Entre os participantes do Pont-Up Store, o rural ten un oco da man de Trigo y Limpio, unha marca de fabricación de fariña artesá de trigo galego. Queredes coñecer quen está detrás deste proxecto? Seguide lendo!
Que é Trigo y Limpio?
É fariña artesá de trigo galego recuperado. Cultivado por nós en Pexegueiro, Tui. Obtemos a auténtica fariña para pan galego e outras delicias, moída en muiño de pedra e de sabor e calidade nutricional superiores.
Na candidatura denominábades a vosa fariña como “slow fariña”, o que nos fixo monta gracia. Que fai diferente ao voso produto?
Somos slow fariña porque somos un proxecto 360o. Recuperamos campos que levaban décadas sen traballar, volvendo a apostar por un rural galego tan castigado polo abandono pero que ten muito e moi rico que ofrecer. Cremos na forma de facer as cousas cunha nova conciencia social, comercial e co entorno natural.
Practicamos a filosofía slow porque cultivamos de forma limpa (sen herbicidas nin pesticidas); respetamos o gran enteiro na moenda (xa que a gran industria acostuma retirar o xerme por outros intereses comerciais e cando sen embargo é a parte mais nutritiva); e ofrecemos un produto artesanal, envasado por nós e de edición limitada.
Que variedades e cantidades de fariña ofrecedes?
Cultivamos a variedade Callobre, a semente recuperada do trigo do país. Un trigo xenuíno, sen modificacións xenéticas por cuestión de produtividade ou rendibilidade. De sabor e resultados orixinais que traslada aos nosos avós á infancia.
Vamos traballando cada ano máis campos para recuperar o cultivo desta variedade pola nosa zona, polo que a colleita de este ano xa ronda os 4.000 kilos. Unha cantidade pequena, pero natural e sen estrés.
Quen está detrás deste proxecto? Como xorde Trigo y Limpio?
Trigo y Limpio xorde polo enfado da nosa avóa coa mala calidade do actual. Como unha barra de pan comercial pode ser moi apetitosa quentiña e acaba sendo unha pedra na mesma noite.
Certo día a nosa avoa tirou unha destas ao chan, enfadada e contándonos cómo era o cereal e o pan cando era pequena.
Isto unido as ganas de facer algo na aldea que nos viu nacer, convencidos de que a revolución do rural estaba por chegar, foron motivos máis que suficientes para pornos mans á obra e á masa.
En que punto se atopa agora o proxecto?
Levamos practicamente un ano vendendo, desde puntos de venta e desde a nosa páxina web. Polo que aínda temos moito que ofrecer: novos produtos, ampliar gama e en continua búsqueda de novos puntos de venta, así como ofrecer receitas e colaboracións.
No campo, seguiremos mellorando. Ao final nacemos co “saber facer da casa” e por exemplo este ano utilizamos un abono orgánico de restos de conchas de mexillón das Rías Baixas. Tamén estamos estudando cómo nutrir de xeito natural o solo, con rotación de cultivos para a súa optimización.
Para rematar, que poderán atopar os visitantes que se acheguen ao voso stand no Pont-Up Store?
Poderán encontrar ademais da nosa fariña, para unha ocasión especial, para regalar a ese amig@ cocinillas, un produto con historia, nacido das gañas de volver ao natural, ao que realmente alimenta, escapando das fariñas refinadas que se consumen a diario.
Porque somos o que comemos, a fariña é base fundamental de moitas comidas e non reparamos na importancia de consumir fariñas de calidade, obtidas da moenda que respecte o gran enteiro.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!