Pont-Up Store
  • A ASOCIACIÓN
    • QUE É
    • XUNTA DIRECTIVA
    • LISTA DE ASOCIADOS
    • CONVENIOS
    • PREMIOS
  • PONT-UP STORE
    • PARTICIPA
    • QUE É
    • PATROCINADORES E COLABORADORES
    • VIDEOS
    • FOTOS
    • EDICIÓNS ANTERIORES
      • Pont-Up Store 2014
      • Pont-Up Store 2015
      • Pont-Up Store 2016
      • Pont-Up Store 2017
      • Pont-Up Store 2018
      • Pont-up store 2019
      • Pont-Up Store 2020-2021
      • Pont-Up Store 2022
      • Pont-Up Store 2023
      • Pont-Up Store 2024
    • INFO E DESCARGAS
  • BLOG
  • PROGRAMA
  • GL
    • ES
  • Menu Menu
Emprendedores

#MovementoUp: Anaquiños de Papel

anaquinos-papel

Bea e Cristina, de Anaquiños de Papel, contestaron a unhas preguntiñas para profundizar un pouco máis no seu proxecto e en todo o que o fai tan especial. Queredes coñecelas?

En primeiro lugar, como definiriades Anaquiños de Papel?

Anaquiños de Papel é un estudio de creatividade e deseño en papel. O noso obxetivo e er máis alá de dobrar un anaco de papel, darlle un toque único, personalizado e funcional, capaz de sorprender ou transformar un espazo cos nosos deseños.
É difícil facerse unha idea do que facemos só con palabras, así que sempre recomendamos entrar nas nosas redes sociais, blog… para entender mellor todo o que podemos chegar a crear a partir de anacos de papel, ideas e imaxinación.

Como xorde o proxecto?

Anaquiños xorde a partir dun blog creado por Bea, arquitecta, onde ela plasmaba as suas ideas e deseños buscando darlle unha nova visión e aplicacións a papiroflexia e traballo en papel. Logo, Cristina (avogada) empeza a facer flores e tarxetas pop up e pouco a pouco Anaquiños comeza a crecer en repercusión, encargos, traballos, publicacións (revistas como Vogue, AD, Telva, Huffington Post,… fan reseñas dos nosos traballos). Actualmente atopar traballo do que estudiamos está moi difícil, así que toca reinventarse, as dúas nos encanta o que facemos e creemos que temos que dar unha oportunidade a Anaquiños de Papel porque o que comenzou como un hobbi estase empezando a consolidar como un futuro laboral.

Que poderiades contarnos dos vosos produtos? Que é o que os fai únicos? Cal é o voso favorito/produto máis especial?

Todos os nosos deseños e productos xorden dunha idea inicial, deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade, buscamos os materiais máis axeitados e os elabramos a mán un a un para chegar o resultado final. Ninguna peza é exactamente igual que outra e moitas delas son presonalizadas ou pensadas para un evento ou momento único. Non só e un proceso artesanal de fabricación e traballo do papel, e moito máis. Son ideas, deseño, aprencizaxe, personalización…o que da como resultado as nosas creacións.

AS PARTICULARIDADES DOS PRODUTOS DE ANAQUIÑOS DE PAPEL

Temos cariño a moitos dos nosos produtos, todos significan algo para nós e moitos deles comezan a partir dunha idea dos nosos clientes.
As flores, ramos de noiva, decoracións para espazos-eventos…son os que actualmente máis demanda temos e facemos dende os comezos (e notamos tamén moita evolución) por outro lado estamos moi orgullosas da nosa primeira colección de lámparas “Luces del Norte” deseñada por nós e que se inspira nos tipos de luz de Galicia.

Os dúas opinamos que o mellor momento é cando entregamos un traballo e vemos a cara de satisfacción da gente que confiou en nós, cando nos escriben e din que lles encanta o noso traballo,… que valoren o que facemos é moi importante.

Anaquiños de papel é a historia de emprendimiento de dúas irmás. Que nos poderiades contar do proceso de emprender en familia? Cal consideras que é a mellor e a a peor parte do proceso de emprender e comezar coa difusión de novos produtos?

Anaquinos-papel-2
A día de hoxe emprender non é nada fácil. Moitos medos, inseguridades, poucas axudas…pero no noso caso, facelo en familia implicou un empuxe importante polas aportacións e coñecementos de cada unha. Somos moi distintas e cada unha ten moito que aportar a outra e eso axuda a Anaquiños. Está claro que hai momentos mellores e peores, pero ter a alguén que te axude e entende o que fas sempre aporta. Ademáis a nosa familia sempre nos apoiou en todo e ese respaldo tamén é de agradecer.

A difusión dun novo produto implica moito traballo previo. Fai un tempo quizáis nos lanzábamos máis á aventura ou non tiñamos en conta moitos aspectos (cosas que fomos aprendendo co tempo), agora buscamos afrontalo dende varias perspectivas (proceso creación, marketing-difusión, parte comercial, rentabilidad e economía…) para tratar de asegurar que o traballo que queremos levar a cabo ten o resultado que buscamos.

Anaquiños segue crecendo, nós seguimos aprendendo en cada paso e sabemos que hai que moverse moito e evolucionar para poder traballar do que nos gusta.

O voso proxecto nace dun blog. Que poderiades contarnos do proceso de vender online?

O blog foi o comezo para dar a coñecer a nosa marca e é a día de hoxe o noso escaparate xunto coas redes sociais. Non dispoñemos de tenda física así que usamos estes medios para que a xente poda coñocer o noso traballo e é maneira principal pola que contactan con nós. Outra plataforma que empregamos é etsy e PretAPop. Os nosos produtos viaxan os seus destinos a toda España e, nalgún caso, o extranxeiro.

A VENTA ONLINE

Vender online implica un contato cos clientes a través de mails e redes para contarlles e ensinarlles o proceso de elaboración e resultado final. Gústanos que a xente participe, dentro do posible, da elaboración do seu encargo. Outra cousa a ter en conta da venda online e que, ademáis de facer e rematar os produtos, hai que pensar no seu envío, a mellor maneira de prepalalos e contar co tempo para que o cliente o reciba, algo que moitas veces o cliente pasa por alto e é parte do proceso e non se pode esquecer.

Utilizades as redes sociais? De ser así, que aportan ao proxecto?

As redes sociais, xunto co blog e páxina web, son o noso escaparate e a nosa forma de contacto cos nosos clientes. Son a nosa maneira de explicar visualmente todo o que podemos facer con exeplos e traballos de encargos reais. Os nosos produtos están dirixidos a un público moi amplo que non se limita a área local, senón que calquera (España ou fora) pode contactar con nós e encargar Anaquiños para o que precise e estes medios permíntennos chegar a toda esa xente.

Anaquinos-papel-traballo

Como coñestedes o Pont Up Store? Cales foron as razóns que vos levaron a presentar unha candidatura ao evento?

Coñecemos a Pont Up Store a partir doutros compañeiros e amigos que participaron en otras edicións, e todos nos dicían o mesmo: tedes que participar! Gustounos a idea porque ademáis de ser unha moi boa oportunidade para que a xente os coñeza máis (tamén pola zona de Pontevedra), eles nos insistiron na boa organización, no bo ambiente entre compañeiros e a xente que coñeces, a repercusión que hai do evento…así que tratamos de cadrar datas para este ano non perdernos a oprtunidade de vivilo!

Que esperades obter do evento?

Vivir a experiencia do Pont Up, un evento que, polo que nos contan, consegue vincular e movilizar a xente participante da edición ca xente da cidade de Pontevedra e eso encántanos. Tamén valoramos o poder coñecer ao resto de participantes (como plataforma de networking que se xenera neste tipo de eventos) e darnos a coñecer ao resto de compañeiros e empresas vinculadas para poder crear colaboracións ou sinerxias.

Xa para terminar. Que consello lles darías a todos eses novos emprendedores que coma vos están comezando o proceso ou se están decidindo a emprender?

Para nós toda esta aventura comezou coma un hobbi. Paso a paso foi crecendo pero facíamos e aprendíamos as cousas a trompicones según chegaban. Agora temos unha base, fixemos cursos sobre emprendemento, participamos no Youth Business (gracias a Fundación Ronsel da Coruña) e tivemos e temos a axuda dunha mentora que nos axuda en moitas dúbidas deste proceso… E agora dámonos conta que empezamos a casa polo tellado. Ter unha base é importante, emprender non só e ter unha boa idea, empreder e ter en conta moitos máis aspectos que axudan a enteder ou comprender se a túa idea inicial ou negocio é viable: parte económica, xestión do tempo, organización, imaxe, contacto e trato con clientes… moitos aspectos que son necesarios neste proceso que é “emprender”.

Sexa como sexa o camiño, sempre hai que aprender de todo e todos os que se cruzan en eel, estar ao día, moverse e tratar sempre de superarse tanto nos malos como nos bos momentos.

Se queredes saber máis 

Facebook de Anaquiños de Papel

Instagram de Anaquiños de Papel

Web de Anaquiños de Papel

Blog de Anaquiños de Papel

Atentos ás redes sociais! Nos próximos días máis novidades!

23 Agosto 2017/0 Comments/by anabel
Tags: Emprendemento, pontupstore2018
Share this entry
  • Share on Facebook
  • Share on Twitter
  • Share on WhatsApp
  • Share on LinkedIn
  • Share by Mail
https://pontupstore.com/wp-content/uploads/2017/08/anaquinospapel.jpg 506 900 anabel https://pontupstore.com/wp-content/uploads/2024/05/logo_asociacion_pontupstore_vertical_negrox156.png anabel2017-08-23 16:46:312020-06-10 18:00:14#MovementoUp: Anaquiños de Papel
You might also like
moda-bebe-cocolobo #MovementoUp: Coco & Lobo
Xtonebox-altavoces Xtonebox no Pont-Up Store 2018
#MovementoUp: Funámbulos
Emprender En Feminino Emprender desde o feminismo
Andrea-Area-logo Andrea Area no #PontUpStore2018
bichoh-collares-perro BichOh no Pont-Up Store 2018
Perifericas-carmen Emprendemento feminino e feminista dende Galicia: que é iso de PeriFéricas?
TeAgarimo-Terraza TeAgarimo no #PontUpStore2018
0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Categories

  • Comité Organizador
  • Emprendedores
  • Formación
  • Novidades
  • Pont-Up
  • Prensa
  • Uncategorized @gl

Recent Posts

  • Emprendementos Seleccionados Pont-Up Store 2025
  • Mivpn no Pont-Up Store 2025
  • Cultivo Gallego no Pont-Up Store 2025
  • Chorima no Pont-Up Store 2025
  • Hana NoBoshi no Pont-Up Store 2025

Contacto           Política de privacidad          Aviso legal

Participantes do Pont-Up Store 2017 participantes-2017 moda-bebe-cocolobo #MovementoUp: Coco & Lobo
Scroll to top
Gestionar consentimiento
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Always active
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}
Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestra web. Si sigues utilizando este sitio asumiremos que estás de acuerdo.