Para rematar Maio tivemos a oportunidade de presentar o #PontUpStore2017 aos medios á vez que nos reencontrabamos con antigos participantes (e coñecíamos a novos candidatos :)).
O acto comezaba as 10:30h coa presentación do evento aos medios da man de Pedro Figueroa, director do evento, Juan Manuel Corbacho, vicereitor da Universidade de Vigo, Anabel Gulías, do Concello de Pontevedra e Carlos Font da Deputación de Pontevedra..
….e continuaba na rúa onde tivemos a oportunidade de probar as nosas novas (e enormes) letras elaboradas por Inosa, fotografiándonos cos nosos patrocinadores, co Comité Organizador e cos participantes e persoas afíns ao Pont Up Store que se animaron a participar.
Mención especial aquí para os nosos patrocinadores: Universidade de Vigo, Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, ABanca, R, Inosa, Eusumo, AJE, ZFV, Ecobas, Camp Tecnológico, Xunta de Galicia e Igape.
Grazas e mil grazas a todos os emprendedores que vos achegastedes para volver a vernos. Grazas A Castrexa, Travelling Assistent, Dogoplay, Somos Océano, Xeitura, Elefantes de Cacharrería, Innovadhoc,O acto continuou para emprendedores e Comité falando de Marketing Dixital con Alberto Garnil e cun pequeno aperitivo, onde desfrutamos de ver o #MovementoUp reunido.
E grazas tamén ao naso fantástico Comité Organizador, que coma en cada eventualidade do Pont Up Store estivo participando en todo o acto!
Durante a presentación, tamén tivemos a oportunidade de entrevistar aos emprendedores das pasadas edicións, algúns actualmente no comité organizados do Pont-Up Store
Se aínda non os viches, click aquí!
Vémonos pronto!
#xentequeseatreveasoñar
#PontUpStore2017
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!