INICIATIVAS DE APOIO AO EMPRENDEMENTO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A Deputación de Pontevedra, ademais de apoiar ao Pont-Up Store como patrocinador en cada edición do evento, inclúe no seu programa diferentes iniciativas de apoio e asesoramento para persoas que desexan emprender ou xa están emprendendo.
Nesta páxina, recollemos as iniciativas vixentes que cremos que poden ser de interese para vós. Estade atentos e atentas!
Iniciativas actuais
Smartpeme
Unha rede de oficinas situadas nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, onde se presta un servizo de información e asesoramento gratuíto, presencial e personalizado sobre as TIC, as Novas Tecnoloxías e a mellora da competitividade empresarial.
Viveiros para empresas
A Deputación de Pontevedra puxo en marcha en 2016 os viveiros de empresa de Lalín e Barro para dar acollida temporal e asesoramento a persoas emprendedoras e facilitar o desenvolvemento de iniciativas de interese.
TIC EMPRENDES
Proxecto cofinanciado da Deputación de Pontevedra que pretende mellorar a empregabilidade, tanto por conta propia como allea, da mocidade que habite ou vaia habitar nalgún dos concellos rurais da provincia.