director do encontro, Pedro Figueroa; o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho; e a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, quen manifestou que “o PONT-UP STORE chegará a finais de mes a Pontevedra por terceiro ano consecutivo co obxectivo de invadir a cidade de emprendemento e convertela nunha referencia a nivel global”. A continuación, Pedro Figueroa debullou o programa,…
A organización seleccionou aos participantes entre 115 solicitudes superando as candidaturas recibidas na edición anterior. En setembro seleccionaranse outras 10 empresas que terán a oportunidade de presentar a súa idea de negocio ante 5 grandes marcas e entidades galegas no PUNTAZO EXPRÉS. O PONT-UP STORE chegará en outono a Pontevedra por terceiro ano consecutivo, para consolidarse como evento de referencia do novo emprendemento en Galicia. Despois dun duro proceso de selección, no que se partía dun total de 115 solicitudes de participación recibidas (87 para a modalidade de stand e 28 para actividades de dinamización) escolléronse os 36 proxectos de emprendemento mellor cualificados para ter presenza na carpa que se instalará os días 23 e 24 de setembro na Praza…
Nesta edición haberá 3 modalidades de participación gratuítas, abertas a emprendementos con menos de 42 meses desde a creación da empresa. Pontevedra, 1 de xuño de 2016.- Esta mañá presentouse na Praza de España de Pontevedra unha nova edición de Espazo de Emprendemento pont-Up Store que volverá a converter a Pontevedra na capital do emprendemento de Galicia en setembro e no que se darán cita emprendedores, estudantes, inversores, institucións, empresas, patrocinadores e medios de comunicación para apoiar a innovación, a colaboración, a formación, o financiamento e o emprendemento creativo. Na presentación participaron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; a concelleira de Turismo de Pontevedra, Anabel Gulías; o vicerreitor do Campus…
Despois de dous días de intensa actividade, o Encontro de Emprendemento Pont-Up Store2015 conseguiu dobrar a afluencia de visitantes da pasada edición. A organización estima que máis de 20.000 persoas visitaron os 36 stands participando nas visitas e obradoiros de dinamización, e no espazo de promoción ‘10 minutos de gloria’. O director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa, considera que o encontró foi “un éxito rotundo” e que se conseguiu “achegar o espírito emprendedor á cidadanía de Pontevedra, que despois desta experiencia afiánzase no camiño de converterse en referencia en materia de innovación e capital do emprendemento en Galicia”. Figueroa volveu sinalar que o encontro deste ano deixou fora o 70% das candidaturas presentadas por falta de espazo e recursos e…
Páxina 2 de 2

DOSSIER DE
EMPRENDEDORES

2019


Versión pdf

 


MEMORIA
PONT-UP STORE

2018


Versión pdf

 






Go to top