Dende a Organización do Pont Up Store 2023 congratúlanos comunicarnos a distribución dos stands seleccionados para este ano.
Expresar unha vez máis o noso agradecemento a todos os proxectos emprendedores que presentaron a súa candidatura pola gran acollida que tivo esta séptima edición, así como pola gran calidade dos seus proxectos.
MODALIDADE STAND
1 |
Rural o UrbanoEspazo Gourmet & Lifestyle, no que se fusiona tradición, a través do bo produto gastronómico local da provincia de Lugo, e vangarda a través de elementos e accións distintas e orixinais. https://ruralourbano.com/ |
2 |
Green Impact SoulServizo de acompañamento para organizadores de eventos deportivos ao aire libre, co fin de fomentar unha certificación de responsabilidade coa contorna e a consolidación duns hábitos relacionados coa economía circular |
3 |
Ana FreiríaXoiaría artesana inspirada na natureza e a cultura feita con metais reciclados, como o cobre e o latón, rescatados do sector naval para darlles unha nova vida chea de vida e fermosura. |
4 |
AOW SurfskateMarca de surfskates artesanais, creadas por surfers para surfers en Galicia. Deseños exclusivos, elaborados en abedul e fiberglass. |
5 |
5 SpecialMarca galega de roupa e pezas de vehículos onde os viaxes, as motos e o surf son a base da inspiración. |
6 |
OUTRO CONTO S.P.J.Menús saudables, veganos e con materia prima de calidade e proximidade a domicilio. |
7 |
Donde viven los cuentos, Soc. Coop. Gal.Espazo infantil para nenos de 0 a 9 anos con actividades para toda a familia: eventos, obradoiros, campamentos, excursións, etc. |
8 |
ECO SIOLAZ S.L.Marca de cosmética natural galega que naceu para satisfacer a necesidade das mulleres de hoxe de cuidar a súa pel pero que dispoñen de pouco tempo para aplicar rutinas de coidado da pel. https://siolaz.com/ |
9 |
Vic Art Taller Creativo Soc Coop GalegaElaboración artesanal de produtos en madeira, papelería Creativa para todo tipo de eventos, estampado de productos, regalos personalizados… |
10 |
Tombo bagsDeseño e confección de bolsos e complementos a partires de velas de barco reutilizadas. |
11 |
Aventura PlásticaProxecto con dúas liñas de traballo: Educación Medioambiental especializada en residuos plásticos e producción e venda de obxectos feitos con plástico que eles mesmos reciclan de xeito artesán. https://aventuraplastica.com/ |
12 |
Bela FurtivaMobiliario e accesorios que cose historias moi enraizadas na cultura galega con vivencias persoais de alcance universal. |
13 |
Miraki HomeVelas veganas feitas á man, decoración do fogar sostible e productos de aromaterapia. |
14 |
Sarai Lorenzo IlustraciónEmprendemento de ilustración que busca por o foco sobre a riqueza e potencial de Galicia como base de creación. Ilustración cinematográficas ou inspiradas na nosa propia mitoloxía. http://www.raisaloren.com/ |
15 |
InsonoConsultoría adicada a por en marcha proxectos emprendedores a través dun servizo integral a empresas e autónomos para promover a creación, o desenvolvemento e a transformación dos seus negocios. http://www.insono.es/ |
16 |
Cousiñas Escuela de CocinaEscola de cociña orientada á ensinanza de diferentes materias da gastronomía para todos os públicos. |
17 |
BarvantiaEmpresa que organiza o camiño de Santiago para autocaravanas, furgonetas camper e todo tipo de vehiculo vivenda. |
18 |
PerusiñasMarca de doces artesáns gourmet elaborados en Galicia. |
19 |
Na UtopíaPlataforma de obradoiros online integramente en galego. |
20 |
LandratechProxecto que pon en valor o aproveitamento das landras para consumo humano a través de productos como fariñas de landra, café de landra (infusión) e té de landra. |
21 |
Julia VilariñoTaller de sombrerería artesanal. https://xn--juliavilario-khb.com/ |
22 |
FuocoairNovo concepto de aire acondicionado que permite quentar, ventilar e deshumidificar toda a casa de forma simultánea mediante unha sinxela estufa de biomasa. |
23 |
La cuerda FlojaAxencia de Marketing, Comunicación e Publicidade. http://www.lacuerdafloja.es/ |
24 |
LuxsitEspectáculos de luces personalizados con enxames de drons sostibles como alternativa aos fogos de artificio. |
25 |
BlaurtopíasProxecto persoal adicado ó deseño e á artesanía contemporánea, que se formaliza a través da ilustración, a serigrafía e a fabricación de pezas cerámicas. |
26 |
SisubvencionesServicio de asesoramiento e xestión integral de subvencións que ofrece unha visión global das axudas ás que se pode acceder optimizando os recursos públicos. |
27 |
Naboo Solutions SLAplicación que conecta a hosteleiros e distribuidores para facer a súa vida máis doada e facilitar a realización e entrega de pedidos. |
28 |
Plántate |
29 |
AlloaEmpresa de cosmética natural que loita contra o despoboamento a través da creación de coleccións nas que se utiliza a flora autóctona para así pola en valor. |
30 |
FaíscaTenda online de xoiería artesanal realizada en arcilla polimérica, con unións de ouro de 14k hipoalerxénicas. |
31 |
Brétema StudioEstudio de deseño creativo que valora que cada marca desperte sensacións e comunique valores con emoción, estratexia e autenticidade mediante o branding e a fotografía. |
32 |
Néboa na RíaProdutos en madeira utilitarios e decorativos para un estilo de vida sixelo e pausado deseñados cunha filosofía baseada no disfrute das experiencias diarias con deseños simples, fermosos e funcionais. https://neboa.es/ |
PONT-UP EXPRÉS
5special |
Marca galega de roupa e pezas de vehículos onde os viaxes, as motos e o surf son a base da inspiración. https://5special.com/es |
Donde viven los cuentos, Soc. Coop. Gal. |
Espazo infantil para nenos de 0 a 9 anos con actividades para toda a familia: eventos, obradoiros, campamentos, excursións, etc. http://www.dondevivenloscuentos.es/ |
Landratech |
Proxecto que pon en valor o aproveitamento das landras para consumo humano a través de productos como fariñas de landra, café de landra (infusión) e té de landra. https://www.landratech.com/ |
Lareira Digital S.L. |
Empresa de desenvolvemento de software focalizada en software aberto e libre asi como noutras areas de desenvolvemento coma hardware, IoT, videoxogos, etc. https://lareira.digital/ |
luxsit |
Proxecto adicado á realización de espectáculos de luces con enxames de drons personalizados e sostibles como alternativa aos fogos de artificio. http://luxsit.es/ |
Néboa na ría |
Produtos en madeira utilitarios e decorativos para un estilo de vida sixelo e pausado deseñados cunha filosofía baseada no disfrute das experiencias diarias. https://neboa.es/ |
Tombo bags |
Deseña e confecciona bolsos e complementos a partires de velas de barco reutilizadas. https://tombobags.com/ |
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!