Toma&gofoi un dos proxectos mais interesantes de #PontUpStore2015. Os seus promotores descríbeno como un servizo de mensaxería colaborativa entre usuarios que conecta a personas que queren enviar algo con viaxeiros.
Somos o Blablacar dos paquetes! Todos os que teñan un oco poden levar un paquete (anano, mediano, grande, especial, etc.) a outro usuario sexa cal for o medio de transporte (coche, tren, avión, etc.) podendo pactar unha serie de condicións do envío como o lugar de recollida e entrega ou a recompensa ao viaxeiro. Os viaxeiros aforran combustible e os que envían teñen un servizo as 24 horas do día, cunprazo de entrega reducido e un custo por baixo dos medios tradicionais. ADIOS AOS COCHES E MALETAS BALEIRAS.
Toma&go nace en Vigo a finais do 2014 e ten como obxectivo conseguir unha mobilidade máis sustentable e eficiente a través do uso de novas tecnoloxías centradas no consumo colaborativo.
A nosa misión é que todos os envíos sexan alucinantes, baratos, flexibles, ecolóxicos e sobre todo adaptados ao cliente. Toma&go simplifica os medios actuais de envíos coa colaboración de todos os usuarios creando unha rede de envíos colaborativos a través da transparencia e confianza de todos os nosos usuarios (validados con perfís valorables).
Por que decidistes participar en Pont-Up Store? Cumpríronse as vosas expectativas?
Cando nos inscribimos no Pont-up Store pensamos que sería unha boa oportunidade para darnos a coñecer en Pontevedra, saber que opinión tiñan os visitantes sobre o consumo colaborativo e o crowdshipping, coñecer empresas doutros sectores nunha situación parecida á nosa e sobre todo pasar un bo intre.
Está claro que o Pont-up Store cumpriu todas as expectativas. Para nós o mellor foi a boa acollida e a opinión da xente que nos axudou a orientar, máis se cabe, Toma&go ao usuario.
Cal é a situación da vosa empresa a día de hoxe?
Nos últimos meses demos un salto co lanzamento da nosa nova web moito máis útil para os nosos viaxeiros. Estamos presentes por agora na península e durante os próximos meses imos traballar para chegar a novos usuarios españois sen descartar máis adiante dar o salto ao resto de Europa. Ademais xeraremos máis valor ás viaxes realizadas polos nosos máis de 16000 usuarios con melloras de funcionalidade e a implantación de novos recursos que vos iremos comentando.
Queremos chegar a ser unha empresa referente a nivel nacional de envíos colaborativos e así converternos nunha alternativa real ás mensaxerías tradicionais moito máis barata, flexible, cun servizo de 24h e onde se reduzan as emisións á atmosfera.
Que mensaxelles deixarías aos participantes da próxima edición?
É incrible o que se pode aprender en 2 días, aproveita a oportunidade que che dá o Pont-up Store!
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!