A Asociación  para o Emprendemento e a Innovación: Pont-Up Store é unha entidade que nace en Pontevedra co obxectivo de impulsar e apoiar ao novo emprendemento e a innovación no noroeste peninsular e especialmente en Galicia. Esta entidade ten como orixe o Pont-Up Store: espazo de emprendemento, que dende 2014 constitúese como un punto de referencia do novo emprendemento.

A Asociación, creada a finais de 2021, nace como resposta á demanda por parte das empresas participantes neste evento de constituír unha Asociación que os represente.

Poden pertencer á asociación todas as empresas que participaron ou participen no futuro nas diferentes modalidades do Pont-Up Store e aquelas que sexan seleccionadas nalgunha outra actividade que requira un proceso previo de selección de candidaturas organizada pola Asociación.

A Asociación ten como fin a organización anual do Pont-Up Store así como a realización de actividades para o desenvolvemento dos proxectos das empresas asociadas e outras actividades que axuden a mellorar o panorama emprendedor e a innovación en Galicia. Tamén ten como obxectivo a colaboración con outras entidades do ecosistema de emprendemento e innovación de Galicia buscando a complementariedade e a eficiencia no uso dos recursos públicos e privados.

Obxectivos

Apoio e impulso de novos proxectos de emprendemento e innovación para a xeración de riqueza e emprego no territorio.

Facilitar a implementación das novas tecnoloxías no desenvolvemento de proxectos de emprendemento.

Apoiar e promover a internacionalización de proxectos emprendedores

Mellorar a calidade dos proxectos empresariais  das persoas emprendedoras a través do asesoramento e dunha aprendizaxe activa.

Promover os valores da igualdade, responsabilidade social e defensa do medioambiente para o desenvolvemento de emprendementos e innovacións sustentables

Fomentar proxectos emprendedores especialmente aqueles relacionados coa innovación e a economía social, o desenvolvemento rural, o emprendemento femenino, o emprendemento senior ou o intraemprendemento empresarial, entre outros.

Promover o emprendemento e a innovación en tódolos niveis educativos e a transferencia de coñecemento coas entidades de investigación, centros tecnolóxicos, clústeres e asociacións empresariais.

Fomentar a capitalización da experiencia e do saber facer (know-how) de profesionais senior, especialmente daqueles en situación de xubilación.

Impulsar estudos que proporcionen unha maior información das economía locais e sectoriais que faciliten o coñecemento de novas oportunidades de negocio, así como a toma de decisión nos proxectos de emprendemento e innovación.

Promover a cultura emprendedora na sociedade con novos formatos e espazos, presenciais ou virtuais, de integración entre os proxectos de emprendemento e a sociedade.

Potenciar a cooperación con tódolos axentes do ecosistema do emprendemento e innovación na procura da complementariedade e unha maior eficacia e eficiencia no uso dos recursos públicos e privados.

Que facemos?

  • ORGANIZACIÓN DO PONT-UP STORE: ESPAZO DE EMPRENDEMENTO

  • ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES E EVENTOS DE EMPRENDEMENTO E INNOVACIÓN ARREDOR DOS DIFERENTES SECTORES EMPRESARIAIS

  • PROMOCIÓN DA COOPERACIÓN PARA INCENTIVAR O DESENVOLVEMENTO DE NOVOS NEGOCIOS

  • ESTUDOS E INFORMES DE INTERESE PARA A TOMA DE DECISIÓNS DOS EMPRENDEMENTOS GALEGOS

  • …. E MOITO MÁIS QUE ESTÁ POR VIR

QUEN SOMOS

A Asociación  para o Emprendemento e a Innovación: Pont-Up Store foi constituída a finais do ano 2021 polas persoas que integraban  o Comité Organizador do Pont-Up Store como socios fundadores e que actualmente forman a Xunta Directiva desta nova organización. Todos eles relacionados coa Universidade de Vigo ou ben son emprendedores e emprendedoras participantes nalgunha das edicións do Pont-Up Store.

Na actualidade a Asociación atópase en pleno proceso de captación de socios e socias e a sinatura de convenios con institucións e empresas privadas que permitan desenvolver os seus obxectivos e proporcionar aos seus asociados vantaxes en diferentes eidos do seu interese.